O GoConqr está de visual novo! Conte para nós o que você achou.

Mapa mental

Tema 2 : Historia da normativización ( Parte 1 )

Yago Pérez Lingua Galega e Literatura 2º de Bachillerato Espanhol

Conteúdo do mapa

Tema 2 : Historia da normativización ( Parte 1 )

  1. 1º Variedade estándar

    • Normativización lingüística
      • A maioría das linguas románicas fixeron este labor durante a Idade Media, cando o galego comezara xa a sufrir o proceso de minorización, era unha lingua desprazada dos usos formais e da escrita polo castelán e só empregada polo pobo como lingua para a comunicación informal oral; polo que a nosa lingua non emprendeu esa tarefa –imprescindíbel para a súa normalización social– ata o s. XIX, cos autores do Rexurdimento.
      • A construción da variedade estándar é o que se coñece co nome de normativización lingüística: proceso de fixación dunhas regras e pautas (unha ortografía, unha ortofonía, unha gramática e un dicionario) que sirvan de modelos cultos a imitar; isto é, establecemento dunha variedade estándar unificada para os usos formais do idioma, habitualmente os usos escritos. Tradicionalmente o proceso de normativización asociase ós usos escritos, pero na actualidades concédese importancia tamén ós orais, sobre todo polo crecemento dos medios audiovisuais.
    • Todas as linguas presentan unha forte tendencia á diversidade, especialmente no plano oral. A existencia dunha variedade estándar ou canon -a que se usa nos ámbitos formais, a que se describe nas gramáticas -contribúe a frear esa dispersión.
  2. 2º Etapas

    • 1º Etapa
      • Viviu primeiro un período medieval de máximo esplendor (séculos XIII-XV), no que a lingua galega (daquela galego-portugués) se empregaba en todos os contextos e funcións, mesmo nos ámbitos administrativo e xudicial e, por suposto, na literatura, chegando a ser unha das linguas internacionais empregadas na lírica trobadoresca.
    • 2º Etapa
      • Comeza logo unha etapa de decadencia que ten o seu inicio na política uniformadora dos Reis Católicos e que se coñece co nome de Séculos Escuros (séculos XVI-XVIII) e na que o castelán lle foi arrebatando ó galego as funcións de prestixio que este lle quitara ó latín.
      • O galego vai ser afastado dos ámbitos formais e do uso escrito (os últimos documentos oficiais escritos na nosa lingua datan do primeiro terzo do século XVI) e a nobreza galega vai ser substituída por outra de fala castelá, co que se vai instalar a concepción do castelán como lingua de poder, que se consolidará coa chegada da dinastía borbónica no século XVIII e a burguesía castelá ó noso territorio.
      • En definitiva, nesta época dáse unha situación de bilingüísmo social co castelán como lingua dominante, pero totalmente minoritaria e o galego como lingua minorizada pero maioritaria entre a poboación máis atrasada económica e culturalmente. Isto provocou a aparición dos prexuízos que xa vimos no tema anterior e que perduran
    • 3º Etapa
      • No século XIX asistimos ó denominado Rexurdimento literario da lingua galega. Hai que ter en conta que os escritores desta época carecían de dicionarios ou gramáticas que fixasen unha norma escrita e mesmo era descoñecida a existencia dunha produción literaria en lingua galega medieval.
      • O labor destes primeiros escritores en lingua galega dobre: por unha banda, a elaboración dun código escrito para a lingua e, pola outra, a creación dunha tradición literaria que outorgase á lingua un estatus máis elevado, o de lingua de produción literaria.
      • Temos que ser conscientes de que a lingua galega, carente de produción escrita e emprego nos ámbitos oficiais desde finais da Idade Media, reducida a unha especie de fala bárbara e inculta, se atopaba no século XIX nun estado de gran fragmentación dialectal. Por iso, os escritores do Rexurdimento botaron man nun primeiro momento do galego que eles coñecían, que non era outro que o galego que se falaba no seu ámbito xeográfico, moi contaminado por elementos do castelán e tamén por distorsións vulgarizantes.
  3. 3º Fases

    • Dialectalismo
      • no que se inclúen os chamados Precursores (Pastor Díaz, Pintos, Añón…) e cuxas obras reflicten o dialecto da súa zona xeográfica.
    • Interdialectalismo
      • que incluiría as obras de Curros e Rosalía, durante o cal os autores, con máis cultura, entran en contacto entre si e asumen na súa produción algunha das formas dos dialectos empregados polos outros escritores.
    • Supradialectalismo
      • Pondal recolle voces doutras linguas para enriquecer o galego e darlle unha forma culta. Nesta última etapa aparecen novos criterios para a creación dunha norma: etimoloxía (isto é, recurso ó latín e á orixe das palabras), lusismos (termos procedentes do portugués), creación de novas palabras, préstamos doutras linguas coma o francés ou o inglés e, finalmente, certa tradición xerada polos autores anteriores e pola aparición dos cancioneiros medievais.
  4. 4º Obras de tipo lingüístico

    •   Ademais da produción literaria, que funciona como primeiro intento de fixación por escrito da lingua, van aparecendo obras de tipo lingüístico para tentar dotar de ferramentas ó idioma.  
    • Diccionarios
      • Diccionario gallego-castellano (1865) de Francisco Xabier Rodríguez
      • Diccionario gallego-castellano (1884) de Marcial Valladares.
    • Gramática Gallega (1868) de Xoán Antonio Saco

Informações

Descrição
2º de Bachillerato Lingua Galega e Literatura (Sociolinguistica) Mapa Mental sobre Tema 2 : Historia da normativización ( Parte 1 ), criado por Yago Pérez em 20-08-2018.
Criado por
Yago Pérez
Visualizações
3
Avaliação

Fale Conosco

Sobre o que é sua mensagem?

O que você acha do novo visual?

Você gostou?