Notas
Legislación de la Orientación Educativa en Galicia II: Medidas de atención a la diversidad
Conteúdo das notas (1)
Página 1
BLOQUE II. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á
DIVERSIDADE
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
1. CONCEPTO DE MEDIDAS DE
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
2. MEDIDAS DE ÁMBITO CURRICULAR
2.1.
MEDIDAS ORDINARIAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
2.1.1. CONTEXTO LEGAL
2.1.2. AUTORIZACIÓN
2.1.3. CONCEPTO
2.1.4. TIPOS DE MEDIDAS ORDINARIAS
2.2.
MEDIDAS EXTRAORDINARIAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
2.2.1. AUTORIZACIÓN
2.2.2. CONCEPTO
2.2.3. TIPOS DE MEDIDAS
EXTRAORDINARIAS
3. SITUACIÓNS NO CONTEXTO DE ATENCIÓN Á
DIVERSIDADE
4. FONTES DE INFORMACIÓN
1.
CONCEPTO DE MEDIDAS DE
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Artigo 7 (Decreto
229/2011)
No marco deste decreto,
enténdese por medidas de atención á diversidade aquelas actuacións, estratexias
e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades
educativas do alumnado. Estas medidas clasifícanse en ordinarias e
extraordinarias e estarán recollidas no Plan Xeral de Atención á Diversidade e
nas concrecións anuais de dito plan.
2. MEDIDAS DE ÁMBITO CURRICULAR
2.1. MEDIDAS ORDINARIAS DE ATENCIÓN Á
DIVERSIDADE
2.1.1.
CONTEXTO
LEGAL
O contexto legal é o Decreto
229/2011.
2.1.2.
AUTORIZACIÓN
Á hora de aplicar medidas ordinarias de
atención á diversidade non se precisa ningún tipo de autorización (esto implica
que, por exemplo, os pais ou tutores teñen que ser informados, pero non é
necesario que den a súa autorización).
2.1.3
CONCEPTO
Artigo 8 (Decreto 229/2011)
1.
No marco deste decreto, considéranse medidas ordinarias de atención á
diversidade todas aquelas que faciliten a adecuación
do currículo prescritivo, sen alteración significativa dos seus obxectivos,
contidos e criterios de avaliación, ao contexto sociocultural dos centros
educativos e ás características do alumnado. Estas medidas teñen como
finalidade dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación,
intereses, relación social, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe, e
están destinadas a facilitar a consecución dos obxectivos e competencias
establecidas nas diferentes ensinanzas
2.1.4.
TIPOS
DE MEDIDAS ORDINARIAS
Artigo 8 (Decreto
229/2011)
2.
Sen prexuízo do establecido na normativa reguladora de cada etapa ou ensinanza,
entre as medidas ordinarias de atención á diversidade inclúense:
a) Adecuación da estrutura organizativa do centro (horarios,
agrupamentos, espazos) e da organización e xestión da aula ás características
do alumnado.
b) Adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao
alumnado
c)
Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría
entre iguais, aprendizaxe por proxectos e outras que promovan a inclusión.
d) Adaptación dos tempos e instrumentos ou procedementos de
avaliación.
e) Aulas de atención educativa e convivencia e medidas e
actuacións destinadas á mellora da convivencia.
f) Desdobramentos de grupos.
g) Reforzo educativo e apoio do profesorado con dispoñibilidade
horaria.
h) Programas de enriquecemento curricular.
i) Programas de reforzo nas áreas instrumentais básicas.
j) Programas de recuperación.
k) Programas específicos personalizados.
l) Programas de habilidades sociais.
2.2. MEDIDAS EXTRAORDINARIAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
A partir do Decreto 229/2011 comezan a
enriquecerse as medidas de atención á diversidade. Ata ese momento, as
adaptacións eran exclusivamente curriculares, e tras publicarse este Decreto,
empezan a terse en conta situacións que non pertencen estrictamente ao ámbito
do curricular.
Todo o referente ás medidas
extraordinarias de atención á diversidade extráese do Artigo 9 (Decreto 220/2011).
2.2.1.
AUTORIZACIÓN
Para a aplicación das medidas
extraordinarias será necesaria a autorización da dirección do centro
educativo, do Servizo de Inspección Educativa, da xefatura territorial ou da
dirección xeral que proceda, e, se é o caso, informe xustificativo do
correspondente Servizo de Orientación.
2.2.2.
CONCEPTO
No marco deste decreto,
considéranse medidas extraordinarias de atención á diversidade todas aquelas
dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidade
específica de apoio educativo que poden requirir modificacións significativas
do currículo ordinario e/ou supoñer cambios esenciais no ámbito organizativo,
así como, de ser o caso, nos elementos de acceso ao currículo ou na modalidade
de escolarización. Aplicaranse unha vez esgotadas as de carácter ordinario ou
por resultaren estas insuficientes.
2.2.3.
TIPOS
DE MEDIDAS EXTRAORDINARIAS
Sen
prexuízo do establecido na normativa reguladora de cada etapa ou ensinanza e da
limitación dalgunha a ensinanzas ou etapas específicas, considéranse medidas
extraordinarias de atención á diversidade, entre outras, as que seguen:
a) Adaptacións curriculares (ver
bloque IV)
b) Agrupamentos flexibles.
c) Apoio do profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica e/ou
en Audición e Linguaxe.
d) Flexibilización da duración do período de escolarización.
e) Programas de diversificación curricular (derogados)
f) Programas de cualificación profesional inicial (derogados)
g) Atención educativa ao alumnado que, por circunstancias
diversas, presenta dificultades para unha asistencia continuada a un centro
educativo.
h) Grupos de adquisición das linguas.
i) Grupos de adaptación da competencia curricular.
3.
SITUACIÓNS NO CONTEXTO DE
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Ademais dos
citados anteriormente, existen máis supostos nos que se precisan medidas de
atención á diversidade, reflectidos no Decreto
229/2011 da seguinte maneira:
Artigo 22. Absentismo,
abandono escolar temperán e desescolarización (ver bloque VI)
Artigo 23. Mecanismos
de prevención, seguimento e control.
Artigo 24. Plan
autonómico de promoción da escolarización e da formación.
Artigo 25. Atención
educativa hospitalaria e domiciliaria
Artigo 26. Alumnado
menor sometido a medidas de responsabilidade penal.
Artigo 27. Alumnado
sometido a medidas de protección e tutela.
Artigo 28. Alumnado
afectado por medidas de violencia de xénero e/ou acoso escolar (ver bloque V)
Artigo 29. Alumnado
pertencente a familias itinerantes.
Artigo 30. Alumnado
procedente do estranxeiro.
Artigo 31. Atención
educativa a mozas embarazadas.
4.
FONTES DE INFORMACIÓN
DECRETO
229/2011: Artigos 7º, 8º, 9º, 22º, 23º, 24º, 25º, 26º, 27º, 28º, 29º, 30º e
31º.
Informações
- Descrição
- En este documento se aportan los artículos específicos, junto con enlaces a los decretos y órdenes correspondientes, que regulan la atención a la diversidad en el ámbito de Educación Secundaria Obligatoria en Galicia.
- Criado por
- Lara Rodríguez
- Visualizações
- 99
- Tags
- Avaliação