O GoConqr está de visual novo! Conte para nós o que você achou.

Notas

Legislación de la Orientación Educativa en Galicia II: Medidas de atención a la diversidad

Lara Rodríguez Profesores de Educación Secundaria y FP A1 Espanhol 1 página

Conteúdo das notas (1)

Página 1

BLOQUE II. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á

DIVERSIDADE

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

1. CONCEPTO DE MEDIDAS DE

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

2. MEDIDAS DE ÁMBITO CURRICULAR

2.1.

MEDIDAS ORDINARIAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

2.1.1. CONTEXTO LEGAL

2.1.2. AUTORIZACIÓN

2.1.3. CONCEPTO

2.1.4. TIPOS DE MEDIDAS ORDINARIAS

2.2.

MEDIDAS EXTRAORDINARIAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

2.2.1. AUTORIZACIÓN

2.2.2. CONCEPTO

2.2.3. TIPOS DE MEDIDAS

EXTRAORDINARIAS

3. SITUACIÓNS NO CONTEXTO DE ATENCIÓN Á

DIVERSIDADE

4. FONTES DE INFORMACIÓN

1.

CONCEPTO DE MEDIDAS DE

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Artigo 7 (Decreto

229/2011)

No marco deste decreto,

enténdese por medidas de atención á diversidade aquelas actuacións, estratexias

e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axusta­da ás necesidades

educativas do alumnado. Estas medidas clasifícanse en ordinarias e

extraordinarias e estarán recollidas no Plan Xeral de Atención á Diversidade e

nas concre­cións anuais de dito plan.

2. MEDIDAS DE ÁMBITO CURRICULAR

2.1. MEDIDAS ORDINARIAS DE ATENCIÓN Á

DIVERSIDADE

2.1.1.

CONTEXTO

LEGAL

O contexto legal é o Decreto

229/2011.

2.1.2.

AUTORIZACIÓN

Á hora de aplicar medidas ordinarias de

atención á diversidade non se precisa ningún tipo de autorización (esto implica

que, por exemplo, os pais ou tutores teñen que ser informados, pero non é

necesario que den a súa autorización).

2.1.3

CONCEPTO

Artigo 8 (Decreto 229/2011)

1.

No marco deste decreto, considéranse medidas ordinarias de atención á

diversidade todas aquelas que faciliten a adecuación

do currículo prescritivo, sen alteración significa­tiva dos seus obxectivos,

contidos e criterios de avaliación, ao contexto sociocultural dos centros

educativos e ás características do alumnado. Estas medidas teñen como

finalidade dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación,

intereses, relación so­cial, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe, e

están destinadas a facilitar a consecu­ción dos obxectivos e competencias

establecidas nas diferentes ensinanzas

2.1.4.

TIPOS

DE MEDIDAS ORDINARIAS

Artigo 8 (Decreto

229/2011)

2.

Sen prexuízo do establecido na normativa reguladora de cada etapa ou ensinanza,

entre as medidas ordinarias de atención á diversidade inclúense:

a) Adecuación da estrutura organizativa do centro (horarios,

agrupamentos, espazos) e da organización e xestión da aula ás características

do alumnado.

b) Adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao

alumnado

c)

Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría

entre iguais, aprendizaxe por proxectos e outras que promovan a inclusión.

d) Adaptación dos tempos e instrumentos ou procedementos de

avaliación.

e) Aulas de atención educativa e convivencia e medidas e

actuacións destinadas á me­llora da convivencia.

f) Desdobramentos de grupos.

g) Reforzo educativo e apoio do profesorado con dispoñibilidade

horaria.

h) Programas de enriquecemento curricular.

i) Programas de reforzo nas áreas instrumentais básicas.

j) Programas de recuperación.

k) Programas específicos personalizados.

l) Programas de habilidades sociais.

2.2. MEDIDAS EXTRAORDINARIAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A partir do Decreto 229/2011 comezan a

enriquecerse as medidas de atención á diversidade. Ata ese momento, as

adaptacións eran exclusivamente curriculares, e tras publicarse este Decreto,

empezan a terse en conta situacións que non pertencen estrictamente ao ámbito

do curricular.

Todo o referente ás medidas

extraordinarias de atención á diversidade extráese do Artigo 9 (Decreto 220/2011).

2.2.1.

AUTORIZACIÓN

Para a aplicación das medidas

extraordinarias será necesaria a autorización da direc­ción do centro

educativo, do Servizo de Inspección Educativa, da xefatura territorial ou da

dirección xeral que proceda, e, se é o caso, informe xustificativo do

correspondente Servizo de Orientación.

2.2.2.

CONCEPTO

No marco deste decreto,

considéranse medidas extraordinarias de atención á diver­sidade todas aquelas

dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidade

específica de apoio educativo que poden requirir modificacións significativas

do currículo ordinario e/ou supoñer cambios esenciais no ámbito organizativo,

así como, de ser o caso, nos elementos de acceso ao currículo ou na modalidade

de escolarización. Aplicaranse unha vez esgotadas as de carácter ordinario ou

por resultaren estas insufi­cientes.

2.2.3.

TIPOS

DE MEDIDAS EXTRAORDINARIAS

Sen

prexuízo do establecido na normativa reguladora de cada etapa ou ensinanza e da

limitación dalgunha a ensinanzas ou etapas específicas, considéranse medidas

extraor­dinarias de atención á diversidade, entre outras, as que seguen:

a) Adaptacións curriculares (ver

bloque IV)

b) Agrupamentos flexibles.

c) Apoio do profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica e/ou

en Audición e Lin­guaxe.

d) Flexibilización da duración do período de escolarización.

e) Programas de diversificación curricular (derogados)

f) Programas de cualificación profesional inicial (derogados)

g) Atención educativa ao alumnado que, por circunstancias

diversas, presenta dificulta­des para unha asistencia continuada a un centro

educativo.

h) Grupos de adquisición das linguas.

i) Grupos de adaptación da competencia curricular.

3.

SITUACIÓNS NO CONTEXTO DE

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Ademais dos

citados anteriormente, existen máis supostos nos que se precisan medidas de

atención á diversidade, reflectidos no Decreto

229/2011 da seguinte maneira:

Artigo 22. Absentismo,

abandono escolar temperán e desescolarización (ver bloque VI)

Artigo 23. Mecanismos

de prevención, seguimento e control.

Artigo 24. Plan

autonómico de promoción da escolarización e da formación.

Artigo 25. Atención

educativa hospitalaria e domiciliaria

Artigo 26. Alumnado

menor sometido a medidas de responsabilidade penal.

Artigo 27. Alumnado

sometido a medidas de protección e tutela.

Artigo 28. Alumnado

afectado por medidas de violencia de xénero e/ou acoso escolar (ver bloque V)

Artigo 29. Alumnado

pertencente a familias itinerantes.

Artigo 30. Alumnado

procedente do estranxeiro.

Artigo 31. Atención

educativa a mozas embarazadas.

4.

FONTES DE INFORMACIÓN

DECRETO

229/2011: Artigos 7º, 8º, 9º, 22º, 23º, 24º, 25º, 26º, 27º, 28º, 29º, 30º e

31º.

Informações

Descrição
En este documento se aportan los artículos específicos, junto con enlaces a los decretos y órdenes correspondientes, que regulan la atención a la diversidad en el ámbito de Educación Secundaria Obligatoria en Galicia.
Criado por
Lara Rodríguez
Visualizações
99
Avaliação

Fale Conosco

Sobre o que é sua mensagem?

O que você acha do novo visual?

Você gostou?