¡GoConqr estrena diseño! Cuéntanos qué te parece.

Mapa mental

As vangardas na literatura galega (2). Hilozoísmo. Amado Carballo.

Miguel Lamelas Oposicións ESO Lingua galega e literatura Oposición Español 5,0Valoración media 5,0 de 5 (1 valoración)

Contenido del mapa

As vangardas na literatura galega (2). Hilozoísmo. Amado Carballo.

  1. Principal representante

    • Luís Amado Carballo (1901-19279
  2. Características

    • A imaxe é o elemento máis importante. Unha imaxe por si mesma xustifica un poema.
    • Asume a tradicion paisaxística do XIX (Rosalía) e tamén dos autores de comezos do XX (Noriega), combinada coas imaxes e metáforas propias das vangardas
    • Poesía sensual na que predominan as sensacións, sobre todo as percibidas pola vista e oído, pero calquera dos sentidos pode servir ao poeta para o seu propósito.
    • Métrica sinxela de inspiración popular: predominio do octosílabo e da rima asonante
  3. Tres denominacións

    • Hilozoísmo ou animismo
      • debido á case continua personificación da paisaxe
    • Imaxinismo
      • polo uso de imaxes plásticas e gozosas, encadeadas.
  4. Influencias

    • Ultraísmo
      • A imaxe como motor do poema
    • Modernismo
      • volta á natureza, á paisaxe, ás cores e aos sons.
  5. Continuadores

    • O Hilozoísmo e Amado tiveron moita influencia en autores posteriores pero tamén nos contemporáneos
      • Blanco Amor
      • Augusto César
      • Euxenio Montes
      • Xulio Siguenza
      • Álvarez Blázquez
      • Iglesia Alvariño
      • Ánxel Sevillano
  6. Luís Amado Carballo (PONTEVEDRA 1901-1027)

    • Datos biográficos
      • Mestre e xornalista
    • Características da súa obra
      • Poesía especializada na paisaxe das terrras de Lérez, de forma humanizada.
      • Combina elementos autitivos e visuais (imaxes e sons)
      • Aparece con maior frecuencia o campo que a mariña
      • Na súa poesía non hai presenza do elemento humano, pero a natureza aparece humanizada.
      • O impresionismo descritivo, a riqueza cromática e o sensorialismo lúdico son trazos de vangarda
      • Malia o impresionismo, a estrutura é complexa
      • Conservador na métrica (predominio de versos asonantes de arte menor)
      • O seu gusto pola metáfora é un trazo de orixe ultraísta. En ocasións é o centro do poema. Outras veces máis tradicionalista, como Noriega
      • Brevidade, riqueza imaxiniste einstantaneísmo vencellado ao ultraísmo
      • A sensorialidade é a característica máis salientable. Fala aos sentidos, non ao entendemento
      • Non podemos falar da supresión do sentimento que caracteriza ás vangardas, quizais pola influencia do saudosismo. En Amado aparecen sentimentos pero que moitas veces son só sensacións, viasuais ou auditivas
    • Obras
      • poesía
        • Proel, 1927
        • O galo, 1928 (póstuma)
      • prosa
        • Malíaxe, 1922
          • Carácter bastante pueril. Galego moi forzado e diferencialista
        • Os pobres de Deus, 1925
          • Novela que transcorre nun asilo entre anciáns que pasan os días e lembran con nostalxia os tempos pasados
          • Protagonizada por Pedro Lueiro, perdidos os bens nun preito de foros, houbo de ingresar no asilo. Desde ese día manifesta a súa xenreira pola felicidade dos que viven fóra
          • Coprotagonista é o único residente co que Pedro sente afinidade, Cibrán do Estevo, antigo patrón dun bergantín.
          • A historia ten certos trazos himorísticos
  7. Precedentes máis inmediatos do hilozoísmo

    • J. Bautista Andrade, co que algúns críticos sinalan proximidade e mesmo calcos
    • a lírica paisaxística de Cabanillas e Noriega
    • Rosalía
    • A lírica medieval galego portuguesa

Información

Descripción
Oposición Oposicións ESO Lingua galega e literatura Mapa Mental sobre As vangardas na literatura galega (2). Hilozoísmo. Amado Carballo., creado por Miguel Lamelas el 04/01/2018.
Creado por
Miguel Lamelas
Visitas
253
Valoración
Valoración media 5,0 de 5 (1 valoración)

Escríbenos

¿Sobre qué es tu mensaje?

¿Qué te parece el nuevo diseño?

¿Te gusta?