Diapositivas Galicia Medieval
Slides in this set (6)
-
-
- Coa descuberta da tumba do Apóstolo (813), Santiago vaise converter na cabeza espiritual do reino asturiano, substituíndo a Oviedo. Con todo, non será até os reinados de Ramiro I e, fundamentalmente de Ordoño I (850-866) cando se profunde na integración de Gallaecia no reino astur

-
- A economía altomedieval galega caracterízase por unha agricultura moi primitiva e de baixos rendementos. Na paisaxe agraria dominaría as zonas non cultivadas sobre as cultivadas. Xunto aos cereais tería un grande peso o cultivo de árbores froiteiras (maceira) e o viñedo, que non para de expandirse.
- O campesiñado era o grupo social maioritario na sociedade galega altomedieval. Atendendo a súa situación xurídica debemos diferenciar entre os campesiños libres ou inxenuos e os servi ou non libres.

-
- Unha das innovacións que se produciron no período central medieval, cunha forte pegada para o futuro é a creación das parroquias. Establécense arredor da igrexa á que acoden os habitantes das distintas aldeas.

-
- No s. XI só podemos falar de Santiago como único núcleo urbano (amurallado). Entre principios do s. XI e comezos do XIII, vaise producir unha aceleración da urbanización, desenvolvéndose xunto a Santiago as outras cidades episcopais, así como outros núcleos costeiros ou situados no camiño de Santiago.
- O crecemento demografico obrigou a poboación a intensificar a producción agricola.

-
- A nobreza laica era propietaria de grandes bens territoriais e tiña na función bélica (a guerra e a defensa doutros membros da sociedade) a súa razón de ser. Con importantes privilexios (exencións fiscais e xustiza por iguais), nos anos centrais da Idade Media vai sufrir unha forte inestabilidade.

Information
- Description
- User has deleted their subject information Slide Set on Diapositivas Galicia Medieval, created by Deleted user on 13/03/2022.
- Created by
- Deleted user · Mar 2022
- Updated
- Mar 13, 2022
- Views
- 16
- History
-
- Created by Grupo Reinvéntate · Mar 13, 2022
- Copied by Grupo Reinvéntate · Mar 13, 2022
- Rating

