historia

Description

mi examen
Alba Miranda Álvarez
Flashcards by Alba Miranda Álvarez, updated more than 1 year ago
Alba Miranda Álvarez
Created by Alba Miranda Álvarez almost 2 years ago
0
0

Resource summary

Question Answer
Situa nunha liña do tempo as etapas da historia de Roma Monarquía 753 a.C. - 509. a.C. República 509 a.C. - 27 a.C. Imperio 27 a.C. - 476 d.C.
En que zona xurde a cidade de Roma? Nos Sete Outeiros, nas beiras do río Tiber.
Por que os romanos lle chamaron ao mar Mediterráneo, Mare Nostrum? Que significa? Porque expandíronse por ese mar. Significa “o noso mar”
Cal é a lenda da fundación de Roma? Para evitar que foran asasinados polo rei, dous irmáns, Rómulo e Remo, foron abandonados no Tíber. Atopounos unha loba e amamantounos. Xa de adultos, fundan a cidade de Roma. Rómulo mata a Remo e queda como primer rei de Roma.
Que significan as letras SPQR? Cal é a traducción? Senatus Populusque Romanus. O Senado e o pobo de Roma
Cales eran as institucións da República romana? Comicios, Maxistraturas e Senado.
Que eran os comicios? Asembleas de cidadáns romanos para votar as leis e elixir os maxistrados
Que son as maxistraturas? Cales eran os máis importantes? Por que? Os distintos cargos de goberno. Os máis importantes eran os dous cónsules, que dirixían o goberno e o exército.
Que outras maxistraturas había e que función tiñan? Pretor- xustiza Edil- administración municipal Cuestor- finanzas Censor- elaboración do censo
Que era o Senado? A institución máis importante. Ratificaba as leis, dirixía a política exterior
Define patricio Minoría formada polas familias máis ricas e poderosas.
Define plebeo Campesiños, artesáns, comerciantes…Grupo máis numeroso
Define escravo Non eran considerados persoas, senón obxectos propiedade dos seus donos. Adoitaban ser prisioneiros de guerra ou fillos de escravos.
Que nome recibe un escravo que consigue a liberdade? Liberto
Por quenes eran tuteladas as mulleres? Primeiro polo seu pai e cando casaban polo seu home
Quen podía elaborar leis,ser maxistrado ou senador no principio da República? Os patricios
Por que loitaban os plebleos na República? Por ter os mesmos dereitos políticos que os patricios.
Que era o tribuno da pleble? Que facía? O representante dos plebeos. Defendía os intereses da peble no Senado.
Que foi o Código das Doce Táboas e por que se fixo? As leis de Roma reunidas co fin de evitar os abusos aos que eran sometidos os plebeos
Que se conquista na primeira etapa da expansión romana? A península itálica.
Quen loitou nas guerras púnicas? Que permite a victoria romana? Roma e Cartago. A victoria romana permitiulle expandirse polo Mediterráneo occidental
Que se conquista na última etapa da expansión romana? Grecia e o Mediterráneo oriental
Que pasaba cos pobos que non se sometían á autoridade romana? Recibían un duro castigo. As súas cidades eran arrasadas e os seus habitantes foron feitos prisioneiros e vendidos como escravos
Por que se dividiu o Imperio en provincias? Quen mandaba nelas? Para facilitar o goberno e a explotación dos recursos. Os gobernadores
Resume as consecuencias económicas das conquistas Proporcionaron grandes riquezas: terras, produtos das zonas conquistadas, botín de guerra, escravos e impostos
Resume as consecuencias políticas das conquistas O senado controlaba pouco ós gobernadores das provincias e estendeuse a corrupción nelas
Resume as consecuencias sociais das conquistas As riquezas quedaban en mans de uns poucos. Estas desigualdades levaron ao descontento social e a constantes revoltas
Que comeza no século I a.C.? Un período de corrupción, loitas e enfrontamentos internos na República.
Por que houbo guerras civís na crise da república? Porque algúns militares e homes poderosos enfrontáronse entre si para facerse co poder
