GoConqr hat ein neues Design! Sag uns, wie es dir gefällt.

Karteikarten

Fichas vocabulario de Galicia nos séculos XVIII e XIX

Kalandraka UDC Spanisch 20 Karten

Fichas vocabulario de Galicia nos séculos XVIII  e XIX

Karten in diesem Stapel (20)

  1. 1Antigo RéximeSistema económico e de goberno que se extende durante case toda a Idade Moderna, caracterizado polo sistema de foros e uns claros estamentos sociais, distinguindo entre privilexiados e non privilexiados, entre outras características
  2. 2Sociedade feudalSociedade feudal
  3. 3NobresPrivilexiados da sociedade da época, posuidores dun título nobiliario e terreos, exentos de pagar impostos. Posuían vasalos que traballaban para eles e cobraban aos campesiños unha porcentaxe da colleita por traballar nas súas terras
  4. 4CleroRepresentantes da Igrexa Católica, formaban parte da sociedade privilexiada. A Igrexa posuía gran cantidade de terreo, e tamén cobraba unha porcentaxe da colleita aos campesiños. A Igrexa é a máis perxudicada durante o paso do Antigo Réxime á sociedade liberal
  5. 5CampesiñosForman parte da sociedade feudal non privilexiada e constitúen a maior parte da mesma. Traballaban as terras como principal método de sustento e daban unha porcentaxe da mesma ao señor feudal dono da terra
  6. 6VasalosForman parte da sociedade feudal non privilexiada. Traballaban directamente para os nobles ou o clero, cos cales compartían unha relación de vasalaxe
  7. 7FidalgosNobres sen título, e moitas veces sen demasiados recursos económicos a comparación cos nobres con este, pero non tiñan que pagar impostos e eran bastante recoñecidos
  8. 8ForosContratos que habilitaban o emprego dos terreos dos señores feudais por parte dos campesiños, a cambio de que estes entreguen ao nobre parte da colleita obtida
  9. 9Expropiación de terreoConsiste no paso de terras, antes propiedade dun nobre ou da Igrexa, a mans do estado, onde estas eran postas a poxa, e adquiridas moitas veces polos denominados fidalgos, ou en réxime de mancomún. É a principal característica do cambio á sociedade liberal
  10. 10Réxime de mancomúnTerreos que posúen máis dun propietario, ou que poden ser empregados por varias persoas, sen estas posuír a súa propiedade
  11. 11Esperanza de vidaMedia de anos de vida dunha poboación dun lugar e momento histórico determinados
  12. 12NatalidadeNúmero de nacementos acontecidos nun lugar e momento determinados
  13. 13MortalidadeNúmero de defuncións que suceden nun lugar e momento determinados
  14. 14Mortalidade catastróficaElevado número de defuncións nun corto período de tempo, debido a situacións coma malas colleitas, plagas ou enfermidades
  15. 15EmigraciónFenómeno que se produce cando unha ou máis persoas abandoan o seu lugar ou país de nacemento e viaxan a outro, a maioría das veces para mellorar a súa calidade de vida
  16. 16LenzosTecidos fabricados polos campesiños e campesiñas, como método económico alterno ao cultivoLenzos
  17. 17XuntasPrincipal organización política de España durante a invasión napoleónica e anos posteriores
  18. 18Revolución FrancesaConflito social e político provocado polos enfrontamentos entre as persoas que defendían ao Antigo Réxime, e as que estaban en contra. Pronto este conflito saíu de Francia para acadar o resto de países
  19. 19Guerra da Independencia EspañolaConflito bélico que abrangue dende o 1808 até o 1814, e que enfrontou a España, coa axuda do Reino Unido e Portugal, contra as tropas napoleónicas francesas.
  20. 20FINAL Xogo en Educa PlayAquí tedes un enlace para facer un encrucillado con algúns dos conceptos que acabamos de repasar
    ENLACE: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/11649079-galicia_seculos_xviii_e_xix.html

Informationen

Beschreibung
Fichas para repasar o vocabulario máis importante no referente á Galicia dos séculos XVIII e XIX
Erstellt von
Kalandraka UDC
Aufrufe
18
Bewertung

Feedback

Worum geht es?

Wie gefällt dir das neue Design?

Dein Eindruck