Tarxetas repaso Galicia séculos XVIII e XIX

Description

Repaso do temario de Galicia correspondente aos séculos XVIII e IX
Kalandraka UDC
Flashcards by Kalandraka UDC, updated more than 1 year ago
Kalandraka UDC
Created by Kalandraka UDC about 2 years ago
7
0

Resource summary

Question Answer
Como era a situación demográfica de Galicia nos séculos XVIII e XIX? Amosa un crecemento demográfico, debido a diferentes factores
Que factores propiciaron esa nova situación demográfica? Aumento da natalidade e descenso da mortalidade, aumento da esperanza de vida, mellora da hixiene e diminución de plagas e demais enfermidades
¿Existía o fenómeno de emigración en Galicia? Se a resposta é afirmativa, tratábase dun fenómeno moi elevado? Si, e era un fenómeno máis pronunciado ca no resto de España
Como estaba organizada a sociedade da época? Estaba dividida en privilexiados e non privilexiados. Os privilexiados eran o menor porcentaxe da mesma e son os nobres e o clero, mentres que os non privilexiados, a maioría, eran os campesiños e os vasalos
Como estaba repartido o terreo durante o Antigo Réxime? Estaba repartido mediante o sistema foral, onde os posuidores da terra eran a nobreza e o clero, e os que a traballaban eran os campesiños, que a cambio de protección dábanlles unha porcentaxe da colleita obtida
A que derivou o sistema foral, característico do Antigo Réxime, durante os séculos XVIII e XIX? Derivou a unha sociedade liberal, debido ás múltiples protestas e enfrontamentos do campesiñado cos nobres e coa Igrexa, onde unha gran parte dos terreos foron expropiados ou postos en réxime de mancomún
Que organización foi a principal afectada do cambio na distribución territorial das terras? Foi a Igrexa, xa que varios dos seus terreos foron expropiados e postos en poxa, perdendo así terreos, recursos económicos e prestixio
Quenes foros os que mercaron a meirande parte dos terreos postos en poxa polo Estado, logo da súa expropiación? Foron os denominados fidalgos, ao contar con capital económico, e mesmo máis dun século despois, até os campesiños comezaron a posuír pequenos terreos
Quen invade España ao principio do século XIX? As tropas napoleónicas veñen desde Francia e invaden o país no 1808, dando lugar ao inicio da Guerra da Independencia Española
Onde estaba concentrado o poder político en Galicia e o resto de España durante a invasión francesa? Estaba concentrada en Xuntas, a distintos niveis territoriais (locais, provinciais e rexionais)
Show full summary Hide full summary

Similar

Tema 5: La Unión Europea
Joaquín Ruiz Abellán
El Planeta Tierra
francoingles4a4
La Unión Europea
Diego Santos
PREGUNTAS CORTAS DE SELECTIVIDAD
pauliita_happy
6 CCSS. Tema 1: Prehistoria y Edad Antigua. (Repaso)
José Alberto Verdugo García
HISTORIA DE LA HUMANIDAD (INTRODUCCIÓN): LA PREHISTORIA
MANOLO JIMENEZ SUAREZ
IMPERIO BIZANTINO(476-1453)
Enrique Ruiz Velarde
Organización política
Natalia Domínguez Herrera
Las Ciencias Sociales
paolaf_mata99
LA EDAD MEDIA - EDUpunto.com
EDUpunto Por: Ernesto De Frías