Apuntes
ETIQUETAS
Contenido del apunte (1)
Página 1
ETIQUETAS
O consumo responsable non é só consumir menos e mellor. Por consumo responsable entendemos a elección dos produtos e servizos non só en base a súa calidade e prezo, senón tamén polo seu impacto ambiental e pola conduta das empresas que os elaboran.
Os consumidores somos responsables dos impactos que os produtos que consumimos teñen, unha das bases da consumo responsable é o coñecemento. As características dos produtos que consumimos poden consultarse nas etiquetas dos mesmos.
Lectura de etiquetas
Todos os alimentos deben ir provistos de certa información elemental que nos permita coñecer con precisión o que comemos.
- O nome do alimento.
- A cantidade de alimento, é dicir, canto pesa se é sólido, ou que volume ten se é líquido.
- Lista de ingredientes.
- Información nutricional, cales son os nutrientes que contén e en que cantidade. Tamén se indican as calorías que achega ese alimento, que nos informa da enerxía que obtemos del.
Datas de caducidade ou consumo preferente. A data de caducidade emprégase en alimentos perecedoiros polo que despois desa data pode ser perigoso consumilos. Na etiqueta indica Data de caducidade... A data de consumo preferente emprégase en produtos non perecedoiros. Despois desa data os alimentos poderían consumirse, aínda que é posible que xa non se atopen nas mellores condicións de calidade. A data de consumo preferente está precedida do texto Consumir preferentemente antes de ...
- Como se debe conservar, por exemplo en frigorífico, en lugares secos, afastado da luz... É importante seguir estas indicacións, especialmente no caso de produtos perecedoiros.
- Nome da empresa que o fabricou.
- Cal é o lugar de orixe do alimento.
- Algunhas etiquetas tamén dan consellos de como empregar os alimentos.
- As etiquetas tamén teñen unha identificación da empresa que envasa o alimento e do lote ao pertence o mesmo. Un lote é un conxunto de produtos que foron elaborados en condicións idénticas.
Información
- Descripción
- Quinto Ciencias Naturales Apunte sobre ETIQUETAS, creado por José Raúl Cabaleiro González el 21/04/2020.
- Creado por
- José Raúl Cabaleiro González · abr 2020
- Actualizado
- 23 abr 2020
- Visitas
- 114
- Valoración