CURROS ENRÍQUEZ

Description

Vida e obra de Curros
anxosriv
Note by anxosriv, updated more than 1 year ago
anxosriv
Created by anxosriv almost 11 years ago
1585
1

Resource summary

Page 1

Manuel Curros Enríquez (1851-1908)

Escritor civil por excelencia; o máis lido e admirado do seu tempo.

1. Dados biográficos: 1851: Nace en Celanova. Fillo dun escribán de ideas fortemente reaccionárias. Cursa os seus primeiros estudos e traballa como escrebentedo seu pai. 1866: Foxe da casa paterna e, tras un breve paso por Ourense, instálase en Madrid. Cursa o bacharelato e probabelmente Dereito. Protexido de Modesto Fernández González. 1869: Escrebe o seu primeiro poema en galego, "Cántiga". 1870: Ten que se exilar en Londres, por mor dun artigo político . 1871: Casa en Madrid. Traballa en diferentes xornais desta cidade. 1875: Participa na criación da sociedade Galicia Literaria,con outros escritores que se atopaban en Madrid (Vesteiro Torres, Añón, Novo Garcia ... ). Cronista das "Guerras Carlistas" para El Imparcial. 1877: Gaña o certame poético de Ourense con "A Virxe do Cristal', "Unha boda en Einibó" e "0 gueiteiro". Estabelece-se en Ourense como traballador da administración da Facenda e xornalista. 1880: Procesado, a instáncias eclesiásticas, e condenado a cadea e multa por alguns poemas de Aires da miña terra ("A igrexa fria", "Mirando ó chao" e Peregrinos a Roma"). 1881: Gaña a apelación do proceso anterior na Audiéncia da Coruña. 1883: Cesa na administración e retorna a Madrid para traballar como xornalista e no concello. 1893: É coroado polo Centro Galego de Madrid con motivo da súa fundación. 1894: Por persecución política emigra a México, mais fica na Habana. Traballa máis unha vez como xomalista e vive as loitas independentistas e a guerra cos Estados Unidos. 1904: Viaxa á Galiza e a Madrid. coroado, por segunda vez, na Coruña. Retorna á Habana. 1908: Morre na Habana. Trasladado á Coruña é enterrado nesta cidade.

http://sondepoetas.blogspot.com.es/2009/05/rosalia-manuel-curros-enriquez.html

http://sondepoetas.blogspot.com.es/2009/11/ai-manuel-curros-enriquez.html

Cántiga (1869) foi o primeiro poema escrito por Curros.

No xardín unha noite sentada ó refrexo do branco luar, unha nena choraba sin trégolas os desdés dun ingrato galán. I a coitada entre queixas decía: "Xa no mundo non teño ninguén, vou morrer e non ven os meus ollos os olliños do meu doce ben". Os seus ecos de malenconía camiñaban nas alas do vento, i o lamento repetía: "¡Vou morrer e non ven ó meu ben!"

Noites craras, de aromas e lúa, desde entón ¡que tristeza en vós hai prós que viron chorar unha nena, prós que viron un barco marchar!... Dun amor celestial, verdadeiro, quedou sólo, de bágoas a proba, unha cova nun outeiro i on cadavre no fondo do mar.

Lonxe dela, de pé sobre a popa dun aleve negreiro vapor, emigrado, camiño de América vai o probe, infelís amador. I ó mirar as xentís anduriñas cara a terra que deixa cruzar: "Quen pudera dar volta -pensaba-, quen pudera convosco voar!..." Mais as aves i o buque fuxían sin ouír seus amargos lamentos; sólo os ventos repetían:"¡Quen pudera convosco voar!"

A súa obra: - en galego: -dous libros de poesia: “Aires da miña terra” (1880, 2ª ed. 1881, 3ª ed. 1886). “0 divino sainete” (1888). Poemas soltos en diferentes publicacións periódicas; prólogos e notas a alguns poemas. - en español: Poemas soltos: El dos de Mayo de l808" (1874), "El Maestre de Santiago" (1874). Unha novela: “Paniagua y Compañía. Agencia de sangre” (1878).

