RECURSOS ESTILÍSTICOS

Description

Mind Map on RECURSOS ESTILÍSTICOS, created by María Villar on 18/02/2019.
María Villar
Mind Map by María Villar, updated more than 1 year ago
María Villar
Created by María Villar about 5 years ago
70
1

Resource summary

RECURSOS ESTILÍSTICOS
  1. Recursos fonéticos
    1. Fonética: describe os sons dunha lingua. Ademais de todos os procedementos rítmicos, métricos e de rima, que tamén se poden encadrar neste grupo, sinalaremos:
      1. - Aliteración: Consiste en repetir un ou varios sons que producen algun efecto no lector.
        1. Lingua lame emboca esvara lábil lenta lingua na lama en que xacente
        2. - Paronomasia: consiste na proximidade de palabras semellantes nos sons pero diferentes nos significados.
          1. E non saber por que vai, tira, vira, corre que corre, alanca, alanca, alanca
          2. - Onomatopea: É unha variante da aliteración. Consiste en imitar os sons que se producen na realidade
            1. ¡tas-tis, tas-tis!, na silenciosa noite o siniestro compás repite a péndola
        3. Recursos semánticos
          1. Metonimia: Consiste en nomear algo con outro nome baseándose na relación dos seus contidos.
            1. pasa de man en man a xerra roiba de albariño.
            2. Antítese: Póñense en relación dous contidos opostos entre si.
              1. E o silenzo vai nomeando.
              2. Metáfora: Relaciónanse os contidos de dous signos lingÜisticos.
                1. O termo real (R) identifícase co termo imaxe (I), sen enlace.
                  1. Amade sempre a terra (R) nosa nai (I).
                2. Comparación: relaciónanse dous elementos entre si.
                  1. Termo real (R) Elemento de enlace (E) Termo imaxe (I).
                    1. (R) As campanas da parroquia (E) brincaban na alma do corpo (I) como puchos revuldeiros.
                  2. Personificación: Atribúenselles calidades humanas a seres inanimados.
                    1. Terra, que o sol, sempre amante, mornea tódolos días.
                    2. Hipérbole: Esaxéranse de maneira desproporcionada as calidades ou accións.
                      1. Murmurei- adorada Galicia! (e dos ollos chovíanme as bágoas)
                      2. Sinestesia: Combínanse impresións de campos sensoriais diferentes.
                        1. Unha lúa verde pendura no mouro silenzo
                        2. Silepse: Consiste en usar unha palabra en sentido recto e, ao mesmo tempo, en sentido figurado.
                          1. Quero ir á China, para orientarme un pouco...
                        3. Recursos morfolóxicos
                          1. Epíteto: é un adxectivo que lle engade viveza e colorido ao substantivo. Poderíase prescindir del porque expresa unha calidade que xa ten o substantivo
                            1. niste escuro pozo tan profundo.
                            2. Eufemismo: consiste en substituír unha palabra ou expresión desagradable por outra de connotacións menos negativas:
                              1. Hai numerosas baixas civís.
                              2. Enumeración: acumulación de substantivos para describir calquera obxecto ou idea
                                1. Pinos, ríos, arboredas pinares que move o vento
                                2. Gradación: ordenación dunha serie de palabras de menor a maior orde de importancia ou viceversa
                                  1. Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos
                                3. Recursos sintácticos:
                                  1. Hipérbato: consiste en cambiar a orde lóxica das palabras nunha oración.
                                    1. Dos toxales as tenues toxiñas
                                    2. Quiasmo: consiste en cruzar catro elementos (dous dunha clase gramatical e outros dous doutra), deste xeito: ABBA
                                      1. sen corpos tálamo, xardín sen sombra
                                        1. A
                                          1. B
                                            1. B
                                              1. B
                                            2. Asíndeto: supresión intencionada dos nexos.
                                              1. Traballou, aforrou, mercou, vendeu consumiu, informou, cumpriu co preceuto, viviu arredor de si mesmo.
                                              2. Polisíndeto: repetición innecesaria de nexos
                                                1. Teñen gracia e sinxeleza e unha sutil fermosura
                                                2. Anáfora: repetición dunha ou varias palabras no comezo dun verso ou oración
                                                  1. Que desgracia tan grande ser poeta, oficio de chorar sin cobrar nada, oficio de cuspir na mar inmensa e de chantar pancartas no deserto.
                                                  2. Paralelismo: consiste en enlazar as estrofas de dúas en dúas; así, os versos da segunda estrofa son variantes da primeira; os versos da cuarta son variantes da terceira...
                                                    1. Digades, filha, mia filha velida, porque tardaste na fontana fría. -Os amores hei.
                                                      1. Digades, filha, mia filha louçana, porque tardaste na fría fontana. -Os amores hei.
                                                        1. Tardei, mia madre, na fontana fría, cervos do monte á auga volvían. -Os amores hei.
                                                          1. Tardei, mia madre, na fría fontana, cervos do monte volvían á auga. -Os amores hei.
                                                  Show full summary Hide full summary

                                                  Similar

                                                  PRINCIPALES RECURSOS ESTILÍSTICOS
                                                  bero bero
                                                  RECURSOS ESTILÍSTICOS
                                                  bero bero
                                                  recursos estílísticos
                                                  Karina Elizabeth
                                                  An Inspector Calls - Themes
                                                  mhancoc3
                                                  Biological Definitions
                                                  Yamminnnn
                                                  MATTERS OF LIFE AND DEATH - UNIT 1, SECTION 2 - RELIGIOUS STUDIES GCSE EDEXCEL
                                                  Khadijah Mohammed
                                                  Business Management Exam Review Quiz
                                                  emily_hill
                                                  Ancient China - Glossary of Terms
                                                  Ms M
                                                  ASIENTOS DE AJUSTE FINAL Y PREPARACION DE ESTADOS FINANCIEROS
                                                  Majo Herrera
                                                  Treaty of Versailles (1919)
                                                  Inez Simpson
                                                  PuKW - FOLO Wippersberg (mögliche Prüfungsfragen/Prüfungsvorbereitung)
                                                  Kamelia Kostadinova