ALIMENTACIÓN

Description

Quinto Ciencias Naturales Note on ALIMENTACIÓN, created by José Raúl Cabaleiro González on 19/04/2020.
José Raúl Cabaleiro González
Note by José Raúl Cabaleiro González, updated more than 1 year ago
José Raúl Cabaleiro González
Created by José Raúl Cabaleiro González about 4 years ago
194
0

Resource summary

Page 1

A alimentación é a inxestión de alimentos que seleccionamos do noso medio. Estes alimentos forman a nosa dieta. Pero o noso corpo non pode empregar os alimentos directamente, ten que transformalos mediante a dixestión. Así obtemos os nutrientes que son transportados polo aparato circulatorio ata cada unha das nosas células. Cada alimento ten un ou máis nutrientes. Os nutrientes son substancias sinxelas que a célula usa para obter todo o que necesita para vivir: Enerxía: para realizar calquera actividade é necesaria enerxía. Por exemplo, para que o corazón poida cumprir as súas funcións, as células que o forman teñen que ter enerxía que lles permita contraerse e relaxarse. Grazas a estes movementos o corazón late. Materiais: para crecer ou reparar tecidos o noso corpo necesita incorporar substancias que usa como materias. Por exemplo se temos unha ferida necesitamos materiais que reparen a nosa pel, ou materiais para que nos creza o pelo ou nós mesmos.   Os nutrientes pódense dividir en seis grupos: auga, glícidos, proteínas, lípidos, vitaminas e sales minerais.   NUTRIENTES                                                                                                                          Auga ,. O noso corpo está composto por un 60% de auga. Sales minerais.- Controlan a contracción dos músculos e forman parte dos osos. Por exemplo o calcio. Glícidos .-  Achegan enerxía Proteínas  .-Interveñen no crecemento e na reparación de tecidos. Lípidos .-Son substancias que achegan moita enerxía. Se temos enerxía suficiente empréganse como reserva enerxética Vitaminas .-As vitaminas controlan moitos procesos polo que axudan a manter o noso corpo san e previr enfermidades.   Os alimentos achegan os nutrientes que o teu corpo necesita para manterse san e para obter enerxía. Cada alimento pode achegar un ou varios nutrientes. Os alimentos poden clasificarse en sete grupos. Aquí temos unha táboa dos tipos de alimentos e dos nutrientes que aportan.              ALIMENTO                                                                                                           1, Productos lácteos aportan  Proteínas. 2. Carne, ovos e pescado aportan  Proteínas. 3. Patacas, legumes e froitos secos aportan  proteínas, lípidos e vitaminas. 4.Verduras e hortalizas  aportan Vitaminas. 5.Froitas aportan  Vitaminas 6. Pan, pasta, cereais e azucre aportan  Glícidos 7. Graxas, aceites e manteigas aportan Lípidos.     Para estar san, crecer e ter toda a enerxía que necesitas, debes elixir os alimentos que mellor che sentan. Dicimos que é unha dieta equilibrada aquela que lle proporciona ao noso corpo todos os nutrientes que necesita. Unha ferramenta moi útil para seleccionar estes alimentos é a pirámide dos alimentos. Esta pirámide indica con que frecuencia debemos tomar cada grupo de alimentos. Os alimentos que se sitúan na base deben consumirse con máis frecuencia que os do vértice superior. Tedes un exemplo na imaxe. Os expertos coinciden en que a dieta mediterránea é unha dieta que achega numerosos beneficios. Algunhas das recomendacións desta dieta son: Mantente hidratado bebendo entre 1,5 e 2 litros de auga ao día. Toma cinco racións de froita ou verdura ao día. Achegan vitaminas, sales minerais e parte da auga que necesitas. A mellor opción é sempre tomar froitas e verduras frescas e de tempada. As froitas poden ser unha sobremesa ideal. Usa aceite de oliva, por exemplo, nos aliños. Toma pan, cereais e produtos lácteos a diario. É recomendable consumir carnes magras. Toma pescado varias veces á semana. Toma ovos con moderación. Para completar esta dieta hai que realizar actividade física todos os días    

Show full summary Hide full summary

Similar

SISTEMA REPRODUCTOR
LUIS FERNANDO GUISAO RODRIGUEZ
Juego de 10 Preguntas de Ciencia
maya velasquez
TEST REPASO BIOLOGÍA CELULAR
VICTOR MANUEL VITORIA RUIZ
Partes de la célula animal y vegetal
Cami Puaque
LINEA DEL TIEMPO DE LA EVOLUCION DEL MICROSCOPIO
jesusceusodontol
Ecosistemas Tarjetas flash
aracelyrico1
Test de Ecología
Bea Trujillo
EL APARATO CIRCULATORIO
Lorien
6 CCNN. Tema 1: Clasificación de los Seres Vivos. (Repaso)
José Alberto Verdugo García
LA TIERRA EN EL UNIVERSO. Preguntas clave.
Abraham Marquez
LOS REINOS DE LA NATURALEZA
Laura Juliana4303