DEFINICIÓNS HISTORIA ABAU

Description

Práctica de todas as definicións de 2 bacharelato
Miguel Brenlla
Flashcards by Miguel Brenlla, updated more than 1 year ago
Miguel Brenlla
Created by Miguel Brenlla about 4 years ago
221
0

Resource summary

Question Answer
Organimo político que asesoraba aos reis visigodos AULA REXIA
Nome xenérico dos pobos que no 476 remataron co Imperio Romano de Occidente BÁRBAROS
Poboado fortificado prerromano propio do Norte e Noroeste peninsular. CASTRO
Tras evolucionar convertéronse en unidades xurídicas e administrativas no Imperio Romano CONVENTUS
Tipo de actividade humana na que se obteñen e consumen os recursos da natureza sen xerar produción. ECONOMÍA PREDADORA
Enfrontamentos bélicos entre os romanos e os pobos do norte peninsular (cántabros, ástures e galaicos) Tivo lugar entre o 29 e o 19 a.C. GUERRAS CÁNTABRAS
Construcións arquitectónicas formadas por grandes pedras chamados megálitos. Os tipos básicos son: o menhir o cromlech e o dolmen.Vai desde finais do Neolítico ata a Idade do Bronce MEGALITISMO
Documento polo que os monarcas e os señores laicos e eclesiásticos concedían privilexios forais a quen se establecese en determinados lugares ou cidades coa finalidade de atraer poboación e repoboar os territorios que se ían reconquistando aos musulmáns. CARTA DE POBOAMENTO
Unidade de explotación familiar (casa e terras de cultivo) que o señor feudal cedía en usufruto a un colono libre ou a un servo a cambio de certas prestacións e censos MANSO
Territorio controlado nos séculos VIII e IX polos emperadores e reis dos francos (Carlomagno, Luís o Piadoso, Carlos o Calvo) ao sur dos Pirineos, formando a fronteira entre o imperio carolinxio e al-Ándalus MARCA HISPÁNICA
Organización dos gandeiros do reino de Castela fundada en 1273 polo rei Alfonso X, quen reuniu nunha institución as mestas existentes. Estaba rexida polo Consello da Mesta, que chegou a ser unha poderosa institución ao servizo dos grandes gandeiros e da propia Coroa, MESTA
Cristián sometido aos musulmáns en al-Ándalus. A cambio de conservar a súa fe e os seus costumes tiñan que pagar elevados impostos, polo que moitos desprazáronse ao norte, aos territorios controlados polos reis cristiáns MOZÁRABE
Forma inicial de repoboación organizada polos cristiáns a partir de finais do século VIII para ocupar as terras ermas, pouco poboadas ou que se ían reconquistando aos musulmáns PRESURA
Reinos que xurdiron da desmembración do califato de Córdoba en 1031. Estaban dominados polas oligarquías locais ou polos xefes militares das principais cidades de al-Ándalus. TAIFAS
Persoa que acepta unha crenza relixiosa ou ideoloxía diferente á que profesaba. Na España dos séculos XVI e XVII aplicábase especialmente aos musulmáns e xudeus que se convertían ao cristianismo CONVERSO
FLota formada por Filipe II en 1588 para desembarcar en Inglaterra e destronar á raíña protestante Sabela I.Os ataques ingleses e os temporais obrigaron ás naves a dar a volta rodeando as illas Británicas. Nesa traxectoria moitos dos barcos naufragaron. GRANDE ARMADA
Musulmán obrigado a converterse ao cristianismo por orde dos monarcas en diferentes momentos: 1502 en Castela, 1518 en Aragón e 1526 en Valencia. A conversión forzosa significou a fin oficial da poboación musulmá en España, pero moitos deles continuaron mantendo a súa lingua, vestimentas e costumes MOURISCO
Unidade militar de infantería, de ataque e defensa, formada por soldados profesionais, voluntarios o de recrutamento, creada e sostida por los Habsburgo españois durante os séculos XVI e XVII. TERZO
Proxecto político elaborado en 1625 polo valido de Filipe IV, o conde-duque de Olivares, no que propoñía o reparto da carga militar e fiscal entre todos os reinos da monarquía que ata entón recaía unicamente sobre Castela. UNIÓN DE ARMAS
Secretario real ao que o soberano outorgaba a súa confianza, ata o punto de entregarlle a dirección do reino. En España, como noutros reinos europeos, a privanza xeneralizouse no século XVII, cando os monarcas abandonaron o exercicio directo do goberno. VALIDO
Institución creada no século XVI que actuaba como portavoz das sete provincias de Galicia e, desde 1528, como representación do Reino de Galicia. Estaban formadas polos delegados dos concellos das cidades capitais das provincias XUNTAS DO REINO DE GALICIA
