A UNIÓN EUROPEA

Description

Cuarto Ciencias Sociales Flashcards on A UNIÓN EUROPEA, created by Ana Martínez on 18/04/2018.
Ana Martínez
Flashcards by Ana Martínez, updated more than 1 year ago
Ana Martínez
Created by Ana Martínez about 6 years ago
604
1

Resource summary

Question Answer
1.- Cando se fundou a Comunidade Económica Europea? En 1957
2.-Que países a fundaron? Francia, Italia, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos e Alemaña.
3.- Que pasou en 1992? Asinouse o Tratado de Maastricht polo que a CEE pasou a chamarse UE
4.- Que é a U.E.? É unha organización política e económica formada por 28 países.
5.- Cal foi o último país en incorporarse? En que data? A última incorporación foi Croacia no 2013
6.- Que quere dicir MERCADO ÚNICO? Que os países da UE poden vender os seus produtos aos outros países da UE sen ter que pagar impostos ao pasar pola aduana.
7.- Que requisitos son necesarios para formar parte da UE? 1.- Ser un país democrático. 2.-Cumprir as leis da UE 3. Ser aceptado polo resto dos países.
8.- Que é a EUROZONA? Son os países que adoptaron o euro como moeda oficial.
9.- En que ano entrou en circulación o euro? O euro entrou en circulación no ano 2002
10.- Cómo é a bandeira da UE? Son doce estrelas amarelas en círculo sobre un fondo azul.
11.- Cal é o lema da UE? O seu lema é UNIDA NA DIVERSIDADE.
12.- De que compositor é o HIMNO da Unión Europea? Beethoven.
13.- Di o nome das cinco institucións da UE Comisión Europea Parlamento Europeo Consello da Unión Europea Tribunal de Xustiza Tribunal de Contas
14.- Quen forma o Tribunal de Xustiza? Un xuíz de cada un dos países.
15.- De que se encarga o Tribunal de Contas? De vixiar que os fondos se utilicen de xeito correcto.
16.- Que institución elabora as leis e os orzamentos? A Comisión Europea
17.- Que institución/s aproba/n as leis? O Parlamento Europeo e o Consello da Unión Europea.
18.- Quen forma parte da Comisión Europea? Os comisarios
19.- Que institución está formada por eurodeputados? O Parlamento Europeo
20.- Que institución vixía que se cumpran as leis da U.E.? O Tribunal de Xustiza
Show full summary Hide full summary

Similar

Tema 5: La Unión Europea
Joaquín Ruiz Abellán
El Planeta Tierra
francoingles4a4
La Unión Europea
Diego Santos
PREGUNTAS CORTAS DE SELECTIVIDAD
pauliita_happy
6 CCSS. Tema 1: Prehistoria y Edad Antigua. (Repaso)
José Alberto Verdugo García
HISTORIA DE LA HUMANIDAD (INTRODUCCIÓN): LA PREHISTORIA
MANOLO JIMENEZ SUAREZ
IMPERIO BIZANTINO(476-1453)
Enrique Ruiz Velarde
Organización política
Natalia Domínguez Herrera
LA EDAD MEDIA - EDUpunto.com
EDUpunto Por: Ernesto De Frías
La Segunda Guerra Mundial - EDUpunto.com
EDUpunto Por: Ernesto De Frías