Quiz
UD01: ciclos de vida (pdf)
Este quiz tem tipos de pergunta que abrem no player de sempre.
Perguntas do quiz (14)
1A xeración de código consta dos procesos de...
- Aedición, compilación, enlace e execución
- Bedición, compilación, e enlace e analisis
- Cedición, compilación, e enlace e mantenemento
- DAnalise, deseño, codificación, probas, instalación e mantenemento
2[blank_start]Edición[blank_end]: Esta fase consiste en escribir o algoritmo de resolución nunha linguaxe de programación mediante un editor de texto ou unha ferramenta de edición incluída nun contorno de desenvolvemento. O código resultante chámase código fonte e o arquivo correspondente chámase arquivo fonte.
[blank_start]Compilación[blank_end]: Consiste en analizar e sintetizar o código fonte mediante un compilador, para obter, se non se atopan erros, o código obxecto ou un código intermedio multiplataforma. As persoas non entende ese código e non se pode executar directamente.
[blank_start]Enlace[blank_end]: Esta fase consiste en enlazar mediante un programa enlazador o arquivo obxecto obtido na compilación con módulos obxectos externos para obter, se non se atopan erros, o arquivo executable
[blank_start]Execución[blank_end]: necesita de ferramentas diferentes dependendo de se a linguaxe é interpretada, compilada ou de máquina virtual ou execución administrada.- AEdición
- BCompilación
- CEnlace
- DExecución
3O paradigma de ciclo de vida clásico do software, tamén chamado modelo en cascada
consta das fases:- AAnalise
- Bdeseño
- Ccodificación
- Dprobas
- EInstalación
- FMantenemento
- Gexecución
- Henlace
- Icompilación
4Sinala a opción incorrecta sobre a fase de análise:
- ANesta fase o analista captura, analiza e especifica os requisitos que debe cumprir o software.
- BAo finalizar esta fase debe existir o documento de especificación de requisitos do software (ERS), no que estarán detallados os requisitos que ten que cumprir o software, debe valorarse o custo do proxecto e planificarse a duración do mesmo.
- CA linguaxe utilizada para describir os ERP pode ser descritiva ou máis formal e rigorosa utilizando casos de usos na linguaxe de modelado UML
- DO resultado desta fase plásmase no documento de deseño de software (SDD) que contén a estrutura global do sistema, a especificación do que debe facer cada unha das partes e a maneira de combinarse entre elas e é a guía que os programadores e probadores de software deberán ler, entender e seguir
5Sinala a opción incorrecta sobre a fase de deseño:
- ANesta fase o deseñador deberá de descompoñer e organizar todo o sistema software en partes que podan elaborarse por separado para así aproveitar as vantaxes do desenvolvemento de software en equipo
- BMentres dura esta fase, poden realizarse tarefas de depuración do código ou revisión inicial do mesmo para detectar erros sintácticos, semánticos e de lóxica.
- CO resultado desta fase plásmase no documento de deseño de software (SDD) que contén a estrutura global do sistema, a especificación do que debe facer cada unha das partes e a maneira de combinarse entre elas e é a guía que os programadores e probadores de software deberán ler, entender e seguir
- DNesta fase debe tratarase a seguridade do proxecto mediante unha análise de riscos (recompilación de recursos que deben ser protexidos, identificación de actores e roles posibles, recompilación de requisitos legais e de negocio como encriptacións ou certificacións a cumprir, etcétera) e a relación de actividades que mitigan eses riscos.
6Sinala a opción incorrecta sobre a fase de codificación:
- AEsta fase tamén se chama fase de programación ou implementación
- BNela o programador transforma o deseño lóxico da fase anterior a código na linguaxe de programación elixida, de tal forma que os programas resultantes cumpran os requisitos da análise e poidan ser executado nunha máquina.
- CMentres dura esta fase, poden realizarse tarefas de depuración do código ou revisión inicial do mesmo para detectar erros sintácticos, semánticos e de lóxica.
- DEsta fase permite aplicar métodos ou técnicas ao código para determinar que tódalas sentencias foron probadas e funcionan correctamente.
7Sinala a opción incorrecta sobre a fase de probas:
- AEsta fase permite aplicar métodos ou técnicas ao código para determinar que tódalas sentencias foron probadas e funcionan correctamente.
- BAs probas teñen que planificarse, deseñarse, executarse e avaliar os resultados.
