Kurs
Unidade 6: transición
Grupo B3.4 Selva Ucha Rodríguez Ainara Vicente Vázquez Sofía Vilariño Amado Pablo Vilela Quintela
Module (14)
-
Competencias
Nesta proposta didáctica traballaremos coas seguintes competencias establecidas no Decreto 105/2014, polo cal se determina o currículum de Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia: Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT) Competencia dixital (CD) Aprender a aprender (CAA)
-
Obxectivos
Os obxectivos que se pretenden alcanzar nesta proposta didáctica son: Comprender os acontecementos históricos ocurridos durante a época de transición en Galicia. Aprender de forma interactiva os contidos sobre a Transición española en Galiza. Empregar correctamente todas as ferramentas dixitais requeridas. Traballar cooperativamente entre todo o grupo. Estudar de forma autónoma os contidos a tratar.
-
Metodoloxía
O método de ensinanza que aplicaremos será a aprendizaxe cooperativa, esta é unha metodoloxía baseada na construcción colectiva do coñecemento, o alumnado é responsable da súa aprendizaxe, pero tamén é fundamental para o dos seus compañeiros. Organízase en pequenos grupos, de 5 persoas, e o éxito conséguese unha vez que todo o alumnado alcanza os obxectivos marcados. Por outro lado, o estilo de ensinanza que se aplicará será tradicional, concretamente de asignación de tarefas. Este estilo permite ao alumnado traballar con máis autonomía en relación ao docente; isto débese a que o profesor/a solamente leva a cabo a explicación inicial das tarefas a realizar e o alumnado leva a cabo a realización das actividad segundo o seu propio ritmo de execución.
-
Temporalización
Esta proposta didáctica, realizada na materia de Ciencias Sociais, levarase a cabo durante dúas sesións convencionais consecutivas de, aproximadamente 50 min. ou máis, é dicir, aproximadamente 2 horas. Cabe destacar que ditas clases realizaranse de forma consecutiva co obxectivo de traballar todos os contidos a tratar, neste caso sobre a Transición española no ámbito galego, de forma global e responder ás posibles cuestións que poidan emerxer nun mesmo día.
-
Avaliación
Para levar a cabo a avaliación propoñemos un test, co fin de coñecer si o alumnado alcanzou os coñecementos necesarios sobre esta temática. Ademáis, mediante a observación directa avaliaremos aspectos relacionados co traballo colaborativo.
-
A transición en España
¡¡¡¡¡Hola chic@s!!!!! Na clase de hoxe vamos a traballar a transición en España. Antes de comezar coa explicación e as actividades super divertidas, deixo aquí este vídeo para que vexades nun momento, xa que os axudará a comprender que tema vamos a traballar.
-
A TRANSICIÓN ESPAÑOLA EN GALICIA
Unidad 6. La transición
| Kursressource | Originalressource | Erstellt von |
|---|---|---|
| Diapositivas transición | Diapositivas transición | Arcoiris davella |
| A TRANSICIÓN ESPAÑOLA EN GALICIA | A TRANSICIÓN ESPAÑOLA EN GALICIA | Arcoiris davella |
| Fichas da transición | Fichas transición | Arcoiris davella |
| Diagrama dos presidentes de Galicia durante a Transición | Diagrama dos presidentes de Galicia durante a Transición | Arcoiris davella |
| Test de avaliación | Test de avaliación | Arcoiris davella |
| Tarefas | Tarefas | Arcoiris davella |