¡GoConqr estrena diseño! Cuéntanos qué te parece.

Módulo 2 de 6 · Texto

Explicación unidade didáctica

Grupo Reinvéntate

 

UNIDADE DIDÁCTICA 2: GALICIA MEDIEVAL 

Curso: 5º de Primaria

  • Introdución: CANDELA

Con esta unidade didáctica preténdese consolidar os coñecementos adquiridos previamente sobre a Galicia medieval, mediante unha serie de tarefas realizadas cos recursos da aplicación GoconQr, mesturando así as ciencias sociais coas TICs e resultando moito máis motivante para o alumnado de primaria. 

  • Competencias: IRIA

Nesta unidade didáctica o alumnado traballa as seguintes competencias:

- Competencia dixital.

- Competencia para a organización e interpretación da información.

- Competencia para a selección da información.

- Buscar,obter, procesar e comunicar coñecementos.

- Uso de diferentes técnicas de estudo.

  • Obxectivos: CANDELA

Con esta unidade didáctica pretendemos conseguir os seguientes obxectivos:

- Consolidar os coñecementos previamente adquiridos sobre Galicia na época medieval.

- Entender e relacionar os conceptos referidos a Santiago na época.

- Comprender o tipo de poboación e ordenación do territorio en Galicia durante a época medieval.

- Adquirir coñecementos sobre a economía altomedieval galega.

- Distinguir os grupos sociais da época altomedieval.

- Comprender o funcionamento dos comitatus en Galicia.

- Relacionar Galicia ca unión das coroas en Fernando III.

- Saber qué son as parroquias

- Entender a evolución demográfica e os cambios produtivos e económicos que isto implica na época.

- Saber definir a nobreza laica durante a Galicia altomedieval.

- Mellorar o uso das TICs coa sua utilización nas diferentes tarefas.

  • Tarefas

Tarefa 1: test "Galicia Medieval": deberán realizar un test online sobre o tema con diferentes preguntas, nas que nalgunhas hai varias opcións e tan só unha é a correcta; e noutras, terán que escoller entre verdadeiro e falso. Dispoñen de 30 segundos para cada pregunta e a orde das mesmas é aleatorio. CANDELA

Tarefa 2: Fichas sobre a "Galicia Medieval". Esta actividade consta de 9 fichas que abordan diferentes cuestións sobre a historia de Galicia na época medieval. Cada unha das fichas contén a resposta na parte de atrás. NOELIA.

Tarefa 3: Diagrama sobre "Galicia Medieval". Esta diagrama consta da información sobre a época mediaval,  móstrase de maneira visual e resumida  e o alumnado utilizará este recurso para ver a información que precisen para realizar nas diferentes actividadesl.  JUAN

Tarefa 4: As "Diapositivas Galicia Medieval" explican as cousas mas importantes da galicia da epoca. Ao texto o acompañan imaxes para entender mellor o que estamos a explicar. ALEJANDRO

Tarefa 5: O mapa mental da "Galicia Medieval", o cal deberán completar coa información correspondente en cada caso para conseguir así ter un mapa mental completo sobre cuestións da Galicia Medieval e axudar así á organización de ideas e información, e que sirva tamén a modo de resumo. IRIA

  • Metodoloxía NOELIA

Nesta unidade utilizaremos principalmente,  unha metodoloxía activa mediante o uso das TIC. Con isto, tratarase de aumentar a autonomía do estudante, fomentar a alfabetización dixital e facilitar a comprensión, entre outras. Ademais, tratarase dunha maneira interactiva o tema correspondente desta unidade didáctica.

  • Agrupamento en pequenos grupos e tarefas individuais NOELIA

As diferentes actividades propostas para o 5º curso de Primaria serán realizadas de maneira individual. Desta forma, tratarase de que cada alumno e alumna adquira todos os coñecementos posibles sobre a historia de Galicia na época medieval.

  • Temporalización: JUAN

Para a realización desta unidade didáctica necesitarasen 4 sesións. Na primeira sesión, explicaráselle a unidade didáctica e os diferentes contidos, as actividades faranse na segunda e terceira sesión e por último na última realizaremos a avaliación.

  • Avaliación: ALEJANDRO

As actividades que propuxemos nesta unidade didáctica son autoavaliables, é dicir, que unha vez terminadas a aplicación GoConqr amosa os resultados da actividade.  Ademais, o tutor ou tutora realizará unha avaliación observacional para axudarlles no proceso e detectar erros.

Instrucciones

Para avanzar en el curso, envía un intento de este test. Puedes enviarlo después de la última pregunta.

Ir al módulo elegido

Escríbenos

¿Sobre qué es tu mensaje?

¿Qué te parece el nuevo diseño?

¿Te gusta?