GoConqr hat ein neues Design! Sag uns, wie es dir gefällt.

Notizen

APUNTAMENTOS DO TEMA

Gelöschter Nutzer Der Nutzer hat seine Fachbereichs-Information gelöscht. Englisch 2 Seiten

APUNTAMENTOS DO TEMA

Inhalt der Notizen (2)

Seite 1

O QUE SABEMOS DA GALICIA NO SÉCULO XVIII

O século XVIII caracterízase por ter unha sociedade feudal onde existían señores feudais que eran os nobres e os cleros que posuían as terras. Os campesiños e campesiñas traballaban esas terras a cambio de protección e pagaban os foros (rendas que contemplaban unha parte da produción). Ademais, nos períodos onde non se traballaba o campo, as clases baixas dedicábanse á fabricación de lenzos (industria rural doméstica de tecidos). As terras non aptas para o cultivo xestionábanse en réxime de mancomún. Os pastos e os montes eran fundamentais para aportar comida para o gando, abono para a terra ou materiais de construción.

Durante este século obsérvase un crecemento demográfico. Este feito prodúcese por varios factores:

Descenso lento e significativo das taxas de natalidade e mortalidade.

Elevada esperanza de vida.

Redución da mortalidade catastrófica (exterminación de enfermidades, pestes e crises).

Mellora da hixiene.

APUNTAMENTOS DO TEMA

Recursos utilizados

Memorias dun neno do antigo réxime. Hecho por Álvaro Yáñez Lorenzo

SÉCULO XVIII

Diagrama de fluxo: Sociedade Estamental

Seite 2

O QUE SABEMOS DA GALICIA DO SÉCULO XIX

No século XIX, coa entrada na Idade Moderna, despois da Revolución Francesa de 1789, a sociedade feudal cambia radicalmente. Isto é debido a varios factores sociais e económicos.

Entrada das tropas napoleónicas en 1808, que provocou o exilio do rei nese tempo (Fernando VII). Debido a isto, a organización do poder político tanto en España como en Galicia foi mediante Xuntas (locais, provinciais e rexionais). En 1822 Galicia dividiese en catro provincias: Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Dividiese a súa vez en Concellos.

A reforma agraria liberal, alimentada polos conflitos entre o campesiñado e os nobres, salientando a Polémica dos Despoxos. As terras pertencentes á Igrexa expropiábanse e saían a poxa, onde os fidalgos en Galicia foron os compradores. Como consecuencia, a Igrexa perde o seu poder político, afectando ao seu patrimonio.

No período entre o 1860 e 1877 aumenta a emigración dos homes galegos cara países de Europa e Sur América, sendo a máis alta en España.

APUNTAMENTOS DO TEMA

Recursos utilizados

A GALICIA DO SÉCULO XIX

REFORMA AGRARIA LIBERAL

Informationen

Beschreibung
Der Nutzer hat seine Fachbereichs-Information gelöscht. Notiz am APUNTAMENTOS DO TEMA, erstellt von Gelöschter Nutzer am 13/03/2022.
Erstellt von
Gelöschter Nutzer · Mär 2022
Aktualisiert
13 Mär 2022
Aufrufe
10
Verlauf
  • Erstellt von Kalandraka UDC · 11 Mär 2022
  • Kopiert von Kalandraka UDC · 13 Mär 2022
Bewertung

Feedback

Worum geht es?

Wie gefällt dir das neue Design?

Dein Eindruck