Aires da miña terra (1880) A) Nesta obra o autor confere unha especial relevancia aos contidos ideolóxicos de carácter e concepción progresista; tal ideoloxía aparece, ao longo da obra, non só isenta máis tamén misturada con outros elementos: costumismo, intimismo, etc. (p.c. "0 maio"). B) Liñas temáticas: - Poesia cívica: canto ao progreso e á liberdade (p.e.” Introdución", "Na chegada a Ourense da primeira locomotora"). - Poesia agrarista: centrada na precária situación do pobo galego, pobo que está identificado co campesinado, calificado de servo, escravo, pária... e denunciando os males que sofre: foros, taxas, fame, emigración, igrexa, etc.(p.e. "Mirando ó chau” "Nouturnio"). - Poesia costumista: recolle personaxes e situacións típicas do mundo rural galego do XIX (p.e. "0 gueiteiro"). - Poesia intimista: centrada en sucesos da sua biografía que lle provocaran un forte impacto (p.c. "Ai!", "Na morte de miña nai").

Da aldea lexana fumegan as tellas; detrás dos petoutos vai póndose o sol;retornan prós eidos coa noite as ovellas tiscando nas beiras o céspede mol.Un vello, arrimado nun pau de sanguiño,o monte atravesa de cara ó piñar.Vai canso; unha pedra topou no camiñoe nela sentouse pra folgos tomar.-¡Ai!-dixo-, ¡que triste,que triste eu estou!- I on sapo que o oía, repuxo: -¡Cro, cro!¡Ás ánemas tocan!... Tal noite como esta queimóuseme a casa, morreume a muller; ardeume a xugada na corte, i a besta, na terra a semente botouse a perder.

Vendín prós trabucos bacelos e hortas e vou polo mundo de entón a pedir; mais cando non topo pecháda-las portas, os cans sáienme a elas e fanme fuxir.Canta, sapo, canta:¡ti i eu somos dous!... I o sapo, choroso, cantaba: -¡Cro, cro!Soliños estamos antrambos na terra,mais nela un buraco ti alcontras i eu non;a ti non te morden os ventos da serra,i a min as entranas i os ósos me ron.Ti, nado nos montes, nos montes esperas, decote cantando, teu térmeno ver; eu nado entre os homes, dormento entre as feras, e morte non hacho, si quero morrer.Xa tocan... Recemos, ¡que dicen que hai Dios!...-El reza, i o sapo cantaba: -¡Cro, cro!

A noite cerraba, i o raio da lúa nas lívidas cumes comenza a brilar; curisco que tolle nos álbores brúa i escóitase ó lexos o lobo ouvear.O probe do vello, cos anos cangado, ergueuse da pedra i o pau recadou; virou para os ceos o puño pechado e cara ós touzales rosmando marchou...Cos ollos seguíndoo na escura estensión, o sapo quedouse cantando: -¡Cro, cro!("Aires da miña terra", 1880)

Nouturnio é un poema agrarista no que Curros pon os males do campesiñado galego na voz dun vello que "vai polo mundo a pedir" e só hai un sapo para escoitalo.

O MAIO é o poema máis coñecido de Curros: a igrexa, os impostos e as supersticións afogan ao pobo galego:http://sondepoetas.blogspot.com.es/2007/09/o-maio.html

Ten a serena un canto:http://sondepoetas.blogspot.com.es/2009/06/ten-serena-o-canto-manuel-curros.html

0 divino sainete (1888) A) Obra escrita con motivo da celebración do xubileu de León XIII e inspirada no seu desenvolvimento na “Divina comedia” ten carácter cómico-burlesco e rasgos caricaturescos. 0 poeta Añón é o guía do poeta (como fixera Virxilio para Dante). B) Liñas temáticas: -Sátira anti-clerical: ataca os vicios dos mandatarios eclesiásticos (o Papa). -Sátira literaria: lamenta o trato que se lle dá ás glorias literárias do país. -Sátirade costumes: descrebe os vícios humanos. -Sátira social: relata a situación da vida galega exemplificada nos labregos.

Añón pegoume co codocomo quen di: " ¡ Non te escurras!",e León falou deste modo:-¡Ah! ¡Como ó teu beizo asomao afán do mundo! Ti pidesque o Papa abandone Roma...¡E ben! Agradarche quero;deixarei Roma os romanos,quedareime en coiros...; peroCando dos bens me despoxeque a tradición me legara,e que gardei hastra o de hoxe,¿Terá a Igrexa quen lle acuda?-¡Vinte sigros pedricandocaridade pra esa duda!¡ Señor ¡ O mundo modernonon é, como o mundo antigo,a imaxe viva do inferno.

