GoConqr has a new look! Let us know what you think.

Flashcards

Vocabulario Historia Medieval

Mery PM Historia de España Selectividad Spanish 7 cards

Cards in this deck (7)

  1. 1MOZÁRABECristiáns de orixe hispano-godo que vivían en territorio musulmán e que, co tempo, acabaron adquirindo os costumes da vida musulmá e a ligua árabe. Ademais, a cambio dunha certa tolerancia e autonomía interna, tiñan que pagar un imposto ás autoridades musulmás.
  2. 2TAIFASTrátase dos reinos nos que se disgregou o califato de Córdoba tras a súa desaparición en 1031. Configuráronse máis de 20 reinos de taifas, independentes e controlados por unha familia e unha cidade importante. Tras unha primeira época de estabilidade e prosperidade, foron incapaces de frear o avance dos reinos cristiáns, aos que tiveron que pagar parias. Desde mediados do s. XIII só sobrevivirá o reino de Granada.
  3. 3MARCA HISPÁNICATerritorios fronteirizos entre o reino franco e o mundo musulmán situados ao sur dos Pirineos. Actuaban como núcleos de resistencia cristiá para frear a expansión musulmá e eran gobernados por condes ,designados polos reis francos, que actuaban como vasalos destes. Co tempo, acabaron por independizarse, dando lugar ao reino de Navarra e Aragón. Os territorios eran os condados de Pamplona, Aragón, Sobrarbe, Ribagorza e os condados cataláns.
  4. 4PRESURAModelo de repoboación desenvolvido polos reinos cristiáns entre os s. IX e X, ao norte do río Douro e propio do reino de León, ata o s. XI. Trátase dunha repoboación espontánea (con autorización real) que consistía en volver ocupar e cultivar as terras conquistadas aos musulmáns. Era un mecanismo para incentivar o cultivo en territorio fronteirizo.
  5. 5CARTA DE POBOAMENTODocumento concedido polo monarca, entre os s. X e XIII, que permitía a unha comunidade repoboar núcleos de poboación conquistados aos musulmáns; a cambio, conseguían privilexios forais e un estatuto de liberdade fronte ao control feudal. Isto permitiu o nacemento de vilas e burgos que fortalecerían o poder da monarquía fronte aos señores feudais.
  6. 6MANSOParte dun feudo medieval que se corresponde coa vivenda e as terras que un señor feudal distribúe entre os seus campesiños vasalos para a súa subsistencia. A cambio do dereito de uso sobre esas terras, os campesiños debían entregar ao señor unha parte da colleita e traballar na reserva señorial. Tamén obtiñan a súa protección.
  7. 7MESTAEra unha asociación fundada polo rei castelán Afonso X (1273), que agrupaba aos propietarios de ovellas merinas transhumantes. O gando era propiedade dos nobres e das autoridades eclesiásticas, o que determinaba o goce dunha serie de privilexios como o paso polas cañadas e o pastoreo entre a Cordilleira Cantábrica e Serra Morena. Esta asociación perdurará ata o final do Antigo Réxime, en 1837.

Information

Description
Vocabulario Tema 2 Historia Medieval: Mozárabe, taifas, marca hispánica, presura, carta de poboamento, manso, mesta.
Created by
Mery PM
Views
25
Rating

Feedback

What is it about?

What do you think of the new look?

How do you like it?