A célula: unidade de vida

Descrição

4ª ESO Biología Slides sobre A célula: unidade de vida, criado por Iker Díaz em 01-10-2020.
Iker Díaz
Slides por Iker Díaz, atualizado more than 1 year ago
Iker Díaz
Criado por Iker Díaz quase 6 anos atrás
5
0

Resumo de Recurso

Slide 1

    A CÉLULA: UNIDADE DE VIDA
        Os seres vivos estamos formados por células A estrutura da célula eucariota O núcleo e o ciclo celular Diferenza entre célula animal e vexetalDiferenza entre célula animal e vexetal Non todas as células teñen núcleo Todas as células se nutren As células relaciónanse e resprodúcense Teoría endiosimbiótica Como se orixinou a primeira célula?

Slide 2

    OS SERES VIVOS ESTAMOS FORMADOS POR CÉLULAS
    Nós non podemos ver ás células porque temos un baixo poder de resolución, por iso temos os microscopios. Ollo humano: pode ver separacións de 0.25mm. Microscópio óptico: (utiliza a luz para observar) pode ver separacións de 0.25 µm. Microscópio electrónico: (utiliza un haz de electróns para observar) pode ver separacións de 5Å.   Robert Hooke: en 1655 observou cun microscopio unha corteza dunha árbore, e viu unha especie de celdas as que lle puso o nome de células.   Matthias Schleiden e Theodor Schwann: en 1838 e 1839 estes dous científicos comprobaron que tanto os animais como os vexetais están compostos de células, a partir disto, creouse a teoría celular, que din que a célula defínese como a: Unidade estrutural: todos os seres vivos están formados por células. Unidade funcional: as células son capaces de realizar funcións básicas. Unidade reprodutora: as células son capaces de dar lugar a outras novas.

Slide 3

    A ESTRUTURA DA CÉLULA EUCARIOTA
    A célula eucariota é a célula dos animais e plantas. Todas teñen en común: Núcleo: estrutura máis grande e contén o ADN. Citoplasma: contido xelatinoso da célula: citosol. Membrana celular: capa externa da célula.   As células animais teñen uns orgánulos que poden variar segundo o tipo de célula: Aparato de Golgi: sacos membranosos aplanados rodeados de vesículas onde se gardan as substancias do retículo. Lisosomas: vesículas onde se produce a dixestión da célula. Citoesqueleto: filamentos que dan forma á célula e axudan no movemento. Centríolos: dous cilindros ocos fromados por filamentos que dirixen o movemento do citoesqueleto. Mitocondrias: forma oval e dobre membrana, alí realízase a respiración celular. Vacúolos: bolsas que conteñen auga con substancias disolvidas. Ribosomas: estrutura con forma de gran, onde se sintetizan proteínas. Retículo endoplasmático: sacos e canais membranosos onde se fabrican substancias.
    As céuluas vexetais teñen uns orgánulos que poden variar segundo o tipo de célula: Aparato de Golgi: sacos membranosos aplanados rodeados de vesículas onde se gardan as substancias do retículo. Citoesqueleto: filamentos que dan forma á célula e axudan no movemento. Mitocondrias: forma oval e dobre membrana, onde se realiza a respiración celular. Vacúolos: vesículas que conteñen auga con substancias disolvidas. Ribosomas: estrutura con froma de gran, onde se sintetizan proteínas. Retículo endoplasmático: sacos e canais membranosos onde se fabrican substancias. Cloroplastos: forma oval e verdes, onde se realiza a fotonsíntese.

Slide 4

    O NÚCLEO E O CICLO CELULAR
    O período desde que unha célula nace ata que orixina células fillas denomínase ciclo celular: Interfase: período que transcorre desde o nacemento da célula ata que se divide: crece e transfórmase en adulta. Fase de división (citocinese): fase pola que a célula orixina células fillas. reprodúcese.   Estrutura do núcleo na interfase: Nucléolo: forma esférica onde se fabrican os ribosomas. Cromatina: obillo de filamentos que se tinguen con facilidade (kroma: cor), e contén o ADN. Envoltura nuclear: dobre membrana que separa o núcleo do citoplasma.   Estrutura do núcleo na fase de división:  A membrana vaise desintegrando e o contido dispérsase pola célula. O nucléolo desaparece. Os filamentos da cromatina condénsanse e forman unha especie de bastóns chamados cromosomas.

Slide 5

    DIFERENCIA ENTRE CÉLULA ANIMAL E VEXETAL
    Membrana celular Movilidade Núcleo centrado Nutrición heterótrofa Citosinese: estrangulamento Ten lisosomas Ten centríolos Vacúolos menos desenvolvidos Non ten cloroplastos
    Parede celular Non ten movilidade Núcleo desprazado Nutrición autótrofa Citosinese: fragmoplasto Non ten lisosomas Non ten centríolos Vacúolos máis desenvolvidos Ten cloroplastos

Slide 6

    NON TODAS AS CÉLULAS TEÑEN NÚCLEO
    As células procariotas non teñen núcleo: Tamaño: dez veces menos que unha célula eucariota: 0.4 e 14 µm de lonxitude / 0.2 a 12 µm de ancho. Forma: variada Estrutura: sinxela   Estrutura: Parede celular cunha membrana por dentro. O citoplasma contén ribosomas. Poden conter flaxelos. Plásmidos: pequenos cromosomas circulares. Nucleoide: rexión que ocupa o único cromosoma de forma circular grande do citoplasma.

