ORTOGRAFÍA GALEGA: TIL DIACRÍTICO.
Slides in this set (6)
-
- O TIL DIACRÍTICO EMPRÉGASE PARA DIFERENCIAR DOUS PARES DE PALABRAS QUE SE ESCRIBEN IGUAL PERO QUE TEÑEN DISTINTO SIGNIFICADO.
-
- ÓSO ( peza do esqueleto): Rompín un óso onte na rúa.
- PÓLA (parte da árbore): Esa árbore ten unha póla rota.
- OSO ( animal): Nunca puiden ver ao oso polar.
- POLA (contración por + a; galiña):
- - Fun pola rúa coa miña nai.
- - Recolle os ovos que puxo esa pola.
-
- PRÉSA (Urxencia, apuro):
- - Ola, vou con présa ao súper.
- NÓ (atadura):
- - Fai o nó nos zapatos que vas caer.
- NÓS (pronome):
- - Ese cadro pintámolo nós.
- PRESA (puñado; encoro)
- - Comín unha presa de caramelos.
- - Fun á presa de Belesar.
- NO (en+ o):
- - Deixei o regalo no centro da mesa.
- NOS (en+os):
- - Onte houbo moita xente nos parques.
-
- É (Do verbo ser):
- -É tan alto coma min.
- FÓRA (Adverbio):
- - Vaite fóra da clase.
- MÁIS (adv. de cantidade):
- - Gustoume máis esa peli.
- - Seis máis seis, doce.
- E (conxunción. Castelán "y"):
- - Xoán e Marta son noivos.
- FORA (verbo ser e ir):
- - Fora cal fora a razón, gustoume.
- - Se non foras así, non serías ti.
- MAIS (Conxunción "pero"):
- - Fíxoo mais non quería.
-
- PÓR (V.poñer): Vou pór a mesa para xantar.
- VÉN (v. vir): Manu vén comigo ao cine esta tarde.
- VÉS (v. vir): Se vés connosco terás un agasallo.
- VÓS (pronome tónico): Sodes vós os amigos de Héctor?
- POR(prep): Fago as cousas por ti.
- VEN (v. ver): Eles non ven ben dende aí.
- VES (v. ver): E ti ves ben?
- VOS (pronome átono): Non vos quero estropear a festa.
-
- Á (contración a+a): Vou á casa dos meus avós.
- ÁS ("alas"; contración a+as):
- - Ese paxaro perdeu as ás.
- - Quedamos ás 5.
- Ó (contr. a+o): Vou ó hotel axiña.
- ÓS ( contr. a +os): Vou marchar ós poucos minutos.
- A (artigo): A casa está lonxe.
- AS (artigo): As amigas están para todo.
- O (artigo): O reloxo non anda ben.
- OS (artigo): Os amigos dos meus amigos, meus amigos son.
Information
- Description
- Sexto Lingua Galega e Literatura Slide Set on ORTOGRAFÍA GALEGA: TIL DIACRÍTICO., created by Silvia Rial Martínez on 02/11/2017.
- Created by
- Silvia Rial Martínez
- Views
- 60
- Rating