Os pobos están chamadosa rexilo: cando trunfen,cando do chau levantadosO himno canten da Vitoria,volveranse a Dios, i os ceosresprandecerán de groria.I entón, Señor, non temadespola Igrexa, que ela é barcaque flota nas tempestades.Estas democracias novasson feitas de amor e gastana piedade por arrobas.¡Amádeas! ¡Que ollen e vexanque Cristo está da súa partementres loitan e pelexan?Quédese a rabia pros lobos:¡Cristo era bon, era homilde!i a humildá cautiva ós pobos

Poética e ideoloxía en Curros: Curros foi o poeta máis lido e admirado do seu tempo. -Ideoloxía progresista. Cantor do progreso (saber, educación, liberdade, propriedade privada, sufráxio universal ... ) e dos adiantos técnico-científicos. -0 progreso é o que pode salvar ás clases populares e, en consecuéncia ataca todo o que se opón a el: foros, trabucos, quintas, censura, oscurantismo, ignoráncia, superstición... -Laicismo e antielericalismo, derivado da oposición que manifestaba a igrexa frente ao progreso. -Defensor da instauración dunha democracia burguesa republicana liberal que reflexa o ideário da pequena burguesia.

A língua de Curros -Propósito de criación dun galego rico e enxebre. -Riqueza léxica e de xiros. -G alego de base popular e coloquial. Ruralizado. -Rasgos lingüísticos da fala de Celanova,métrica: pouco inovador mais versificador hábil, emprega os metros o estrofas habituais na época (quintetos,romances, redondillas, quintillas, oitavas de arte menor, décimas...) e ritmos próprios da poesía popular (p.e. de muiñeira).

A Virxe do Cristal é un poema de máis de mil versos escrito por Manuel Curros Enríquez que relata unha historia de base popular.O argumento recollido do pobo por Manuel Curros Enríquez é o seguinte:A historia d´A Virxe do Cristal transcorre en 1630. Os protagonistas son a parella de namorados Rosa e Martiño. Ambos traballan para o señor do castelo de Vilanova, que vive na Corte e non vén máis que para cobrar a renda e o foro. Outro personaxe é Xan de Ventrances (rival de Martiño no amor a Rosa, pero a quen ela rechazou), que lle comenta a Martiño calumnias sobre a virtude da súa moza. Martiño dá creto ás palabras de Xan e rompe a relación coa rapaza.Entón a Virxe aparecéselle en soños a Rosa para a reconfortar e ao día seguinte cae do ceo, xunto cun raio, un cristal coa imaxe da Virxe dentro. Martiño encontra o cristal pero non cre que sexa unha proba que demostre a pureza da súa moza. Ao día seguinte, Rosa topa co cristal e a Virxe dille a Rosa que a enviou Deus para demostrar a súa pureza, á vez que manifesta o seu desexo de que lle constrúan unha capela naquel val. O pobo celebra o milagre e Rosa entra nun convento. Martiño víngase de Xan arrincándolle a lingua. A narración acaba coa morte de Martiño en Allariz, conxelado nunha noite nevada, ao pé do convento de Rosa.

Aires damiña terra:http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Aid%27miTe1&id_edicion=Aid%27miTe1003&cabecera=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DAid%2527miTe1%26alias%3DManuel%2BCurros%2BEnr%25EDquez%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3EAires+d%27a+mi%F1a+terra%3C%2Fa%3E&alias=Manuel+Curros+Enr%EDquez&formato=texto

http://www.culturagalega.org/avg/extra_audiovisual_estreas.php?Cod_extrs=3640

Curros Enríquez

OBRA

O divino sainete

Xornalista

Poética e ideoloxía

Show full summary Hide full summary

Similar

¿Y QUÉ FORMA POÉTICA SOY, JOVEN RENACENTISTA?
Alejandro Aguilar Bravo
La Poesía
Víctor Suárez
Cantares Gallegos
anxosriv
3r ESO. La Lírica trobadoresca (Àlex Lluch)
Àlex Lluch
ROSALÍA DE CASTRO
anxosriv
EADUARDO PONDAL
anxosriv
La Poesía
Sofía Consuelo C
POR CULPA DE LOS NÚMEROS (VIOLETA LUNA)
Alejandra Cacuango
Poesia: còmput sil·làbic i rima (Àlex Lluch)
Álex Lluch
Poesia trobadoresca
Vicente García
La vida y la muerte en la poesía de Miguel Hernández
Isabel Ordoñez M