Modul 8 von 11 · Text
METODOLOXÍA
Para a realización de esta unidade didáctica combinaranse diferentes metodoloxías:
-
Clase maxistral – Durante a primeira sesión o profesor ou profesora será o protagonista do proceso de ensino-aprendizaxe, realizando unha explicación do temario e resolvendo todo tipo de dúbidas que poidan xurdir.
-
Aprendizaxe cooperativo - No desenvolvemento da segunda sesión o alumnado repartirase en grupos hetereoxéneos de 3 ou 4 integrantes. Eles mesmos serán os protagonistas do proceso de ensino-aprendizaxe, elexindo os distintos contidos que deberán seleccionar para a realización do mapa conceptual. Desta maneira os estudantes que máis coñecementos teñan apoiarán aos que posúen menos, de maneira que todos traballen os contidos.
-
Traballo individual - Tanto a segunda tarefa como a proba de avaliación se levarán a cabo individualmente. Os nenos e nenas deberán de realizar as distintas fichas virtuais demostrando os coñecementos que posúen do temario, sendo eles os protagonistas, o profesor será un guía.