Período que se iniciou en Europa no século XVI e que acadou a súa plenitude no século XVIII. Caracterizouse por unha economía de base agraria, a pervivencia das estruturas feudais, a sociedade estamental e a monarquía absoluta. ANTIGO RÉXIME
Minucioso interrogatorio ou enquisa para coñecer as características demográficas, económicas e xeográficas das poboacións da Coroa de Castela co obxectivo de establecer un sistema fiscal máis racional CATASTRO DE ENSENADA
Decretos promulgados por Felipe V, entre 1707 e 1716 que impoñían, nos territorios da Coroa de Aragón, a organización político-administrativa de Castela, eliminando os seus privilexios forais, debido á súa rebelión na Guerra de Sucesión e tomar partido por Carlos de Austria DECRETOS DE NOVA PLANTA
Sistema político da segunda metade do século XVIII que defendía o incremento do poder absoluto do rei para que, axudado das luces da razón, impulsase as reformas necesarias para incrementar a riqueza do reino e a felicidade e benestar dos seus súbditos DESPOTISMO ILUSTRADO
Revolta popular acontecida en 1766 en Madrid contra un ministro de Carlos III, que prohibía o uso de capas longas e sombreiros de aba ancha. A orixe está no descontento social pola carestía do pan, a oposición dos privilexiados ás reformas do rei e a xenofobia ante a abundancia de ministros italianos MOTÍN DE ESQUILACHE
Tratado asinado en 1713 entre as potencias europeas que puxo fin á Guerra de Sucesión española e que foi complementado co de Rastatt de 1714. PAZ DE UTRECHT
política de control e limitación do poder da igrexa católica levada a cabo polos Borbóns en España no século XVIII no marco da potenciación do absolutismo real. Entre outras medidas impuxeron o dereito do rei de nomear candidatos para ocupar sedes eclesiásticas vacantes REGALISMO BORBÓNICO
Reducido grupo de españois que apoiou a Xosé I Bonaparte nas tarefas de goberno. Consideraban que o reformismo autoritario francés era o único medio para lograr a renovación e o cambio en España. AFRANCESADOS
Renuncias sucesivas, acontecidas nunha cidade francesa en 1808, de Carlos IV e seu fillo Fernando VII ao trono de España en favor de Napoleón Bonaparte, ABDICACIÓNS DE BAIONA
Modelo de organización territorial que defende a creación dun Estado composto por unidades políticas territoriais soberanas –os cantóns- que mediante acordos libres (“de abaixo arriba”) se unen formado a federación española CANTONALISMO
Decreto de 1834 polo que a raíña rexente María Cristina de Borbón convocaba as Cortes do reino de España. Polo seu contido, considérase como unha “carta outorgada” ESTATUTO REAL
Documento que presentaron en 1814 deputados absolutistas a Fernando VII tras o seu retorno do exilio en Francia, solicitándolle a abolición dos decretos promulgados polas Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812, así como a restauración do Antigo Réxime. MANIFESTO DOS PERSAS
Documento elaborado por Cánovas del Castillo e asinado en 1874 por Alfonso de Borbón, fillo e herdeiro de Isabel II, na academia militar inglesa de Sandhurst, onde estudiaba. Neste manifesto indicaba a necesidade de restaurar a monarquía borbónica MANIFESTO DE SANDHURST
Disposición promulgada por Fernando VII que anulaba a coñecida como Lei Sálica, aprobada por Felipe V, que impedía acceder ao trono ás mulleres. PRAGMÁTICA SANCIÓN DE 1830
Levantamento de parte do exército, contando co apoio dun determinado sector da sociedade, que “se pronuncia” a favor do cambio do sistema político vixente. Foron frecuentes os que defendían o liberalismo fronte ao absolutismo PRONUNCIAMENTO
Sufraxio é o dereito político que permite elixir co voto os cargos públicos electos. O censatario limita este dereito aos cidadáns en función dun determinado nivel económico e social, mentres que o universal soamente establece a condición para votar da maioría de idade. SUFRAXIO CENSATARIO E UNIVERSAL
Acordo de paz asinado en 1813 nesa cidade francesa polo que Napoleón aceptaba a suspensión das hostilidades, o retorno de Fernando VII ao trono de España, a devolución dos territorios ocupados e a renuncia de Xosé I. TRATADO DE VALENÇAY
Partido político fundado en 1858 polo xeneral O´Donnell que agrupaba á esquerda moderada, á dereita progresista, e numerosos militares. Partidarios de Isabel II gobernaron de 1858 a 1863 e de 1865 a 1866, UNIÓN LIBERAL
Proceso legal que, previa expropiación, puxo en venda, en poxa pública, os bens pertencentes á Igrexa (“mans mortas”) e aos concellos (baldíos, “comúns” e “propios”). Foi realizada durante os gobernos progresistas de Mendizábal,Espartero e Madoz DESAMORTIZACION
