Mapa mental
As vangardas na Literatura galega. (1)
Contenido del mapa
As vangardas na Literatura galega. (1)
Introdución
- Os poetas galegos seguían os distintos ismos, pero procuraban, segundo consello de Risco, non perder a liña propia da idiosincrasia galega.
- O carácter e individualidade das vangardas galegas vén determinado por unha serie de condicionantes:
- o espírito nacionalista herdado das Irmandades,
- a relación con Portugal, Teixeira de Pascoais e o saudosismo.
- os vangardistas galegos non foxen do sentimentalismo e, polo tanto, non se deshumanizan ao xeito dos europeos.
- Relación co Modernismo
- Varios autores como Carballo Calero e González Motín pensan que hai que encadrar a poesía galega de principios do XX dentro do Modernismo.
- Xosé Ramón Pena aínda vai máis alá afirmando que mesmo Curros, Pondal e Rosalía caberían dentro dun Modernismo entendido nun sentido máis amplo, como vehículo de renovación e de ruptura co Romanticismo e o Realismo.
- X. R. Pena afirma ver pegadas do Modernismo tamén en Noriega e en Cabanillas
- Dúas tendencias en Galicia (segundo X. R. Pena).
- sen romper totalmente coa liña poética existente en Galicia
- Bouza Brey e o neotrobadorismo ou neopopulismo
- o hilozoísmo de Amado Carballo
- segue totalmente as tradicións europeas rompendo coa galega
- seguida por Manuel Antonio, adoptando as pautas do creacionismo
- Tamén na obra de Cunqueiro ( o cubismo, o superrealismo, o dadaísmo).
- Dependendo da acepción que se faga das vangardas poderase considerar que temos poeta e medio (Manuel Antonio e parte da obra de Cunqueiro) ou moitos poetas, os chamados novecentistas ou Xeración do 25, que correron por distintos carreiros no campo das vangardas: neotrobadorismo e hilozoísmo.
- sen romper totalmente coa liña poética existente en Galicia
As vangardas (1)
- Neotrobadorismo.
- Orixe
- Coñécense os cancioneiros medievais coa edición de J. J. Nunes, en 1928, das cantigas de amigo e de amor
- Relacionouse co Neopopularismo de Lorca e Alberti. A xeración do 27 volta aos ritmos populares de cancioneiro de man de Gil Vicente.
- Cronoloxía
- Comeza con Bouza Brey, Nao senlleira, 1933 e remata coa obra de Álvarez Blanquez, Cancioneiro de Monfero, 1953
- Características
- Non se calcaron os modelos medievais, senón que se adoptou unha identificación coa estética sinxela e coa poesía virxe.
- Caracterízase pola perfección formal clasicista, que recupera recursos clásicos da lírica dos cancioneiros: paralelismo, refrán e leixaprén.
- Foi un movemento puramente estético, sen unhas pretensións ideolóxicas e temáticas precisas.
- Xurdiu ao redor da figura do catedrático en Santiago J. C. Valledor e adquirirá un grande número de seguidores na preguerra e tamén na posguerra como actitude evasiva ante a realidade bélica.
- Autores
- Fermín Bouza Brey
- Coñece directamente a edición dos cancioneiros e estivo en contacto co Seminario de Estudos Galegos.
- Características da obra
- Achéganlles ás vellas cantigas un matiz de modernidade, así non serán tan arcaizantes, sen que poidamos encadralo plenamente nas vangardas.
- Os seus poemas son textos moi traballados e extremadamente formalistas.
- Emprega satisfactoriamente os recursos coñecidos: paralelismo, leixaprén, refrán..., pero que están moi lonxe da técnica innovadora que pretendía para a súa poesía
- hai métrica variada
- A lingua é moi coidada: restaura formas antigas, e mesmo a grafía.
- Obras
- Nao senlleira (1933)
- Vai máis alá dunha reprodución arqueolóxica das cantigas medievais
- A temática non queda no amor cortés ou na amiga abandonada polo amigo
- Introdución de novos temas
- a melancolía
- a liberdade,
- o amor a Galiza,
- a ledicia do namorado
- A paisaxe segue a ser o elemento catalizador dos sentimentos
- o mar, moi presente, é máis íntimo, e non separa aos amantes, como na cantiga de amigo.
- Introdución de novos temas
- Seitura.-
- Libro de posguerra, no que se expresa a plenitude do dominio do verso pero tamén certo cansazo, segundo Carballo Calero
- xa se publicaran moitas obras deste tipo e a súa poesía chega a destempo.
- libro menos preocupado pola imaxe, e máis humano e melancólico
- Nao senlleira (1933)
- Álvaro Cunqueiro
- Cantiga nova que se chama riveira
- Dona de corpo delgado
- Herba de aquí e de acolá
- Filgueira Valverde
- Publicou a obra titulada 6 canciones de amor “in modo antico”
- ten cantigas que se sitúan nun santuario ao estilo de Martín Códax
- poemas reproducidos case de xeito arqueolóxico da “forma inmovil”
- Publicou a obra titulada 6 canciones de amor “in modo antico”
- Carballo Calero
- Na súa primeira obra Vieiros atópase o poema “cantigas de amor lonxano”, claramente de tendencia neotrobadoresca.
- Outros autores
- X. Díaz Jácome
- Emilio Pita
- Aquilino Iglesia Alvariño
- Emilio Álvarez Blázquez
- Cancioneiro de Monfero
- difundida como un auténtico e verdadeiro cancioneiro medieval.
- O seu autor confirma que o atopou asinado por Fr. Román Pazos en 1671, escrito en tres follas de pergamiño.
- Trátase dun conxunto de 8 poemas de amor, amigo e escarnio.
- Moi boa técnica
- Segundo algúns críticos, con esta obra ridiculízase a técnica mimética e ponse punto final á corrente neotrobadoresca
- Cancioneiro de Monfero
- Fermín Bouza Brey
- Orixe
- Neotrobadorismo.
Información
- Descripción
- Esquema do tema 60 (temario lingua galega e literatura). As vangardas na literatura galega. Primeira parte (Conceptos xerais e Neotrobadorismo)
- Creado por
- Miguel Lamelas
- Visitas
- 240
- Etiquetas
- Valoración