Carlos III, Depotismo ilustrado / Modelo absolutista dos borbóns

Descripción

2º de Bachillerato Historia de España Apunte sobre Carlos III, Depotismo ilustrado / Modelo absolutista dos borbóns, creado por Pablo Artos Leiro el 25/10/2017.
Pablo Artos Leiro
Apunte por Pablo Artos Leiro, actualizado hace más de 1 año
Pablo Artos Leiro
Creado por Pablo Artos Leiro hace más de 6 años
5
0

Resumen del Recurso

Página 1

ILUSTRACIÓN EN ESPAÑA:    Pretende a modernización da economía así como a reforma da sociedade, sen alterar as estruturas políticas e sociais  do Antigo Réxime (absolutismo e sociedade estamental). Para elo partian da confianza na razón, as ideas de progreso e de felicidade e o entusiasmo pola naturaleza ou o afán de coñecemento para mellorar as condicións de vida da poboación. A Ilustración española foi moderada, elitista e limitada pola ideoloxía católica. DEPOTISMO ILUSTRADO:    A maioría  dos ilustrados españois non defenderon cambios revolucionarios (liberalismo). O seu escaso número e debilidade ante os estamentos privilexiados fíxolles confiar no poder monárquico como o instrumento para cambiar leis, avanzar nas reformas e modernizar o país.

POLÍTICA INTERIOR:    Carlos III era partidario de seguir algunas ideas de progreso e racionalización. O monarca xa reinara en Nápoles onde entrara en contacto coas ideas ilustradas. En España intentou aplicar un programa de reformas coa axuda dunha serie de colaboradores, que eran os responsables dos esforzos reformistas. Algúns eran : Campomanes, o conde de Floridablanca, o conde de Aranda, Jovellanos, Cabarrús... . Pretendían a modernización e racionalización do Estado. O rei para isto tivo que facer una forte oposición que deu baixos rendementos e acabaría derivando en revoltas e motíns populares contra a súa acción de goberno. O máis destacado é o motín de Esquilache.

OBRA REFORMISTA:    -Reforma cultural: Modernizou e  embeleceu Madrid. Protexeu as artes e as ciencias. Reforma do ensino.    -Reforma social: Tómanse medidas legais para abolir algúns privilexios propios da sociedade do Antiguo Réxime. En 1783 declara de honestas todas as profesións.    -Reforma relixiosa (Política regalista): No concordato de 1753 a igrexa recoñecía o patronato rexio, en forma de concesión, pero non de dereito pleno da monarquía. Este permitía ao rei influir no nomeamento dos cargos eclesiásticos . Carlos III  tamén reclamou o control da inquisición  e da fundación de mosteiros. En 1767 ordeou a expulsión dos xesuítas.    -Reforma militar: Reorganización do exércitos para a modernización sobre todo da armada (fomento da construción de novos estaleiros e arsenais: Ferrol, Cádiz, Cartaxena). Dotou  a España de símbolos nacionais: himno, bandeira, etc… .    -Reforma económica: Melloras na agricultura. Incorporou  señoríos á Coroa e limitou o poder da Meseta.Construción de obras públicas, extensión do regadio, rede de pósitos. Impulsou  os transportes  e as comunicaciones interiores (rede radial). Colonización de territorios despoblados (Serra Morena), extensión do regadio (Canal Imperial de Aragón, Xucar, etc…). Impulso do comercio colonial  (fomento das  compañias privadas e liberalización do comercio con América). Cádiz perdeu o monopolio para comerciar con América. Liberalización da circulación de mercadorías no interior: liberalización do prezo de grans (1765). Liberalización da industria (manufacturas reais) orientada a produción de produtos de luxo. Establecemento dun arancel proteccionista (1782) para protexer a industria nacional. Reformas da facenda: limitar o gasto público e tratar de fomentar a produción. Creación del Banco de San Carlos (1782) Fomento das Sociedades Económicas de Amigos do País.        

Página 2

ABSOLUTISMO MONÁRQUICO:    O poder do rei resultaba practicamente ilimitado, xa que era fonte de lei, autoridade máxima de goberno e cabeza de xustiza. Na coroa de Aragón, en Navarra e País Vasco conserváranse as Cortes e un certo grao de soberanía respecto do poder central. Os Borbóns impuxeron o modelode absolutismo monárquico implantado en Francia con Luís XIV.    

DECRETOS DE NOVA PLANTA:    O obxectivo era unificar e reorganizar. Prodúcese enton a perda da soberanía dos territorios da Coroa de Aragón, que pasou a ser integrada por un modelo de uniformización e centralista. Apareceron entonces os decretos de nova planta, impostos como represalia de Felipe V contra  os reinos de Valencia (1707), Aragón (1711), Mallorca (1715) e Cataluña (1716). Isto supón a supresión dos foros e institucións  destes reinos e a imposición das leis, cargos e institucións  de Castela.  A imposición da lingua castelá como lingua de uso na administración. Os territorios vascos e navarro conservaron os seus foros.

ORGANIZACIÓN CENTRALIZADA E UNIFORME DO TERRITORIO:    Por enriba de calquera institución situábase o poder do monarca e este era auxiliado polas: -Secretarías de Estado (Guerra, Mariña, Indias, Estado, Xustiza, Facenda) que serán a orixe dos ministerios. Os consellos (agás o de Castela) perden importancia. Cortes únicas con escaso poder. Na xustiza as Chancillerias e Audiencias eran máis centralizadas. -Capitanias xenerais: Elimináronse os antigos vicerreinados e creáronse demarcacións provinciais. Á fronte de cada una existía un capitán xeral con atribucións militares e administrativas. -Intendentes: Encargábanse da administración económica e financieira, obras públicas, sanidade e xusticia municipal. É dicir, recadación de impostos e dinamización económica do país. Estes dependían directamente do rei. -Alcaldes e correxidores: Control das principais cidades.    O rei controla a fecendas municipais e creanse cargos elixidos polos veciños (Procurador Síndico Personeiro, Diputado do Común e alcaldes de barrio). É novidade a introdución dun novo sistema impositivo (catastro)

REORGANIZACIÓN DA FACENDA:    Empezou a haber un maior ontrol dos gastos e os Borbóns decatáronse de que se os habitantes non pagaran en relación ca súa riqueza o saneamento económico era imposible. Por iso estableceuse una cota fixa, que se repartía proporcionalmente entre os seus habitantes segundo a súa riqueza. Instaouse en Cataluña e foi un éxito, pero cando nos anos seguintes intentouse espallar a toda España (Catastro de Ensenada 1750-1753) encontrábanse coa resistencia dos privilexiados  impidiu a súa aplicación.

Mostrar resumen completo Ocultar resumen completo

Similar

Consecuencias de la guerra civil
ignaciobll
La crisis del antiguo régimen (RESUMEN)
Marina García Chip
Test de la conquista del reino Nazarí y la incorporación del reino de Navarra
maya velasquez
Bloque 1 La Prehistoria y la Edad Antigua
Celia -
Historia del Siglo XIX: El Movimiento Obrero
María Salinas
La prehistoria
Remei Gomez Gracia
Test Primera Guerra Mundial
juanmadj
Esquema de los Reyes Católicos♚♛
maya velasquez
Los Reyes Católicos Fechas Clave
maya velasquez
Resumen sobre Los Reyes Católicos
maya velasquez