A IDADE CONTEMPORÁNEA

Description

Cuarto Ciencias Sociales Flashcards on A IDADE CONTEMPORÁNEA, created by Ana Martínez on 22/04/2019.
Ana Martínez
Flashcards by Ana Martínez, updated more than 1 year ago
Ana Martínez
Created by Ana Martínez about 5 years ago
1295
0

Resource summary

Question Answer
Que feito sinala o inicio da Idade Contemporánea? A invasión francesa en 1808
Quen era Napoleón Bonaparte? Era un xeneral francés que se proclamou emperador de Francia e conquistou moitos países entre eles España.
Que relación tiñan España e Francia antes da invasión francesa? Firmaron un tratado para conquistar xuntos Portugal.
Que estratexia utilizou Napoleón para conquistar as fortalezas españolas? Pedir permiso para que as súas tropas puideran pasar a conquistar Portugal.
Sitúa e explica o levantamento popular que se produciu en Madrid. Tivo lugar o 2 de maio de 1808 contra a invasión francesa e o nomeamento de Xosé I como rei de España.
Que ocorreu en Bayona? Carlos IV e Fernando VII renuncian ao trono en favor de Napoleón.
A quen nomeou rei de España Napoleón? Ao seu irmá Xosé I.
Explica que representa a pintura de Francisco de Goya "Os fusilamentos do 3 de maio" Representa os fusilamentos que houbo despois do levantamento popular do 2 de maio. Os franceses mataron aos que organizaron o levantamento.
Enumera algunhas consecuencias que tivo a guerra para España. - Perda dos territorios en América - Gran crise económica e humanitaria - Enfrontamentos entre patriotas e afrancesados - Nace a 1ª constitución - Aparece a idea de que España pertence aos españois.
Que eran as xuntas de goberno? Eran grupos de representantes que gobernaban en toda España.
Que sucedeu en Cádiz no ano 1812? Redactouse a primeira constitución española.
Cita algúns aspectos que promulgaba a Constitución: - Establécese a monarquía como forma de goberno. - O estado sepárase en tres poderes: lexislativo, executivo e xudicial. - Aparecen dereitos e liberdades fundamentais como o dereito á reunión e a liberdade de imprenta. - A soberanía pertence á nación.
Que batalla puxo fin á Guerra da Independencia? A batalla de Vitoria
Cando rematou a Guerra de Independencia? En 1814
Que fixo Fernando VII ao regresar a España? Abolir a Constitución de Cádiz e volver a instaurar o absolutismo.
Explica o enfrontamento que había entre os dous bandos durante o seu reinado? O enfrontamento era entre os absolutistas que defendían que os reis tiñan todo o poder e os liberáis que defendían a Constitución.
A quen se lles chamou Carlistas? Aos absolutistas que querían que reinara Carlos irmá de Fernando VII cando este morreu en 1833.
Quenes se enfrontaron na Primeira Guerra Carlista? Enfrontáronse os absolutistas que querían como rei a Carlos, irmá de Fernando VII e os liberais que querían como raíña a Isabel II, a súa filla. Gañaron os liberais e chega ao poder Isabel II.
Que sabes sobre o reinado de Isabel II? No seu reinado España convertiuse nunha monarquía parlamentaria. Había dous partidos políticos, os dous liberais: o Partido Moderado e o Partido Progresista.
Resume o que sucede en España dende 1868 ata 1876 En 1868 Isabel II marcha de España e as Cortes nomean rei a Amadeo I (1871), un príncipe italiano que renunció ao cabo de dous anos. Entón as Cortes proclamaron a Primeira República (1873), que tampouco durou moito (en once meses tivo catro presidentes). Esta situación rematou co regreso a España de Afonso XII fillo de Isabel II que é proclamado rei en 1876. O seu reinado foi de paz e estabilidade.
Que é a industrialización? É o desenvolvemento da industria coa introdución de maquinaria e a especialización no traballo.
Por que a industrialización en España foi máis tardía? - Falta de diñeiro polas guerras - Non había excedentes, é dicir, produtos que vender a outros países - Había un mercado reducido con baixa demanda
Cales foron as principais explotacións mineiras en España? As principais explotacións foron os xacementos de ouro en Almería, de cobre en Río Tinto (Huelva), de carbón en Asturias e de mercurio en Almadén (Cidade Real).
Diferencia entre latifundio e minifundio. Os latifundios eran grandes explotacións de terra cun só propietario e os minifundios eran pequenas explotacións de terra.
Cales foron as primeiras industrias en España? A industria téxtil en Cataluña e a siderúrxica no País Vasco.
Cales foron as primeiras liñas ferroviarias? - Barcelona - Matarón - Madrid - Aranxuez - Xixón - Langreo
As sociedade na Idade Contemporánea A sociedade estaba dividida en clases que se diferenciaban pola súa riqueza. - CLASE ALTA: Formada pola Alta Nobreza , a Alta Burguesía e a Igrexa. - CLASE MEDIA: Formada por traballadores non manuais, profesionais das finanzas, das leis ou da saúde e funcionarios do Estado. - CLASE POPULAR: Estaba composta por campesinos; artesáns, criados e empregados da industria.
Qué estilos arquitectónicos houbo nesta época? - Neoclasicismo - Romanticismo - Arquitectura de ferro
Show full summary Hide full summary

Similar

Tema 5: La Unión Europea
Joaquín Ruiz Abellán
El Planeta Tierra
francoingles4a4
La Unión Europea
Diego Santos
PREGUNTAS CORTAS DE SELECTIVIDAD
pauliita_happy
6 CCSS. Tema 1: Prehistoria y Edad Antigua. (Repaso)
José Alberto Verdugo García
HISTORIA DE LA HUMANIDAD (INTRODUCCIÓN): LA PREHISTORIA
MANOLO JIMENEZ SUAREZ
IMPERIO BIZANTINO(476-1453)
Enrique Ruiz Velarde
Organización política
Natalia Domínguez Herrera
Las Ciencias Sociales
paolaf_mata99
LA EDAD MEDIA - EDUpunto.com
EDUpunto Por: Ernesto De Frías