Legislación de la Orientación Educativa en Galicia II: Medidas de atención a la diversidad

Lara Rodríguez
Note by Lara Rodríguez, updated more than 1 year ago
Lara Rodríguez
Created by Lara Rodríguez over 4 years ago
24
0

Description

En este documento se aportan los artículos específicos, junto con enlaces a los decretos y órdenes correspondientes, que regulan la atención a la diversidad en el ámbito de Educación Secundaria Obligatoria en Galicia.

Resource summary

Page 1

BLOQUE II. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 1. CONCEPTO DE MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 2. MEDIDAS DE ÁMBITO CURRICULAR 2.1. MEDIDAS ORDINARIAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 2.1.1. CONTEXTO LEGAL 2.1.2. AUTORIZACIÓN 2.1.3. CONCEPTO 2.1.4. TIPOS DE MEDIDAS ORDINARIAS 2.2. MEDIDAS EXTRAORDINARIAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 2.2.1. AUTORIZACIÓN 2.2.2. CONCEPTO 2.2.3. TIPOS DE MEDIDAS EXTRAORDINARIAS 3. SITUACIÓNS NO CONTEXTO DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 4. FONTES DE INFORMACIÓN 1. CONCEPTO DE MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Artigo 7 (Decreto 229/2011) No marco deste decreto, enténdese por medidas de atención á diversidade aquelas actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axusta­da ás necesidades educativas do alumnado. Estas medidas clasifícanse en ordinarias e extraordinarias e estarán recollidas no Plan Xeral de Atención á Diversidade e nas concre­cións anuais de dito plan. 2. MEDIDAS DE ÁMBITO CURRICULAR 2.1. MEDIDAS ORDINARIAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 2.1.1. CONTEXTO LEGAL O contexto legal é o Decreto 229/2011. 2.1.2. AUTORIZACIÓN Á hora de aplicar medidas ordinarias de atención á diversidade non se precisa ningún tipo de autorización (esto implica que, por exemplo, os pais ou tutores teñen que ser informados, pero non é necesario que den a súa autorización). 2.1.3 CONCEPTO Artigo 8 (Decreto 229/2011) 1. No marco deste decreto, considéranse medidas ordinarias de atención á diversidade todas aquelas que faciliten a adecuación do currículo prescritivo, sen alteración significa­tiva dos seus obxectivos, contidos e criterios de avaliación, ao contexto sociocultural dos centros educativos e ás características do alumnado. Estas medidas teñen como finalidade dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación, intereses, relación so­cial, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe, e están destinadas a facilitar a consecu­ción dos obxectivos e competencias establecidas nas diferentes ensinanzas 2.1.4. TIPOS DE MEDIDAS ORDINARIAS Artigo 8 (Decreto 229/2011) 2. Sen prexuízo do establecido na normativa reguladora de cada etapa ou ensinanza, entre as medidas ordinarias de atención á diversidade inclúense: a) Adecuación da estrutura organizativa do centro (horarios, agrupamentos, espazos) e da organización e xestión da aula ás características do alumnado. b) Adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao alumnado c) Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, aprendizaxe por proxectos e outras que promovan a inclusión. d) Adaptación dos tempos e instrumentos ou procedementos de avaliación. e) Aulas de atención educativa e convivencia e medidas e actuacións destinadas á me­llora da convivencia. f) Desdobramentos de grupos. g) Reforzo educativo e apoio do profesorado con dispoñibilidade horaria. h) Programas de enriquecemento curricular. i) Programas de reforzo nas áreas instrumentais básicas. j) Programas de recuperación. k) Programas específicos personalizados. l) Programas de habilidades sociais. 