O GoConqr está de visual novo! Conte para nós o que você achou.

Mapa mental

Literatura Galega

Alejandra Cerviño Barros Espanhol 3,0Avaliação média 3,0 de 5 (1 avaliação)

Conteúdo do mapa

Literatura Galega

  1. Periodización

    • Idade media
      • Desde finais do século XII até finais de século XV
      • Período de explendor (1200-1350)
      • Período de decadencia (1350-1500
    • Idade moderna
      • Séculos Escuros (S.XVI e XVII)
      • Ilustración (S.XVIII)
    • Idade contemporánea
      • Desde o século XIX até a actualidade
      • Predexurdimento (1808-1863)
      • Decadencia finisecular (1891-1915)
      • Preguerra (1916-1936)
      • Literatura de finais do século XX
      • Literatura actual
  2. Xéneros

    • Que é?
      • Son o resultado de constatar a existencia dunha serie de características formais e temáticas comúns a un conxunto de textos literarios.
    • Tipos:
      • Xénero lírico
        • Caracterízase por primar a expresión subxectiva do autor ou da autora, é dicir, o seu modo de ver, sentir e comprender o mundo.
        • Subxéneros
          • Canción
            • Composición poética destinada a ser cantada.
          • Églora
            • Poema lírico en que un grupo de pastores e pastoras falan de amor nun lugar idealizado
          • Elexía
            • Poema lírico cuxo tema é o lamento por unha morte.
          • Epigrama
            • Composición breve de tipo satírico que ten a súa orixe nos textos que na Grecia clásica se escribían nas tumbas.
          • Himno
            • Poema de tema relixioso, patriótico ou deportivo composto para ser cantado en grupo.
          • Oda
            • Composición poética de tema xeralmente serio e elevado.
      • Xénero narrativo
        • O xénero narrativo presenta unha voz narrativa encargada de expor a acción desenvolta por unpersonaxes nun espazo e nun tempo determinados.
        • Subxéreros
          • Conto
            • Texto en prosa que reúne todas as características do xénero narrativo
          • Epopea
            • Composición épica en prosa ou en verso que presenta un heroe ou heroína como protagonista dunha serie de aventuras.
          • Fábula
            • Composición en prosa ou en verso en que os personaxes principais son animais
          • Lenda
            • Texto en prosa, xeralmente breve e anónimo, que recolle elementos fantásticos ou míticos.
          • Novela
            • Obra en prosa de grande extensión que cumpre todas as características propias do xénero narrativo.
      • Xénero dramática
        • O xénero dramático presenta, ao igual que o narrativo, uns/unhas personaxes que actúan nun tempo e nun espazo concretos. Non obstante, o xénero dramático dife- rénciase do narrativo pola utilización do diálogo en lugar da voz narrativa.
        • Subxéneros
          • Comedia
            • Composición teatral que pretende provocar o riso.
          • Entremés
            • Peza teatral breve de ton burlesco e personaxes populares que se intercala nos entreactos de obras máis amplas.
          • Ópera
            • Composición dramática na cal os/as intérpretes cantan o texto en lugar de recitalo.
          • Traxedia
            • Peza longa de ton elevado en que interveñen personaxes obrigados/as a loitar contra o seu destino.
          • Traxicomedia
            • Peza en que se mesturan elementos da comedia e da traxedia.
      • Xénero didáctico
        • Agrúpanse no xénero didáctico aqueles textos en prosa cuxo obxecto é a divulga- ción dun tema concreto.
        • Subxéneros
          • Biografía
            • Texto que recolle os principais acontecementos da vida dunha persoa.
          • Crónica
            • Compilación de feitos presentados cronoloxicamente.
          • Ensaio
            • Estudo científico que analiza ou interpreta un tema concreto.
          • Oratoria
            • Discurso oral caracterizado pola súa elocuencia.
  3. Que é?

    • Está conformada polo conxunto de obras narrativas, líricas e dramáticas escritas en galego

Informações

Descrição
Mapa Mental sobre Literatura Galega, criado por Alejandra Cerviño Barros em 30-10-2017.
Visualizações
26
Avaliação
Avaliação média 3,0 de 5 (1 avaliação)

Fale Conosco

Sobre o que é sua mensagem?

O que você acha do novo visual?

Você gostou?