RECOÑECEMENTO EXPERIENCIA PROFESIONAL

Silvia Belmonte1904
Mind Map by Silvia Belmonte1904, updated more than 1 year ago
Silvia Belmonte1904
Created by Silvia Belmonte1904 about 6 years ago
214
0

Description

TAREFA DO CURSO DFE 2015 #dfeourense15 SILVIA-TATIANA

Resource summary

RECOÑECEMENTO EXPERIENCIA PROFESIONAL
  1. Para que é o recoñecemento
    1. Para que as persoas que teñen experiencia e/ou formación non oficial, a través dun proceso de asesoramento e avaliación, poidan obter unha acreditación oficial, de ámbito estatal, con efectos:
      1. Profesionais: acceso e promoción no emprego
        1. Académicos: validación de módulos da FP inicial e/ou da FP para o emprego (desempregados e ocupados).
      2. Quen pode obter o recoñecemento
        1. Nacionalidade española, residente comunitario ou autorización de residencia
          1. Experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias que se queren acreditar:
            1. Experiencia laboral:
              1. 18 anos cumpridos, nas unidades de competencia de cualificacións de nivel I, e 20 anos para o nivel II e III.
                1. Para Unidades de competencia de nivel II e III, 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas nos últimos 10 anos.
                  1. Para unidades de competencia de nivel I, 2 anos de experiencia laboral e mínimo de 1.200 horas.
                    1. Formación:
                      1. nivel II e III, mínimo 300 horas nos últimos 10 anos.
                        1. Para de nivel I, mínimo 200 horas nos últimos dez anos.
                          1. Por unidades de competencia: a duración establecida no módulo formativo asociado a unidade de competencia
                          2. Como obter o recoñecemento
                            1. É necesario inscribirse no procedemento de recoñecemento da competencia profesional: Tras a publicación da convocatoria no DOG e no BOE, as persoas interesadas deberán presentar solicitude, no prazo indicado, acompañada do seu currículo (modelo europeo) e toda documentación xustificativa da súa experiencia e/ou formación. Poderán presentar esta documentación en calquera oficina de rexistro da Xunta de Galicia, do Portelo Único ou por calquera das formas previstas na Lei de procedemento administrativo.
                            2. FASES
                              1. AVALIACIÓN
                                1. FIN: Comprobar a competencia profesional das persoas.
                                  1. COMO: A través de distintos métodos e actividades de avaliación, que poderán ser: entrevistas profesionais, simulacións, probas de competencia, observación no posto de traballo, etc.
                                    1. A QUEN: Ás persoas que, tras o asesoramento, decidan pasar á fase de avaliación.
                                      1. POR QUEN: Unha comisión de avaliación, de polo menos 5 persoas, expertos profesionais ou docentes na materia.
                                        1. ONDE: Nos centros de formación ou empresas que se determinen.
                                          1. RESULTADO: A comisión comunicaralle a cada candidato os resultados da avaliación (competencia demostrada ou non demostrada) e un plan de formación.
                                          2. ASESORAMENTO
                                            1. FIN: Axudarlles ás persoas a autoavaliar a súa competencia e completar o seu historial profesional e formativo.
                                              1. COMO: Haberá unha reunión grupal e entrevistas individuais.
                                                1. A QUEN: Ás persoas que fosen admitidas no procedemento.
                                                  1. POR QUEN: Un asesor, que será un experto profesional ou docente na materia.
                                                    1. ONDE: Nos centros que se indicarán na convocatoria.
                                                      1. RESULTADO: O asesor proporcionaralle a cada persoa un informe orientativo e, de ser o caso, un plan de formación.
                                                      2. ACREDITACIÓN
                                                        1. FIN: Recoñecer, mediante un documento oficial, os coñecementos e capacidades das persoas
                                                          1. COMO : A Administración expediralle a cada persoa unha acreditación parcial acumulable da/s unidade/s de competencia superadas.
                                                            1. A QUEN: Ás persoas que obtiveron avaliación positiva.
                                                              1. POR QUEN: Por parte das consellerías de Traballo e Benestar e de Educación e Ordenación Universitaria.
                                                                1. RESULTADO: Acreditación das unidades de competencia e posibilidade de completar un certificado de profesionalidade e/ou un título de FP.
                                                              2. ONDE OBTER INFORMACIÓN e ORIENTACIÓN xeral sobre o procedemento: fases, requisitos, documentación, calendarios, sedes, etc.
                                                                1. Nas oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.
                                                                  1. Nos centros integrados de Formación Profesional e nos centros de referencia nacional.
                                                                    1. Nos centros propios da Consellería de Traballo e Benestar e nos centros públicos de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
                                                                      1. Na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar: http://traballoebenestar.xunta.es
                                                                        1. No Instituto Galego das Cualificacións, tel.: 981 546 840
                                                                        Show full summary Hide full summary

                                                                        Similar

                                                                        Los tipos de Emprendedores Existentes
                                                                        Laura -
                                                                        8 claves para el éxito personal y profesional
                                                                        ke logz
                                                                        Etica profesional
                                                                        Yeni Cruz
                                                                        Los tipos de Emprendedores Existentes
                                                                        Alonso Gonzalez
                                                                        Ética y Moral
                                                                        Fer Granados
                                                                        PROBLEMA DEL CONCIMIENTO
                                                                        durant curry
                                                                        ÉTICA
                                                                        durant curry
                                                                        Vocabulario Inglés: La Bolsa
                                                                        Diego Santos
                                                                        8 claves para el éxito personal y profesional
                                                                        Jennifer Bermúdez
                                                                        Practica de examen etica profesional
                                                                        diego.veliz.mars
                                                                        Etica Profesional
                                                                        Hafid Gordillo