2.2. MEDIDAS EXTRAORDINARIAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE A partir do Decreto 229/2011 comezan a enriquecerse as medidas de atención á diversidade. Ata ese momento, as adaptacións eran exclusivamente curriculares, e tras publicarse este Decreto, empezan a terse en conta situacións que non pertencen estrictamente ao ámbito do curricular. Todo o referente ás medidas extraordinarias de atención á diversidade extráese do Artigo 9 (Decreto 220/2011). 2.2.1. AUTORIZACIÓN Para a aplicación das medidas extraordinarias será necesaria a autorización da direc­ción do centro educativo, do Servizo de Inspección Educativa, da xefatura territorial ou da dirección xeral que proceda, e, se é o caso, informe xustificativo do correspondente Servizo de Orientación. 2.2.2. CONCEPTO No marco deste decreto, considéranse medidas extraordinarias de atención á diver­sidade todas aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidade específica de apoio educativo que poden requirir modificacións significativas do currículo ordinario e/ou supoñer cambios esenciais no ámbito organizativo, así como, de ser o caso, nos elementos de acceso ao currículo ou na modalidade de escolarización. Aplicaranse unha vez esgotadas as de carácter ordinario ou por resultaren estas insufi­cientes. 2.2.3. TIPOS DE MEDIDAS EXTRAORDINARIAS Sen prexuízo do establecido na normativa reguladora de cada etapa ou ensinanza e da limitación dalgunha a ensinanzas ou etapas específicas, considéranse medidas extraor­dinarias de atención á diversidade, entre outras, as que seguen: a) Adaptacións curriculares (ver bloque IV) b) Agrupamentos flexibles. c) Apoio do profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica e/ou en Audición e Lin­guaxe. d) Flexibilización da duración do período de escolarización. e) Programas de diversificación curricular (derogados) f) Programas de cualificación profesional inicial (derogados) g) Atención educativa ao alumnado que, por circunstancias diversas, presenta dificulta­des para unha asistencia continuada a un centro educativo. h) Grupos de adquisición das linguas. i) Grupos de adaptación da competencia curricular. 3. SITUACIÓNS NO CONTEXTO DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Ademais dos citados anteriormente, existen máis supostos nos que se precisan medidas de atención á diversidade, reflectidos no Decreto 229/2011 da seguinte maneira: Artigo 22. Absentismo, abandono escolar temperán e desescolarización (ver bloque VI) Artigo 23. Mecanismos de prevención, seguimento e control. Artigo 24. Plan autonómico de promoción da escolarización e da formación. Artigo 25. Atención educativa hospitalaria e domiciliaria Artigo 26. Alumnado menor sometido a medidas de responsabilidade penal. Artigo 27. Alumnado sometido a medidas de protección e tutela. Artigo 28. Alumnado afectado por medidas de violencia de xénero e/ou acoso escolar (ver bloque V) Artigo 29. Alumnado pertencente a familias itinerantes. Artigo 30. Alumnado procedente do estranxeiro. Artigo 31. Atención educativa a mozas embarazadas. 4. FONTES DE INFORMACIÓN DECRETO 229/2011: Artigos 7º, 8º, 9º, 22º, 23º, 24º, 25º, 26º, 27º, 28º, 29º, 30º e 31º.

Show full summary Hide full summary

Similar

Legislación de la Orientación Educativa en Galicia I: Concepto y Organización del Servicio de Orientación
Lara Rodríguez
Temario de la especialidad de Orientación Educativa (Galicia)
Lara Rodríguez
Legislación de la Orientación Educativa en Galicia I: Concepto y Organización del Servicio de Orientación
Tania Yadira Pinzón Durán
FGM-11. DERECHOS Y DEBERES DE LOS MIEMBROS DE LAS FUERZAS ARMADAS
antonio del valle
FGM-6. RÉGIMEN INTERIOR DEL ET.
antonio del valle
FGM-8. RÉGIMEN DISCIPLINARIO DE LAS FUERZAS ARMADAS
antonio del valle
FGM-2 LA DEFENSA NACIONAL: ORGANIZACIÓN BÁSICA Y OBJETIVOS
antonio del valle
FGM-1. ORDENAMIENTO CONSTITUCIONAL Y FUERZAS ARMADAS
antonio del valle
FGM-9. CÓDIGO PENAL MILITAR
antonio del valle
Constitución Española
A. kipchoge
Constitución Española
Javier Salgado V