O GoConqr está de visual novo! Conte para nós o que você achou.

Mapa mental

As vangardas na Literatura galega. (1)

Miguel Lamelas Oposicións ESO Lingua galega e literatura Oposición Espanhol

Conteúdo do mapa

As vangardas na Literatura galega. (1)

  1. Introdución

    • Os poetas galegos seguían os distintos ismos, pero procuraban, segundo consello de Risco, non perder a liña propia da idiosincrasia galega.
    • O carácter e individualidade das vangardas galegas vén determinado por unha serie de condicionantes:
      • o espírito nacionalista herdado das Irmandades,
      • a relación con Portugal, Teixeira de Pascoais e o saudosismo.
      • os vangardistas galegos non foxen do sentimentalismo e, polo tanto, non se deshumanizan ao xeito dos europeos.
    • Relación co Modernismo
      • Varios autores como Carballo Calero e González Motín pensan que hai que encadrar a poesía galega de principios do XX dentro do Modernismo.
      • Xosé Ramón Pena aínda vai máis alá afirmando que mesmo Curros, Pondal e Rosalía caberían dentro dun Modernismo entendido nun sentido máis amplo, como vehículo de renovación e de ruptura co Romanticismo e o Realismo.
      • X. R. Pena afirma ver pegadas do Modernismo tamén en Noriega e en Cabanillas
    • Dúas tendencias en Galicia (segundo X. R. Pena).
      • sen romper totalmente coa liña poética existente en Galicia
        • Bouza Brey e o neotrobadorismo ou neopopulismo
        • o hilozoísmo de Amado Carballo
      • segue totalmente as tradicións europeas rompendo coa galega
        • seguida por Manuel Antonio, adoptando as pautas do creacionismo
        • Tamén na obra de Cunqueiro ( o cubismo, o superrealismo, o dadaísmo).
      • Dependendo da acepción que se faga das vangardas poderase considerar que temos poeta e medio (Manuel Antonio e parte da obra de Cunqueiro) ou moitos poetas, os chamados novecentistas ou Xeración do 25, que correron por distintos carreiros no campo das vangardas: neotrobadorismo e hilozoísmo.
  2. As vangardas (1)

    • Neotrobadorismo.
      • Orixe
        • Coñécense os cancioneiros medievais coa edición de J. J. Nunes, en 1928, das cantigas de amigo e de amor
        • Relacionouse co Neopopularismo de Lorca e Alberti. A xeración do 27 volta aos ritmos populares de cancioneiro de man de Gil Vicente.
      • Cronoloxía
        • Comeza con Bouza Brey, Nao senlleira, 1933 e remata coa obra de Álvarez Blanquez, Cancioneiro de Monfero, 1953
      • Características
        • Non se calcaron os modelos medievais, senón que se adoptou unha identificación coa estética sinxela e coa poesía virxe.
        • Caracterízase pola perfección formal clasicista, que recupera recursos clásicos da lírica dos cancioneiros: paralelismo, refrán e leixaprén.
        • Foi un movemento puramente estético, sen unhas pretensións ideolóxicas e temáticas precisas.
        • Xurdiu ao redor da figura do catedrático en Santiago J. C. Valledor e adquirirá un grande número de seguidores na preguerra e tamén na posguerra como actitude evasiva ante a realidade bélica.
      • Autores
        • Fermín Bouza Brey
          • Coñece directamente a edición dos cancioneiros e estivo en contacto co Seminario de Estudos Galegos.
          • Características da obra
            • Achéganlles ás vellas cantigas un matiz de modernidade, así non serán tan arcaizantes, sen que poidamos encadralo plenamente nas vangardas.
            • Os seus poemas son textos moi traballados e extremadamente formalistas.
            • Emprega satisfactoriamente os recursos coñecidos: paralelismo, leixaprén, refrán..., pero que están moi lonxe da técnica innovadora que pretendía para a súa poesía
            • hai métrica variada
            • A lingua é moi coidada: restaura formas antigas, e mesmo a grafía.
          • Obras
            • Nao senlleira (1933)
              • Vai máis alá dunha reprodución arqueolóxica das cantigas medievais
              • A temática non queda no amor cortés ou na amiga abandonada polo amigo
                • Introdución de novos temas
                  • a melancolía
                  • a liberdade,
                  • o amor a Galiza,
                  • a ledicia do namorado
                • A paisaxe segue a ser o elemento catalizador dos sentimentos
                  • o mar, moi presente, é máis íntimo, e non separa aos amantes, como na cantiga de amigo.
            • Seitura.-
              • Libro de posguerra, no que se expresa a plenitude do dominio do verso pero tamén certo cansazo, segundo Carballo Calero
              • xa se publicaran moitas obras deste tipo e a súa poesía chega a destempo.
              • libro menos preocupado pola imaxe, e máis humano e melancólico
        • Álvaro Cunqueiro
          • Cantiga nova que se chama riveira
          • Dona de corpo delgado
          • Herba de aquí e de acolá
        • Filgueira Valverde
          • Publicou a obra titulada 6 canciones de amor “in modo antico”
            • ten cantigas que se sitúan nun santuario ao estilo de Martín Códax
            • poemas reproducidos case de xeito arqueolóxico da “forma inmovil”
        • Carballo Calero
          • Na súa primeira obra Vieiros atópase o poema “cantigas de amor lonxano”, claramente de tendencia neotrobadoresca.
        • Outros autores
          • X. Díaz Jácome
          • Emilio Pita
          • Aquilino Iglesia Alvariño
          • Emilio Álvarez Blázquez
            • Cancioneiro de Monfero
              • difundida como un auténtico e verdadeiro cancioneiro medieval.
              • O seu autor confirma que o atopou asinado por Fr. Román Pazos en 1671, escrito en tres follas de pergamiño.
              • Trátase dun conxunto de 8 poemas de amor, amigo e escarnio.
              • Moi boa técnica
              • Segundo algúns críticos, con esta obra ridiculízase a técnica mimética e ponse punto final á corrente neotrobadoresca

Informações

Descrição
Esquema do tema 60 (temario lingua galega e literatura). As vangardas na literatura galega. Primeira parte (Conceptos xerais e Neotrobadorismo)
Criado por
Miguel Lamelas
Visualizações
240
Avaliação

Fale Conosco

Sobre o que é sua mensagem?

O que você acha do novo visual?

Você gostou?