Paula G.R.
Quiz por , criado more than 1 year ago

ciclos de vida del software

6
0
0
Paula G.R.
Criado por Paula G.R. mais de 3 anos atrás
Fechar

UD01: ciclos de vida (pdf)

Questão 1 de 14

1

A xeración de código consta dos procesos de...

Selecione uma das seguintes:

  • edición, compilación, enlace e execución

  • edición, compilación, e enlace e analisis

  • edición, compilación, e enlace e mantenemento

  • Analise, deseño, codificación, probas, instalación e mantenemento

Explicação

Questão 2 de 14

1

: Esta fase consiste en escribir o algoritmo de resolución nunha linguaxe de programación mediante un editor de texto ou unha ferramenta de edición incluída nun contorno de desenvolvemento. O código resultante chámase código fonte e o arquivo correspondente chámase arquivo fonte.

: Consiste en analizar e sintetizar o código fonte mediante un compilador, para obter, se non se atopan erros, o código obxecto ou un código intermedio multiplataforma. As persoas non entende ese código e non se pode executar directamente.

: Esta fase consiste en enlazar mediante un programa enlazador o arquivo obxecto obtido na compilación con módulos obxectos externos para obter, se non se atopan erros, o arquivo executable

: necesita de ferramentas diferentes dependendo de se a linguaxe é interpretada, compilada ou de máquina virtual ou execución administrada.

Arraste e solte para completar o texto.

    Edición
    Compilación
    Enlace
    Execución

Explicação

Questão 3 de 14

1

O paradigma de ciclo de vida clásico do software, tamén chamado modelo en cascada
consta das fases:

Selecione uma ou mais das seguintes:

  • Analise

  • deseño

  • codificación

  • probas

  • Instalación

  • Mantenemento

  • execución

  • enlace

  • compilación

Explicação

Questão 4 de 14

1

Sinala a opción incorrecta sobre a fase de análise:

Selecione uma ou mais das seguintes:

  • Nesta fase o analista captura, analiza e especifica os requisitos que debe cumprir o software.

  • Ao finalizar esta fase debe existir o documento de especificación de requisitos do software (ERS), no que estarán detallados os requisitos que ten que cumprir o software, debe valorarse o custo do proxecto e planificarse a duración do mesmo.

  • A linguaxe utilizada para describir os ERP pode ser descritiva ou máis formal e rigorosa utilizando casos de usos na linguaxe de modelado UML

  • O resultado desta fase plásmase no documento de deseño de software (SDD) que contén a estrutura global do sistema, a especificación do que debe facer cada unha das partes e a maneira de combinarse entre elas e é a guía que os programadores e probadores de software deberán ler, entender e seguir

Explicação

Questão 5 de 14

1

Sinala a opción incorrecta sobre a fase de deseño:

Selecione uma das seguintes:

  • Nesta fase o deseñador deberá de descompoñer e organizar todo o sistema software en partes que podan elaborarse por separado para así aproveitar as vantaxes do desenvolvemento de software en equipo

  • Mentres dura esta fase, poden realizarse tarefas de depuración do código ou revisión inicial do mesmo para detectar erros sintácticos, semánticos e de lóxica.

  • O resultado desta fase plásmase no documento de deseño de software (SDD) que contén a estrutura global do sistema, a especificación do que debe facer cada unha das partes e a maneira de combinarse entre elas e é a guía que os programadores e probadores de software deberán ler, entender e seguir

  • Nesta fase debe tratarase a seguridade do proxecto mediante unha análise de riscos (recompilación de recursos que deben ser protexidos, identificación de actores e roles posibles, recompilación de requisitos legais e de negocio como encriptacións ou certificacións a cumprir, etcétera) e a relación de actividades que mitigan eses riscos.

Explicação

Questão 6 de 14

1

Sinala a opción incorrecta sobre a fase de codificación:

Selecione uma das seguintes:

  • Esta fase tamén se chama fase de programación ou implementación

  • Nela o programador transforma o deseño lóxico da fase anterior a código na linguaxe de programación elixida, de tal forma que os programas resultantes cumpran os requisitos da análise e poidan ser executado nunha máquina.

  • Mentres dura esta fase, poden realizarse tarefas de depuración do código ou revisión inicial do mesmo para detectar erros sintácticos, semánticos e de lóxica.

  • Esta fase permite aplicar métodos ou técnicas ao código para determinar que tódalas sentencias foron probadas e funcionan correctamente.

Explicação

Questão 7 de 14

1

Sinala a opción incorrecta sobre a fase de probas:

Selecione uma das seguintes:

  • Esta fase permite aplicar métodos ou técnicas ao código para determinar que tódalas sentencias foron probadas e funcionan correctamente.