Movemento de protesta dos traballadores, nos inicios da revolución industrial, caracterizado pola destrución de máquinas e fábricas ás que culpaban de deixalos sen traballo. Recibe este nome por Ned Ludd, LUDISMO
Movemento reivindicativo que organizou ao campesiñado galego en asociacións e sindicatos agrarios para lograr a redención dos foros, loitar contra o caciquismo e propulsar a renovación técnica. AGRARISMO
Práctica política que en España controlaba as eleccións grazas á figura do cacique, persoa que dominaba o poder local e controlaba os votos do seu territorio valéndose do seu poder económico, status social ou influenzas CACIQUISMO
Proceso polo que o ministro da Gobernación elaboraba a lista de candidatos que debían ser escollidos en cada distrito electoral, colocando nas cuadrículas correspondentes os nomes dos candidatos ministeriais e da oposición. ENCASILLADO OU ENCADRAMENTO
Método de manipulación electoral empregado durante a Restauración borbónica, para permitir o triunfo dun determinado candidato. Consistía na substitución na urna electoral dos votos emitidos por outros favorables ao candidato que se desexaba que saíse PUCHEIRAZO
Corrente intelectual, política e literaria de finais do s. XIX e principios do s. XX que partía da análise dos problemas que padecía España para tratar de rexenerala e modernizala. Xurdiu a partir do desastre de 1898 e o seu principal representante foi Joaquín Costa REXENERACIONISMO
Mecanismo de alternancia no poder vixente durante a Restauración borbónica. Baseábase no mutuo acordo entre os dous partidos monárquicos, o Conservador o Liberal, aceptando a sucesiva quenda no Goberno SISTEMA DE QUENDA
Derrota do exército español en xullo de 1921 fronte ás cabilas rifeñas dirixidas por Abd el-Krim na guerra de Marrocos. Morreron miles de soldados españois e os rifeños fixéronse co control da zona proclamando a independencia da República do Rif DESASTRE DE ANNUAL
Primeiro goberno de Primo de Rivera formado, tras o golpe de estado de 1923, unicamente por militares,que durou ata 1925. A Constitución de 1876 e os partidos políticos quedaron suspendidos, os dereitos e liberdades foron restrinxidos e as publicacións sometidas a censura DIRECTORIO MILITAR
Informe redactado en 1922 por un xeneral baseado na investigación para determinar as responsabilidades no desastre de Annual. Revelou a neglixencia dos militares, a temeraria actuación do xeneral Silvestre, e a implicación de Alfonso XIII EXPEDIENTE PICASSO
Siglas da Federación Anarquista Ibérica fundada en 1927, fusionando a Unión Anarquista Portuguesa e a Federación Nacional de Grupos Anarquistas de España. Estaba organizada en pequenos grupos revolucionarios radicais de activistas anarquistas FAI
Acordo verbal ao que chegaron, en 1930 en San Sebastián, diversas personalidades representativas de partidos republicanos de diferentes tendencias, catalanistas e socialistas polo que se comprometían a establecer a república democrática e a recoñecer as autonomías PACTO DE SAN SEBASTIÁN
Semana de violentas protestas populares en Barcelona en 1909 contra a orde de enviar tropas de reserva á guerra de Marrocos. A maioría dos soldados eran pais de familias obreiras, polo que o seu embarque provocou unha folga que deu paso á insurrección e á queima de numerosos edificios relixiosos SEMANA TRÁXICA
Organización cívico-política fundada en 1924 polo ditador Primo de Rivera. Pretendía agrupar a toda a sociedade como substituta dos partidos políticos tradicionais e servir de apoio social e de propaganda do réxime ditatorial UNIÓN PATRIÓTICA
Segundo período da Segunda República comprendido entre novembro 1933 e febreiro 1936. Foi cualificado así polas esquerdas debido ás medidas revisionistas e conservadoras tomadas polos gobernos de dereitas radical-cedistas, que paralizaron moitas das leis reformistas do primeiro bienio republicano BIENIO NEGRO
Unidades militares de voluntarios estranxeiros que participaron na Guerra Civil apoiando á Segunda República. Estaban formadas por brigadistas de máis de 50 países de Europa e América, organizados a través dos partidos de esquerda socialistas e comunistas dos seus respectivos países BRIGADAS INTERNACIONAIS