Slide 7

    TODAS AS CÉLULAS SE NUTREN
    Nutrición autótrofa: as células vexetais crean os seus propios compostos orgánicos a través da clorofila e auga e sales minerais, isto sucede nos cloroplastos (fotosíntese). Nutrición heterótrofa: as células animais non crean os seus propios compostos, senón que precisan de materia orgánica do exterior, convertindo nos lisosomas a materia orgánica complexa en simple (dixestión).   Respiración celular (aeróbica): as células utilizan osíxeno para liberar a enerxía dos compostos orgánicos, isto sucede nas mitocondrias. Fermentación (anaeróbica): as células non utilizan osíxeno para liberar a enerxía dos comopostos orgánicos, isto sucede no citosol. Neste proceso a materia non se degrada por completo, polo que a cantidade de enerxía liberada é meno ca na respiración celular.  

Slide 8

    AS CÉLULAS RELACIÓNANSE E REPRODÚCENSE
    Relación en eucariotas: As células detectan estímulos e responden con movementos: Aneboide: móvense mediante pseudópodos. Vibrátil: móvense mediante cilios ou flaxelos. Contráctil: móvemense mediante o impulso dunha especie de muelle formado polo flaxelo.   Relación en procariotas: a maioría teñen flaxelos e reacciónanse movendo, ou formando esporas.
    Reprodución en eucariotas: a división celular require dous pasos: División do núcleo (mitose): debe ser equitativa para que a célula filla reciba toda a información que precisa.  División do citoplasma: non é preciso que sexa equitativa xa que na interfase crecerá.   Reprodución en procariotas: a través de fragmoplasto (pártese en dúas).

Slide 9

    TEORÍA ENDOSIMBIÓTICA
    A bióloga norteamericana Lynn Margulis porpuxo unha teoría para explicar como naceron as células eucariotas a partir das procariotas.   Teoría endosimbiótica: esta teoría propón que algunhas células fixéronse máis grandes e puideron fagocitar e dixerir outras células procariotas máis pequenas. Algunhas destas procariotas máis pequenas escaparon do proceso da dixestión, e, entre estas había células moi eficaces no proceso de respiración: mitocondrias, e outras moi eficaces no proceso da fotosíntese: cloroplastos.   A teoría tamén argumenta a orixe bacteriana das mitocondrias e cloroplastos: Presentan pequenos cromosomas circulares. Teñen unha dobre membrana. O tamaño concorda có das bacterias. Multiplícanse dentro da célula.

Slide 10

    COMO SE ORIXINOU A PRIMEIRA CÉLULA?
    A xeración espontánea: primeira teoría xurdida no século XI que defendía que a materia orgnánica en descomposición producía seres vivos de maneira espontánea. Isto xurdiu ao observar que da carne podre e lama xurdían larvas e moscas.   Máis tarde, Francesco Redi colocou dos frascos con carne dentro, e un deles o tapou cunha rede. Tras uns días, nos dous se descompuxo a carne, pero só no destapado xurdiron larvas, polo que a teoría espontánea era errónea.   Non foi ata a segunda metade do século XIX cando Lois Pasteur realizou un experimento que probaba que a teoría espontánea era incorrecta: colocou dous matraces cheas de caldo de carne e dobrou o colo do matraz para darlle forma de S. Quentounos para esterilizar o líquido e esperou varias semanas e o caldo non se descompoñía, entón, cortou un dos colos dun matraz e ao cabo duns días, o caldo descompúxose porque sen o colo os microorganismos non podían pasar.
    Teoría da síntese prebiótica (1930): esta teoría de Oparin e Haldane defende que a vida xurdiu a partir da materia inorgánica existente. Hai uns 4000 millóns de anos, a atmosfera terrestre era moi diferente da actual: estaba composta de metano, hidróxeno e vapor de auga, e sen osíxeno libre. Os gases da atmosfera reaccionaron entre si grazas a enerxía dos raios das tormentas ou as radiacións violetas. Os compostos orgánicos producidos almacenáronse na auga dos mares e crearon o que se coñece como "sopa primitiva".   Miller recreou nun laboratorio 30 anos despois a teoría prebiótica: Meteu nun recipiente os gases da atmosfera primitiva. Ferveu o auga para forzar a circulación dos gases. Someteus os gases a descargas eléctricas. Ao cabo dunhas semanas analizou o contido de auga, e observou moléculas orgánicas.   Oparin propuxo que algúns compostos da "sopa primitiva" se unirían para forman esferas ás que chamou coacervados.   Panspermia: outra teoría do orixe da vida que defende que os compoñentes orgánicos chegaron á Terra desde outro lugar do universo (meteoros...)

Semelhante

Examen Metabolismo
Diego Santos
TEST REPASO BIOLOGÍA CELULAR
VICTOR MANUEL VITORIA RUIZ
Biología Celular
maya velasquez
Niveles de Organizaciòn
Sofi :3
1. LA CÉLULA
Vivi Riquero
PASAPALABRA  sobre  ANATOMÍA
JL Cadenas
Examen de Repaso de Biología
Diego Santos
Práctica de Biología para la Prepa 1
Raúl Fox
TEST MICROBIOLOGÍA e INMUNOLOGÍA
VICTOR MANUEL VITORIA RUIZ
Biología para la PSU
Lolo Reyes
Aparato CIRCULATORIO - De Mapa Mental
JL Cadenas