TÉCNICAS PARA ESTUDIAR MELLOR

Description

Cómo ser un Bo Estudiante (Técnicas Para Estudiar Mellor) Note on TÉCNICAS PARA ESTUDIAR MELLOR, created by Centro TEOREMA on 24/02/2015.
Centro TEOREMA
Note by Centro TEOREMA, updated more than 1 year ago
Centro TEOREMA
Created by Centro TEOREMA about 9 years ago
40
0

Resource summary

Page 1

LUGAR DE ESTUDIO-Ambiente de TraballoNa medida do posible, utiliza sempre o mesmo espazo. A túa habitación pode ser un bo lugar.O lugar de estudio debe estar afastado do bulicio.Procura estar só/soa.Pide aos teus pais e/ou irmáns que no usen o cuarto cando esteas traballando nel.Cando esteas estudiando ou realizando a tarefa non vexas a televisión nin escoites música alta; sí podes escoitar música relaxante a volume baixo.A mellor luz é a natural e indirecta (que non incida xusto no lugar). Se non é posible tela, é aconsellable unha iluminación xeral para a habitación e outra diferente para a mesa de traballo. Coloca a mesa de xeito que a luz entre sempre polo lado oposto á man ca que escribes para que a propia man non faga sombra.Esfórzate para ter ordeado o cuarto de estudio, isto farache máis sinxelo o proceso. -Condicións PersoaisDébese estudiar sen preocupacións nin ansiedade. Se estás nervioso ou con ganas de rematar, o teu estudio será menos eficaz.Procura alimentarte ben, seguindo unha dieta equilibrada. Así terás máis enerxía e cansaraste menos.PENSA QUE A TODOS NOS GUSTA SABER COUSAS NOVAS E QUE PARA COÑECELAS HAI QUE ESFORZARSE E REQUIRE CERTO TEMPO

PLANIFICACIÓN-HorarioÉ necesario elaborar un horario que te permita organizar o estudio. Ten que ser realista e confeccionado por ti. Neste horario tes que anotar: as clases no teu centro, actividades extraescolares e o tempo que lle vas adicar diariamente a estudiar e as tarefas.Con este horario será máis sinxelo acadar a costumbre de estudiar. SE TE ACOSTUMBRAS A SEGUIR UN HORARIO O TEU TEMPO SERA MÁIS EFECTIVO-Tempo de Estudio Estudia en sesións de 25 ou 30 minutos con pausas de 5 minutos para descansar. Transcurrido o tempo continúa o traballo. Repasa sempre os contidos que che teñen explicado ese día; así consolidarás o aprendido. O tempo total de traballo debe ser de entre 60 e 90 minutos diarios. O obxectivo semanal debe ser levar as asignaturas ao día. Á MARXE DO TEMPO PARA ESTUDIAR, LEE ALOMENOS 15 MINUTOS CADA DÍA. PENSA QUE SE APRENDE MÁIS E CON MENOS ESFORZO ESTUDIANDO UN POUCO CADA DÍA.-Estratexias de TraballoDedica tempo á tarefa diaria que teñas asignada. Pero tamén tempo para interiorizar os contidos que trataste na aula nas diferentes asignaturas.Ordea as materias segundo a súa dificultade; empeza polas máis complexas e remata cas sinxelas.Semanalmente debes facer repaso de tódalas asignaturas. Revisar o horario de clase servirá para que non olvides ningunha.-Atención e ConcentraciónA atención é o primero paso para poder estudiar ben e aprender.Concentrarse é estar atento á tarefa ou traballo que se está a realizar. Polo tanto é importante que: No teñas cerca obxectos que te podan distraer Estudiar só e sen ruido Descansala vista de cando en cando Cambiar a postura do corpo pero mantengo sempre unha postura correcta Non estudies en calquera sitio, sempre faino no mesmo lugar Tes que estar descansado, co cal deberás durmir entre 9 e 10 horas diarias TEN VONTADE E DESEXO DE APRENDER

TRABALLO NA AULARECORDA: Á CLASE HAI QUE CHEGAR PREPARADOS E DESCANSADOS. DEBES ALMORZAR AXEITADAMENTE PARA PODER MANTER A ENERXÍA E A CONCENTRACIÓNDEBES OBSERVAR O HORARIO ANTES DE SAIR DE CASA E NON OLVIDAR COLLER TODO O MATERIAL QUE NECESITARÁS PARA ESE DÍA. CONVEN PREPARALO A NOITE ANTERIOR-Explicacións do Profesor Se estás atento comprenderás mellor as explicacións e non terás que facer un esforzo tan grande na casa. Interésate polo tema que se está a explicar e fixa a atención para evitar distraerte. Evita que os compañeros te molesten ou distraian se non hai un motivo de peso. Participa activamente na clase e pregunta ao profesor todo o que consideres necesario. Por exemplo: dudas, aclaracións, aspectos non comprendidos ou relacionados que queres saber a maiores SE NA AULA ATENDES, TE ESFORZAS, PARTICIPAS E ENTENDES, APRENDERÁS SEN ESFORZO E ADEMÁIS LEVARÁS MENOS CARGA DE TRABALLO PARA CASA.-Apuntes e anotaciónsTomar nota das explicacións adoita contribuir a recordar os contidos.Tomar apuntes é anotar aquelas ideas fundamentais dunha explicación. Facelo axiliza a mente porque obriga a realizar unha dobre tarefa: escoitar e escribir.Normalmente é importante todo aquilo que: o profesor anota na pizarra o que repite varias veces SE TE MANTÉS ATENTO PODERÁS INTERPRETAR QUÉ ASPECTOS TEÑEN IMPORTANCIA NA APRENDIZAXE DUN DETERMINADO TEMA.Aínda así non se debe intentar escribir de forma literal todo o que o profesor di. Non é boa idea tomar apuntes ao pé da letra ainda que o profesor fale amodo.Toma nota só despois de ter comprendido e sempre intentando darlle forma propia pero usando nova terminoloxía e conceptos aprendidos previamente.Podes utilizar abreviaturas nas túas notas que che facilitarán moito a tarefa.É bo comparar diferentes anotacións con compañeiros ou co propio profesor para asegurarte de que comprendiches axeitadamente.Na casa revisa os apuntes, completaos e comparaos con exposto no libro de texto (se tes). Resalta as ideas máis importantes e pasa as túas notas a limpo se consideras que queres mellorar a orde e a presentación para tí mesmo/a.

Show full summary Hide full summary

Similar

Concepción Pedagogia y Didáctica
NEIL BERNAL R.
Lectura Rápida
Diego Santos
Consejos para Realizar un Resumen
Diego Santos
CURSO APRENDIENDO A APRENDER
Isidro Esparza Marín
Aula Virtual
Sonnyer Martínez
Roles en la educación inclusiva
Alejandro Villamizar
MAPA CONCEPTUAL DE TEORÍAS DEL PROCESAMIENTO DE LA INFORMACIÓN
Estefany Reina
Cuadro Comparativo Psicología y Pedagogía , y puntos a fin con Aprendizaje
Psic Elo AviAlb
PARADIGMAS PSICOEDUCATIVOS
Fryda Díaz