Siglas da Confederación Española de Dereitas Autónomas, coalición de partidos conservadores e católicos fundada en 1933 por Gil Robles. Definíase como contrarrevolucionaria e antimarxista, defensora da relixión, a familia e a propiedade, e esixía a revisión da Constitución de 1931 CEDA
Coalición creada en xaneiro de 1936 por partidos obreiros e republicanos de esquerda. Tras vencer nas eleccións de febreiro, serviu de apoio á política reformista desenvolvida polos gobernos de esquerda encabezados por Azaña e Casares Quiroga. FRONTE POPULAR
Denominación da forza de intervención alemá, fundamentalmente aérea, coa que o III Reich de Hitler apoiou ao bando sublevado franquista durante a Guerra Civil española. Foi clave e responsable de numerosos ataques a posicións republicanas e sobre a poboación civil LEXIÓN CÓNDOR
Intento fracasado de golpe de Estado encabezado por un xeneral en agosto de 1932 en Sevilla contra a Segunda República que contaba co apoio dalgúns militares, monárquicos e latifundistas andaluces. Controlado polo Goberno, os seus participantes foron detidos e condenados. SANJURJADA
nome pexorativo co que o réxime franquista tratou de ridiculizar o Congreso do Movemento Europeo celebrado en Múnic en 1962. O máximo impulsor da reunión foi Salvador de Madariaga, moi ben relacionado cos dirixentes do movemento europeo, e a ela asistiron 118 opositores ao franquismo, tanto do interior de España como do exilio CONTUBERNIO DE MÚNIC
Siglas de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista, organización política creada por Franco en 1937 mediante o Decreto de Unificación que fusionaba o movemento tradicionalista carlista coas formacións fascistas de Falanxe Española e das XONS. FET E DAS XONS
Ideoloxía que defende que a vida Política, social e cultural debe estar sometida ás directrices da Igrexa católica. Foi unha das bases ideolóxicas do réxime franquista que contou co apoio e aprobación da Igrexa católica. A xerarquía eclesiástica xustificou e aceptou a autoridade de Franco como Caudillo de España pola graza de Deus NACIONALCATOLICISMO
Conxunto de medidas e reformas económicas aprobadas en 1959 propostas por ministros tecnócratas que tiñan como obxectivo abandonar o modelo autárquico intervencionista e liberalizar a economía española, conectando así co capitalismo occidental. PLAN DE ESTABILIZACIÓN
Organización fundada en 1934 como rama feminina de Falanxe. Foi dirixida por Pilar Primo de Rivera e durante o franquismo monopolizou a educación das mulleres coa finalidade de formar amas de casa, subordinadas aos varóns e destinadas a ter fillos e educalos SECCIÓN FEMININA
Nome co que era coñecida a Organización Sindical Española durante o franquismo. Foi creado tras a promulgación da Lei de Unidade Sindical de 1940 que ilegalizaba todos os sindicatos de clase existentes e integraba de forma forzosa a todos os traballadores e empresarios SINDICATO VERTICAL
Lei aprobada polas Cortes franquistas e, tras a súa aceptación en referendo, foi promulgada en 1977 con rango de Lei Fundamental. Foi o instrumento legal que permitiu o paso da ditadura franquista a un sistema constitucional democrático dende a legalidade vixente (da lei á lei) mantendo a paz social LEI PARA A REFORMA POLÍTICA
acordos aos que chegaron sindicatos, Partidos e organizacións empresariais en outubro de 1977 na residencia oficial do presidente de Goberno, Adolfo Suárez. Os asinantes comprometíanse a traballar para a estabilidade do país consolidando a democracia, a redución da conflitividade social e a adopción de medidas para superar a crise económica PACTOS DA MONCLOA
Nome popular de Coordinación Democrática, organismo creado en marzo de 1976 por partidos e organizacións antifranquistas para restablecer a democracia en España PLATAXUNTA
Siglas de Unión de Centro Democrático, a coalición de partidos fundada e liderada por Adolfo Suárez en 1977 e que aglutinaba ás forzas de centro-dereita. Tivo un papel destacado durante a Transición democrática, gañando as eleccións a Cortes constituíntes de 1977 e as xerais de 1979 UCD
Show full summary Hide full summary

Similar

ACT Math Subjects
philip.ellis
AS Pure Core 1 Maths (AQA)
jamesmikecampbell
CHEMISTRY C1 7
x_clairey_x
World Cup Quiz
Alex Declan
Revolutions and Turmoil: Russia 1905-1917
Emily Faul
Animal Farm- The Pigs
lianastyles17
Food Technology - KEY TERMS
Dani Whitrick
GCSE Computing: Hardware
Yasmin F
Astronomy Practice Quiz
cbruner
AQA A2 Biology - Chapter 8 Inheritance and Selection
Charlotte Lloyd
SFDC App Builder 1 (126-150)
Connie Woolard