Quen foi Xulio César? Un militar que foi proclamado ditador perpetuo e asumiu os máximos poderes no 48 a.C. Foi asasinado catro anos más tarde polos partidarios da república
Que pasou con Octavio no ano 27 a.C.? Recibiu amplos poderes do Senado e o título de Augusto "elixido polos deuses". Iniciou a etapa do imperio
Define emperador Acumulaba todos os poderes: presidía o Senado, era o xefe supremo do exército e o xefe relixioso, dirixía a política exterior, ditaba as leis e decidía os tributos
Por que se formaron dinastías de emperadores? Porque aínda que o cargo de emperador non era hereditario, o posto adoitaba herdarse dentro da mesma familia
Cita tres emperadores Augusto, Claudio, Vespasiano, Traxano, Marco Aurelio
Define pax romana Paz que se viviu nos séculos I e II e impulsou a prosperidade económica e cultural
Define romanización. Da exemplos Asimilación da cultura e da forma de vida romanas por outros pobos: latín, dereito romano, deuses, arte...
No século III o imperio viviu unha crise. Explícaa a nivel: militar, político, económico e social Militar: as fronteiras do Imperio foron atacadas por xermanos e persas Política: a autoridade do emperador debilítase Económica: o comercio diminuíu e os impostos aumentaron Social: o Imperio ruralizouse; abandónase a cidade e trasládanse ao campo
Que pasou no ano 395 d.C? Pra gobernar mellor o imperio, Teodosio dividiu o imperio entre os seus fillos: Arcadio e Honorio
En que ano finaliza o Imperio romano de occidente? E a parte oriental? 476 e 1453, respectivamente
Define villa Casa rural que constituía o centro dos latifundios
Que recurso natural era propiedade do estado romano? As minas de ouro e prata
Por que viuse facilitado o comercio? Pola existencia dunha mesma moeda e pola construción de calzadas e portos
Que materiais moi resistentes empregaban os romanos na arquitectura? Cemento e formigón
Que elementos arquitectónicos incorporaron? O arco de medio punto, a bóveda de canón e a cúpula
Que significa que a arquitectura romana era práctica e monumental? Que destinábase a satisfacer as necesidades da poboación á vez que eran moi grandes para demostrar o poder romano
Fai unha relación dos tipos de edificios e a súa función Táboa da páxina 240
Con que se elaboran os mosaicos? Con pequenas pezas de cores chamadas teselas que se incrustaban sobre unha capa composta de distintas materiais, como o cemento
Define augur Sacerdote que procuraba adiviñar a vontade dos deuses
En que consistían os sacrificios dos animais e para que se facían? Os romanos analizaban as entrañas dos animais sacrificados para adiviñar o futuro
Cando e onde nace Xesús segundo a Biblia? En tempos do emperador Augusto, en Palestina.
Cales son as catro ideas fundamentais do cristianismo? · Hai só un Deus (monoteísmo) ·Todas as persoas son iguais · Debemos amarnos e perdoarnos · A vida eterna despois da morte como premio
Que son as catacumbas? Galerías subterráneas onde eran enterrados os cristiáns
Por que foron perseguidos os cristiáns? Porque se negaban a adorar o emperador
Que fixo o emperador Teodosio no ano 380? Declarou o cristianismo como a única relixión oficial do Imperio romano
Show full summary Hide full summary

Similar

Historia Contemporánea: Los fascismos
María Salinas
Arte Egipcio
maya velasquez
Primera Guerra Mundial
Diego Santos
LA EDAD MEDIA - EDUpunto.com
EDUpunto Por: Ernesto De Frías
Historia de la Ética
hectorleyva
La crisis del antiguo régimen (RESUMEN)
Marina García Chip
La Guerra Fría y la formación del mundo bipolar
Maitane Gajate
Arte en el siglo XX
Rafael Cardozo
Independencia de los paises latinoamericanos
Estefani Tretto
Guerra civil española
Saul Barrios Guz
Historia Argentina
Nicolas Ñancucheo