Apuntes
RECITAL GALEGO con TEXTO, AUDIO y VÍDEO...
Contenido del apunte (8)
Página 1
Campanas de BASTABALES, de Rosalía de Castro ...
Campanas de Bastabales, / cando vos oio tocar, / mórrome de soidades.
Cando vos oio tocar, / campaniñas, campaniñas, / sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio, / penso que por min chamades / e das entrañas me doio.
Dóiome de dór ferida, / que antes tiña vida enteira / e hoxe teño media vida.
Sóio media me deixaron / os que de aló me trouxeron, / os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores, / ¡ai!, uns amores toliños, / ¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron, / as soidades viñeron: / de pena me consumiron.
Campanas de Bastabales, / cando vos oio tocar, / mórrome de soidades.
https://youtu.be/E9vn8nEdI3g (Enclavar)
Página 2
ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES..., de Rosalía de Castro.
... [Adios, ríos; adios, fontes; / adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos: / non sei cando nos veremos.]
... Miña terra, miña terra, / terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto, / figueiriñas que prantei.
... Prados, ríos, arboredas, / pinares que move o vento,
paxariños piadores, / casiña do meu contento.
... Muíño dos castañares, / noites craras de luar;
campaniñas timbradoras / da igrexiña do lugar.
... Amoriñas das silveiras / que eu lle daba ó meu amor;
caminiños antre o millo, / ¡adios, para sempre adios!
... ¡Adios groria! ¡Adios contento! / ¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo / por un mundo que non vin!
... Deixo amigos por estraños, / deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero... / ¡Quen puidera non deixar!...
... Adios, adios, que me vou, / herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou, / herbiñas que biquei tanto, / terriña que nos criou.
... Xa se oien lonxe, moi lonxe, / as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño, / nunca máis han de tocar.
... Xa se oien lonxe, máis lonxe... / Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo... / Miña terra, ¡adios!, ¡adios!
... ¡Adios tamén, queridiña!... / ¡Adios por sempre quizais!...
Dígoche este adios chorando / desde a beiriña do mar.
... Non me olvides, queridiña, / si morro de soidás...
Tantas légoas mar adentro... / ¡Miña casiña!, ¡meu lar! [D.C.]
https://youtu.be/XmZMWldLk6k (Enclavar)
Página 3
HIMNO de GALICIA...
Os Pinos
¿Qué din os rumorosos / na costa verdecente
ao raio transparente / do prácido luar?
¿Qué din as altas copas / de escuro arume arpado
co seu ben compasado / monótono fungar?Do teu verdor cinguido / e de benignos astros
confín dos verdes castros / e valeroso chan,
non des a esquecemento / da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono / fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos / a nosa voz entenden
e con arroubo atenden / o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes / e féridos e duros,
imbéciles e escuros / non nos entenden, non.
Os tempos son chegados / dos bardos das edades
que as vosas vaguedades / cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante / a nosa voz pregoa
a redenzón da boa / nazón de Breogán.
... ... ... Eduardo Pondal / Pascual Veiga.
https://youtu.be/hmXAB9rvFWE (Enclavar)
https://youtu.be/zytLUE--FVE (Enclavar)
Página 4
NEGRA SOMBRA, de Rosalía de Castro...
... Cando penso que te fuches, / negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales / tornas facéndome mofa.
... Cando maxino que es ida / no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila / i eres o vento que zoa.
... Si cantan, es ti que cantas, / si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río / i es a noite i es a aurora.
... En todo estás e ti es todo, / pra min i en min mesma moras
nin me dexarás nunca, / sombra que sempre me asombras.
... ... ... ... ... Por Carlos Núñez e Luz Casal.
https://youtu.be/gdnVZE5I8Os (Enclavar)
Página 5
A RIANXEIRA...
ESTRIBILLO:
Ondiñas veñen, (bis)
ondiñas veñen e van;
non te embarques rianxeira
que te vas a marear. (bis)
A virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo, (bis)
a barquiña que a leva
era de pau de laranxo. (bis)
ESTRIBILLO...
A virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira, (bis)
descalciña pola area
parece unha rianxeira. (bis)
ESTRIBILLO...
... ... Popular De Galicia.
https://youtu.be/kMn0noOnZ2c (Enclavar)
Página 6
Catro VELLOS MARIÑEIROS ...
Catro vellos mariñeiros, [bis]
todos metidos nun bote;
boga, boga, mariñeiro,
vamos pra Viveiro,
xa se ve San Roque. [bis]
Aila leelo, ailala leelo, ailala leelo, ailalalá,
aila leelo, ailala leelo, ailala leelo, ailalalá,
aila leelo, ailala leelo, ailala leelo, ailalalá.
Os mariñeiros traballan [bis]
de noite coa luz da lúa;
dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. [bis]
Aila leelo...
Traio sardiña e bocarte, [bis]
tamén xurelo pequeno.
Rapaciña de Viveiro,
ven buscar o lote
do teu mariñeiro. [bis]
Aila leelo...
https://youtu.be/I9GsCgslvs4 (Enclavar)
Página 7
ARRIBADA ...
Arribada da Carabela A Pinta a Baiona A Real (Pontevedra)
o 1 de marzo de 1493: Primeira noticia do
DESCUBRIMENTO de AMÉRICA.
Bayoneses, forasteros, . . . . . . . . . . .E porque estos marineros
con asombro e con placer . . . . . . . han tornado vencedores,
acabáis de conocer . . . . . . . . . . . . . recibir sean con honores,
como aquestos marineros . . . . . . . cual hidalgos cabelleros,
han vencido al mar ignoto . . . . . . . e a su paso han redoblar
en las Indias descubierto . . . . . . . . las campanas del convento,
por destreza a fe ya cierto . . . . . . . proclamando el nascimento
de Pinzón e su piloto. . . . . . . . . . . . de otro mundo, allende el mar.
E presto la real villa . . . . . . . . . . . . . [Y anunciando con el viento
anunciara tal hazaña . . . . . . . . . . . que a Bayona de Galicia
a nuestra reina de España, . . . . . . ha arribado la noticia
doña Isabel de Castilla. . . . . . . . . . del mayor descubrimiento.] [BIS]
https://youtu.be/W3RokZWMGAk?t=26m38s (Enclavar)
Página 8
C A R O L I N A ...
Fuxan os Ventos -Carolina (Enclavar)

Información
- Descripción
- RECITAL en GALEGO ...
- Creado por
- Ulises Yo · jun 2016
- Actualizado
- 9 abr 2022
- Visitas
- 184
- Etiquetas
- Valoración