GoConqr hat ein neues Design! Sag uns, wie es dir gefällt.

Mindmap

RECURSOS ESTILÍSTICOS

María Villar Spanisch

Inhalt der Mindmap

RECURSOS ESTILÍSTICOS

  1. Recursos fonéticos

    • Fonética: describe os sons dunha lingua. Ademais de todos os procedementos rítmicos, métricos e de rima, que tamén se poden encadrar neste grupo, sinalaremos:
      • - Aliteración: Consiste en repetir un ou varios sons que producen algun efecto no lector.
        • Lingua lame emboca esvara lábil lenta lingua na lama en que xacente
      • - Paronomasia: consiste na proximidade de palabras semellantes nos sons pero diferentes nos significados.
        • E non saber por que vai, tira, vira, corre que corre, alanca, alanca, alanca
      • - Onomatopea: É unha variante da aliteración. Consiste en imitar os sons que se producen na realidade
        • ¡tas-tis, tas-tis!, na silenciosa noite o siniestro compás repite a péndola
  2. Recursos semánticos

    • Metonimia: Consiste en nomear algo con outro nome baseándose na relación dos seus contidos.
      • pasa de man en man a xerra roiba de albariño.
    • Antítese: Póñense en relación dous contidos opostos entre si.
      • E o silenzo vai nomeando.
    • Metáfora: Relaciónanse os contidos de dous signos lingÜisticos.
      • O termo real (R) identifícase co termo imaxe (I), sen enlace.
        • Amade sempre a terra (R) nosa nai (I).
    • Comparación: relaciónanse dous elementos entre si.
      • Termo real (R) Elemento de enlace (E) Termo imaxe (I).
        • (R) As campanas da parroquia (E) brincaban na alma do corpo (I) como puchos revuldeiros.
    • Personificación: Atribúenselles calidades humanas a seres inanimados.
      • Terra, que o sol, sempre amante, mornea tódolos días.
    • Hipérbole: Esaxéranse de maneira desproporcionada as calidades ou accións.
      • Murmurei- adorada Galicia! (e dos ollos chovíanme as bágoas)
    • Sinestesia: Combínanse impresións de campos sensoriais diferentes.
      • Unha lúa verde pendura no mouro silenzo
    • Silepse: Consiste en usar unha palabra en sentido recto e, ao mesmo tempo, en sentido figurado.
      • Quero ir á China, para orientarme un pouco...
  3. Recursos morfolóxicos

    • Epíteto: é un adxectivo que lle engade viveza e colorido ao substantivo. Poderíase prescindir del porque expresa unha calidade que xa ten o substantivo
      • niste escuro pozo tan profundo.
    • Eufemismo: consiste en substituír unha palabra ou expresión desagradable por outra de connotacións menos negativas:
      • Hai numerosas baixas civís.
    • Enumeración: acumulación de substantivos para describir calquera obxecto ou idea
      • Pinos, ríos, arboredas pinares que move o vento
    • Gradación: ordenación dunha serie de palabras de menor a maior orde de importancia ou viceversa
      • Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos
  4. Recursos sintácticos:

    • Hipérbato: consiste en cambiar a orde lóxica das palabras nunha oración.
      • Dos toxales as tenues toxiñas
    • Quiasmo: consiste en cruzar catro elementos (dous dunha clase gramatical e outros dous doutra), deste xeito: ABBA
      • sen corpos tálamo, xardín sen sombra
        • A
        • B
        • B
        • B
    • Asíndeto: supresión intencionada dos nexos.
      • Traballou, aforrou, mercou, vendeu consumiu, informou, cumpriu co preceuto, viviu arredor de si mesmo.
    • Polisíndeto: repetición innecesaria de nexos
      • Teñen gracia e sinxeleza e unha sutil fermosura
    • Anáfora: repetición dunha ou varias palabras no comezo dun verso ou oración
      • Que desgracia tan grande ser poeta, oficio de chorar sin cobrar nada, oficio de cuspir na mar inmensa e de chantar pancartas no deserto.
    • Paralelismo: consiste en enlazar as estrofas de dúas en dúas; así, os versos da segunda estrofa son variantes da primeira; os versos da cuarta son variantes da terceira...
      • Digades, filha, mia filha velida, porque tardaste na fontana fría. -Os amores hei.
        • Digades, filha, mia filha louçana, porque tardaste na fría fontana. -Os amores hei.
          • Tardei, mia madre, na fontana fría, cervos do monte á auga volvían. -Os amores hei.
            • Tardei, mia madre, na fría fontana, cervos do monte volvían á auga. -Os amores hei.

Informationen

Beschreibung
Mindmap am RECURSOS ESTILÍSTICOS, erstellt von María Villar am 18/02/2019.
Erstellt von
María Villar
Aufrufe
78
Bewertung

Feedback

Worum geht es?

Wie gefällt dir das neue Design?

Dein Eindruck