  • As probas teñen que planificarse, deseñarse, executarse e avaliar os resultados.

  • As probas realizadas inmediatamente despois da codificación poden ser:unitarias, integración, validación, recuperación, seguridade, resistencia e rendemento

  • O software pode poñerse a disposición dos usuarios cando aínda no está acabado e entón noméase co nome comercial e un texto que indica o nivel de acabado. Ese texto pode ser: versión alfa, beta, RC o RTM

  • O software pode pasar a produción despois de resolver o proceso de instalación, é dicir, pode ser utilizado e explotado polo cliente.

Explicação

Questão 8 de 14

1

Sinala a opción incorrecta sobre a fase de Instalación:

Selecione uma das seguintes:

  • e tamén se denomina despregue ou implantación e consiste en transferir o software do sistema ao ordenador destino e configuralo para que poida ser utilizados polo usuario final.

  • O software pode pasar a produción despois de resolver o proceso de instalación, é dicir, pode ser utilizado e explotado polo cliente.

  • Esta fase pode consistir nunha sinxela copia de arquivos ou ser máis complexo como por exemplo: copia de programas e de datos que están comprimidos a localizacións específicas do disco duro, creación de accesos directos no escritorio, creación de bases de datos en localizacións específicas, etcétera.

  • Esta fase permite mellorar e optimizar o software que está en produción

Explicação

Questão 9 de 14

1

Sinala a opción incorrecta sobre mantenemento:

Selecione uma das seguintes:

  • Esta fase permite mellorar e optimizar o software que está en produción

  • O mantemento permitirá realizar cambios no código para corrixir erros encontrados, para facer o código máis perfecto, para que evolucione ou para que se adapte

  • Para estas últimas fases pódese distinguir entre: interno e externo

  • As versións de software resultantes do mantemento noméanse de diferente maneira dependendo do fabricante

Explicação

Questão 10 de 14

1

Sinala a opción incorrecta sobre documentación:

Selecione uma das seguintes:

  • A creación de documentación está asociada a tódalas fases anteriores e en especial ás fases de codificación, probas e instalación.

  • Para estas últimas fases pódese distinguir entre: documentación interna, externa ou Autodocumentación.

  • Ao redor do 2/3 partes do tempo invertido en Enxeñería de software está dedicado a tarefas de documentación

Explicação

Questão 11 de 14

1

O modelo en espiral...

Selecione uma das seguintes:

  • baséase na creación dun prototipo do proxecto que se vai perfeccionando en sucesivas iteracións a medida que se engaden novos requisitos, pasando en cada iteración polo proceso de análise, deseño, codificación e probas descritos no modelo en cascada.

  • é un método de desenvolvemento áxil de software baseado en iteracións sobre as fases de planificación, deseño, codificación e probas.

Explicação

Questão 12 de 14

1

A programación eXtrema

Selecione uma das seguintes:

  • é un método de desenvolvemento áxil de software baseado en iteracións sobre as fases de planificación, deseño, codificación e probas.

  • Este modelo baséase na creación dun prototipo do proxecto que se vai perfeccionando en sucesivas iteracións a medida que se engaden novos requisitos, pasando en cada iteración polo proceso de análise, deseño, codificación e probas descritos no modelo en cascada.

Explicação

Questão 13 de 14

1

Na programación eXtrema, na fase de deseño...

Á diferenza do modelo en cascada, nesta fase utilízase tipo () por cada obxecto do sistema, na que aparece o nome da clase, nome da superclase, nome das subclases, responsabilidades da clase, e obxectos cos que colabora. As tarxetas vanse colocando riba dunha superficie formando unha estrutura que reflicta as dependencias entre elas. As tarxetas vanse completando e recolocando de forma manual a medida que avanza o proxecto. Os desenvolvedores reuniranse periodicamente e terán unha visión do conxunto e de detalle mediante as tarxetas.

Arraste e solte para completar o texto.

    CRC
    LRC
    class, responsabilities, collaboration
    lidership, responsabilities, collaborat
    unha tarxeta manual
    unha tarxeta virtual

Explicação

Questão 14 de 14

1

Na programación eXtrema, NON é unha diferenza desta fase con relación á fase de codificación do modelo en cascada é...

Selecione uma das seguintes:

  • que os desenvolvedores teñen que acordar uns estándares de codificación (nomes de variables, sangrías e aliñamentos, etcétera), e cumprilos xa que todos van a traballar sobre todo o proxecto.

  • é que se aconsella crear os test unitarios antes que o propio código a
    probar xa que entón se ten unha idea máis clara do que se debe codificar

  • que se aconsella que os programadores desenvolvan o seu traballo por parellas

  • é que nesta fase utilízase unha tarxeta manual tipo CRC

Explicação