Reiteración de sons semellantes (consonánticos ou vocálicos)
dentro dun mesmo verso ou estrofa
Polisíndeto
Acumulación de nexos (conxuncións) nun mesmo
verso ou estrofa con valor expresivo
Paronomasia
Colocación próxima de dúas palabras fonicamente
semellantes (parónimos).
Fonosimbolismo
Evocación de sensacións non auditivas a través da expresividade dos
fonemas. Pode ser visual, táctil, etc.
Anáfora
Repetición dunha ou máis palabras
ao principio de versos sucesivos.
Derivación
Repetición dun lexema cunha variación
gramatical que afecta ao morfemas derivativos
Asíndeto
Supresión de nexos sintácticos (normalmente
conxuncións) que adoitan dar a impresión de rapidez
ou viveza. Resulta especialmente expresiva nas
enumeracións
Hipérbato
Alteración da orde lóxica que teñen as palabras
nunha frase ou oración.
Paralelismo
Estruturación de varios conxuntos seguindo o mesmo esquema gramatical, de
xeito que os elementos equivalentes coincidan nos mesmo lugares das súas
secuencias respectivas.
Elípse
Omisión dunha ou máis palabras que se
sobreentenden
Animalización
Atribución de características propias de animais
a, principalmente, persoas.
Antítese
Contraposición de dúas palabras ou frases con
significado oposto pero que non afecta á súa
coherencia.
Apóstrofe
Apelación apaixonada dirixida a un ser animado,
inanimado, real ou imaxinario.
Enumeración
Relación de
elementos que
integran un
conxunto de
obxectos, calidades
ou accións.
Epíteto
Adxectivo cualificativo que
destaca unha calidade
contida implicitamente no
significado do substantivo
ao que acompaña.
Normalmente vai anteposto
mais non sempre.
Hipérbole
Esaxeración
que deforma
a realidade
máis alá do
verosímil
Interrogación retórica
Pregunta que non agarda resposta pois só procura intensificar aquilo que expresa.
Paradoxo
Unión de ideas aparentemente opostas ou irreconciliables. Con frecuencia asócianse ideas opostas tomando
forma de oxímoro (vid.)
Personificación
Consiste en atribuír calidade de seres animados a seres inanimados, ou calidades propiamente humanas a seres non
humanos.
Símbolo
Representación dun elemento intelectual por outro material. Está moi próximo á metáfora pero neste caso termo real é un concepto abstracto que é substituído por
un elemento concreto, polo que a relación entre ambos non pode ser, coma no caso daquela, de semellanza, senón de orixe psicolóxica ou convencional.
Metonimia
Tropo que consiste na substitución dunha palabra por outra entre as que se establece unha relación de contigüidade
(causa-efecto, continente-contido...).
Metáfora
Tropo que consiste na substitución dun termo real (R) por outro imaxinario (I) con cal se establece unha relación de semellanza.
Entendida como unha forma implícita de comparación, respondería ao esquema básico A é (como) B, onde A refire o termo real e B,
o termo evocado.
Comparación
É un tropo que consiste en relacionar dous elementos en virtude dunha analoxía entre eles. Normalmente a relación
exprésase mediante o nexo como/coma ou locucións comparativas.
Sinestesia
Asociación de elementos que proveñen de distintos dominios sensoriais, normalmente emprégase para
dotar de calidades sensoriais a un substantivo que obxectivamente non pode posuílas.