- CAs probas realizadas inmediatamente despois da codificación poden ser:unitarias, integración, validación, recuperación, seguridade, resistencia e rendemento
- DO software pode poñerse a disposición dos usuarios cando aínda no está acabado e entón noméase co nome comercial e un texto que indica o nivel de acabado. Ese texto pode ser: versión alfa, beta, RC o RTM
- EO software pode pasar a produción despois de resolver o proceso de instalación, é dicir, pode ser utilizado e explotado polo cliente.
8Sinala a opción incorrecta sobre a fase de Instalación:
- Ae tamén se denomina despregue ou implantación e consiste en transferir o software do sistema ao ordenador destino e configuralo para que poida ser utilizados polo usuario final.
- BO software pode pasar a produción despois de resolver o proceso de instalación, é dicir, pode ser utilizado e explotado polo cliente.
- CEsta fase pode consistir nunha sinxela copia de arquivos ou ser máis complexo como por exemplo: copia de programas e de datos que están comprimidos a localizacións específicas do disco duro, creación de accesos directos no escritorio, creación de bases de datos en localizacións específicas, etcétera.
- DEsta fase permite mellorar e optimizar o software que está en produción
9Sinala a opción incorrecta sobre mantenemento:
- AEsta fase permite mellorar e optimizar o software que está en produción
- BO mantemento permitirá realizar cambios no código para corrixir erros encontrados, para facer o código máis perfecto, para que evolucione ou para que se adapte
- CPara estas últimas fases pódese distinguir entre: interno e externo
- DAs versións de software resultantes do mantemento noméanse de diferente maneira dependendo do fabricante
10Sinala a opción incorrecta sobre documentación:
- AA creación de documentación está asociada a tódalas fases anteriores e en especial ás fases de codificación, probas e instalación.
- BPara estas últimas fases pódese distinguir entre: documentación interna, externa ou Autodocumentación.
- CAo redor do 2/3 partes do tempo invertido en Enxeñería de software está dedicado a tarefas de documentación
11O modelo en espiral...
- Abaséase na creación dun prototipo do proxecto que se vai perfeccionando en sucesivas iteracións a medida que se engaden novos requisitos, pasando en cada iteración polo proceso de análise, deseño, codificación e probas descritos no modelo en cascada.
- Bé un método de desenvolvemento áxil de software baseado en iteracións sobre as fases de planificación, deseño, codificación e probas.
12A programación eXtrema
- Aé un método de desenvolvemento áxil de software baseado en iteracións sobre as fases de planificación, deseño, codificación e probas.
- BEste modelo baséase na creación dun prototipo do proxecto que se vai perfeccionando en sucesivas iteracións a medida que se engaden novos requisitos, pasando en cada iteración polo proceso de análise, deseño, codificación e probas descritos no modelo en cascada.
13Na programación eXtrema, na fase de deseño...
Á diferenza do modelo en cascada, nesta fase utilízase [blank_start]unha tarxeta manual[blank_end] tipo [blank_start]CRC[blank_end] ([blank_start]class, responsabilities, collaboration[blank_end]) por cada obxecto do sistema, na que aparece o nome da clase, nome da superclase, nome das subclases, responsabilidades da clase, e obxectos cos que colabora. As tarxetas vanse colocando riba dunha superficie formando unha estrutura que reflicta as dependencias entre elas. As tarxetas vanse completando e recolocando de forma manual a medida que avanza o proxecto. Os desenvolvedores reuniranse periodicamente e terán unha visión do conxunto e de detalle mediante as tarxetas.- ACRC
- BLRC
- Cclass, responsabilities, collaboration
- Dlidership, responsabilities, collaborat
- Eunha tarxeta manual
- Funha tarxeta virtual
14Na programación eXtrema, NON é unha diferenza desta fase con relación á fase de codificación do modelo en cascada é...
- Aque os desenvolvedores teñen que acordar uns estándares de codificación (nomes de variables, sangrías e aliñamentos, etcétera), e cumprilos xa que todos van a traballar sobre todo o proxecto.
- Bé que se aconsella crear os test unitarios antes que o propio código a
probar xa que entón se ten unha idea máis clara do que se debe codificar - Cque se aconsella que os programadores desenvolvan o seu traballo por parellas
- Dé que nesta fase utilízase unha tarxeta manual tipo CRC
Informações
- Descrição
- ciclos de vida del software
- Autor
- Paula G.R.
- Idioma
- Español
- Visualizações
- 10
- Etiquetas
- Avaliação
- Ainda sem avaliações Avalie este quiz