Zusammenfassung der Ressource
Figuras literarias
- Alteración
- Reiteración de sons semellantes (consonánticos ou vocálicos)
dentro dun mesmo verso ou estrofa
- Polisíndeto
- Acumulación de nexos (conxuncións) nun mesmo
verso ou estrofa con valor expresivo
- Paronomasia
- Colocación próxima de dúas palabras fonicamente
semellantes (parónimos).
- Fonosimbolismo
- Evocación de sensacións non auditivas a través da expresividade dos
fonemas. Pode ser visual, táctil, etc.
- Anáfora
- Repetición dunha ou máis palabras
ao principio de versos sucesivos.
- Derivación
- Repetición dun lexema cunha variación
gramatical que afecta ao morfemas derivativos
- Asíndeto
- Supresión de nexos sintácticos (normalmente
conxuncións) que adoitan dar a impresión de rapidez
ou viveza. Resulta especialmente expresiva nas
enumeracións
- Hipérbato
- Alteración da orde lóxica que teñen as palabras
nunha frase ou oración.
- Paralelismo
- Estruturación de varios conxuntos seguindo o mesmo esquema gramatical, de
xeito que os elementos equivalentes coincidan nos mesmo lugares das súas
secuencias respectivas.
- Elípse
- Omisión dunha ou máis palabras que se
sobreentenden
- Animalización
- Atribución de características propias de animais
a, principalmente, persoas.
- Antítese
- Contraposición de dúas palabras ou frases con
significado oposto pero que non afecta á súa
coherencia.
- Apóstrofe
- Apelación apaixonada dirixida a un ser animado,
inanimado, real ou imaxinario.
- Enumeración
- Relación de
elementos que
integran un
conxunto de
obxectos, calidades
ou accións.
- Epíteto
- Adxectivo cualificativo que
destaca unha calidade
contida implicitamente no
significado do substantivo
ao que acompaña.
Normalmente vai anteposto
mais non sempre.
- Hipérbole
- Esaxeración
que deforma
a realidade
máis alá do
verosímil
- Interrogación retórica
- Pregunta que non agarda resposta pois só procura intensificar aquilo que expresa.
- Paradoxo
- Unión de ideas aparentemente opostas ou irreconciliables. Con frecuencia asócianse ideas opostas tomando
forma de oxímoro (vid.)
- Personificación
- Consiste en atribuír calidade de seres animados a seres inanimados, ou calidades propiamente humanas a seres non
humanos.
- Símbolo
- Representación dun elemento intelectual por outro material. Está moi próximo á metáfora pero neste caso termo real é un concepto abstracto que é substituído por
un elemento concreto, polo que a relación entre ambos non pode ser, coma no caso daquela, de semellanza, senón de orixe psicolóxica ou convencional.
- Metonimia
- Tropo que consiste na substitución dunha palabra por outra entre as que se establece unha relación de contigüidade
(causa-efecto, continente-contido...).
- Metáfora
- Tropo que consiste na substitución dun termo real (R) por outro imaxinario (I) con cal se establece unha relación de semellanza.
Entendida como unha forma implícita de comparación, respondería ao esquema básico A é (como) B, onde A refire o termo real e B,
o termo evocado.
- Comparación
- É un tropo que consiste en relacionar dous elementos en virtude dunha analoxía entre eles. Normalmente a relación
exprésase mediante o nexo como/coma ou locucións comparativas.
- Sinestesia
- Asociación de elementos que proveñen de distintos dominios sensoriais, normalmente emprégase para
dotar de calidades sensoriais a un substantivo que obxectivamente non pode posuílas.