Módulo 10 de 11 · Texto
TEMPORALIZACIÓN
A unidade didáctica estará dividida en 4 sesións.
- Durante a primeira sesión realizarese unha clase maxistral coa que se traballaran os contidos do tema e resolveranse as dúbidas que poidan xurdir.Para apoiar esta sesión creamos unha presentación na que poden ver a teoría do tema de maneira máis sintetizada e práctica.
- Na segunda sesión os alumnos e alumnas realizarán un mapa conceptual dos contidos traballados na anterior sesión. Deberán de repartirse en grupos heteroxéneos de 3 ou catro integrantes.
- Na terceira sesión o nenos e nenas traballarán de forma individual. Resolverán unhas fichas virtuais creadas polo profesor ou profesora, despois deberán elaborar unhas eles e elas mesmas e, por último, deberán de resolver as dos outros compañeiros e compañeiras.
- Para rematar a unidade, na última sesión, os estudantes realizarán unha proba individual na plataforma Goconqr (igual que o resto de tarefas)