Xela Arias

Susana Fidalgo Magallanes
Curso por Susana Fidalgo Magallanes, actualizado hace más de 1 año Colaboradores

Descripción

Letras galegas. autora Xela Arias

Información de los módulos

Sin etiquetas
Sin etiquetas

Contexto

Naceu en Sarria, Lugo en 1962 co nome de María de los Ángeles.
Mostrar menos
Sin etiquetas

Contexto

Morreu o  1 de novembro de 2003 en Vigo , no hospital Meixoeiro de Vigo.
Mostrar menos
Sin etiquetas
Naceu co nome de María dos Ángeles debido a que naquela época o galego estaba prohibido pola dictadura Franquista. Filla de Amparo Castaño López e Valentín Arias López, tamén escritor e tradutor. En 1984 María dos Ángeles converteuse en María dos Anxos e dende os seis anos chamárona Xela.
Mostrar menos
Sin etiquetas

Contexto

Finalmente, en 1995 o xuíz Alejandro Roa Nonide autorizou o cambio de nome a Xela. Ata os sete anos estudou na Granxa de Barreiros, dentro dun proxecto pedagóxico creado polo filántropo e empresario Antonio Fernández López cunha orientación agraria e integración da cultura galega cos ciclos da natureza.
Mostrar menos
Sin etiquetas

Contexto

Transladouse coa sua familia a Vigo e ingresou no instituto Castelao ubicado no barrio  do Calvario. Deixou os seus  estudos cando cursaba COU,para comezar a traballar en Edicións Xerais de Galicia.
Mostrar menos
Sin etiquetas
En 1991 retomou os estudios cursando Filoloxia Hispanica na Universidade de Vigo,licenciandose en 1996  pola universidade de Santiago de Compostela e iniciando a especialidade  en galego-portugues. https://lh4.googleusercontent.com/BcyMEcVDqMR8GzoyWiIXRXLfApaaatibN2PhJvRWh2QIjHlthu8hEsjL9UEf6nKIdCm9AHqSYDJ6bNk2vbYE_y0c5C0gadkBQd35oHX9 https://lh3.googleusercontent.com/CqQlcgnr0gUHmK5tFasM06Zi8GcM_3wX1D59cViXwvMC30IAgX9IsWftfq-yQnyoHKVjlzP-nyF-WNPSjSTnxbdaxH6AnNKNP-jxSi4Y
Mostrar menos
Sin etiquetas

Contexto

Darío a diario Editado marabillosamente por Xerais en 1996, é unha colección de poemas nos que  Xela Arias vai anotando a súa experiencia da maternidade. Como sinalou o director de Xerais, Manuel Bragado, " desmitifica a cuestión da maternidade" e nel,  Xela, "aparece máis espida que cando se fotografou espida para Tigres como Cabalos". Darío a diario é un libro áxil, de poemas curtos, moi breve, sincero, dunha naturalidade e espontaneidade incribles.
Mostrar menos
Sin etiquetas

Contexto

Tigres coma cabalos   Esta obra conmocionou a sociedade literaria galega pois se trataba dun traballo no que os poemas ían acompañados de fotografías de Xulio Gil nas que se mostraba á propia autora espida.  Xela Arias, xunto a outros poetas galegos nados no primeiros sesenta, foi  rupturista coa anterior poesía galega. Algunha vez chamóuselles "os francotiradores".   Son dun tempo de espectáculos,lanternas e acebeches comigoTamén sei dunha violencia de silencio en serpe oculta de maligno que maldigo.    Na raia da evidencia-tan ás claraseu tributo,distraída dos pans, cada pedazo entre o noxo das brasas, no molestar do cotián ese odioso caníbal dos meus ollos.    Porque Sei de sereas verdadeiras tamén cantando venenos, e máis das inmensas prosas do descanso. Pero é que as miñas zonas Tamén son rostros conxestionados polo traballo. Maldigo o precio da vida que arrastran, e fusilo de min a disciplina da ordenanza.
Mostrar menos
Sin etiquetas

Contexto

Intemperie “Intempériome”, o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte. En palabras da poeta Iolanda Zúñiga, que se dirixe a Xela Arias no limiar do libro, «Íspeste para asimilar, sen estorbos, o alento do suburbial».
Mostrar menos
Sin etiquetas

Contexto

Poesía Reunida Xela Arias, obra na que manifestou en numerosas ocasións un sentimento de soidade xeracional, reivindicou a condición de muller escritora e reaccionou con contundencia contra o carácter invisibilizador das etiquetas. Para ela, a poesía era «un trato coa búsqueda da vida poderosamente iluminada».
Mostrar menos
Sin etiquetas

Contexto

Denuncia Do Equilibrio Publicado en 1986 a contracorrente da poesía galega daquel momento, é un libro rabiosamente contemporáneo. Cuestiona a orde establecida, afonda con inquedanza na voz interior dunha poeta orixinal e libre e transmite, desde a propia sintaxe, o desacougo da vida cotiá, das emocións e do amor.     LUZ NO DELIRIO dos sentidos! e  te preciso cando te agardo non vés nunca e a súplica que molla desfai un labio e outro labio que espira nun silencio   compártome sei que no lonxe das parábolas das frases cortadas e os puntos a parte son só medos escorrentados polo teu corpo soberano dunha idea poderosa que tal vez suceda e eu non saiba quen es ti cando te agardo   unhas mimosas podres auscultadas da xanela ó xardín hai tantos ruídos nesta rúa... non tinga-lo cutis pero ven, como te agardo.
Mostrar menos
Sin etiquetas

Elemento multimedia

Contexto

De certo, a vida ía en serio Escribe Xela Arias neste libro de forza incontestable, titulado como un dos seus versos máis rotundos, De certo, a vida ía en serio. Non se trata unicamente dunha escolma ou dunha biografía. Estamos ante unha mirada transversal que reconstrúe a complexidade da escritora a través das súas propias palabras, pero tamén unha esixente selección de poemas, intensos e demoledores, visionarios e inquietantes.
Mostrar menos
Sin etiquetas
Representación das mulleres no ámbito da literatura galega   A Real Academia Galega (RAG) está composta por 30 persoas, das cales 7 son mulleres. É dicir, un 23,33% do total son mulleres e o 76,67% son homes. Nas persoas homenaxeadas o día das Letras Galegas hai un total de 59 persoas, das cales só 5 son mulleres. O porcentaxe de mulleres homenaxeadas é dun 8,47% é o dos homes é dun 91,53%.
Mostrar menos
Sin etiquetas
Días das Galegas das Letras   É unha celebración organizada por A Sega que homenaxea anualmente ás mulleres que contribuíron significativamente á cultura xeral e á literatura. Comezou a organizarse non en 2014. Naceu en contraste co Día das Letras Galegas e albergará a maioría das persoas homenaxeadas nesa celebración. En 2018 dedico o día que das letras galegas que antes era recuperable, non o día que das letras galegas.
Mostrar menos
Sin etiquetas
Homenaxeadas   · 2014: Dorothé Schubarth. · 2015: María Victoria Moreno. · 2016: María Xosé Queizán. · 2017: Patricia Janeiro ·2018: Marica Campo. · 2019: Xela Arias. · 2020: Inma António Souto. · 2021: Uxía Casal .
Mostrar menos
Mostrar resumen completo Ocultar resumen completo