Mind map
A materia
Map content
A materia
- É todo aquilo que ten masa e que ocupa un lugar no espazo.
Propiedades da materia
- Propiedades xerais
- Propiedades xerais: As teñen todos os corpos. Son masa e volume.
- Masa
- É a cantidade de materia que ten un corpo. Mídese en quilogramos (kg) ou en gramos (g). Mídese coa balanza. Non confundir co peso que é a forza coa que a Terra atrae os obxectos. Mídese en newtons (N), co dinamómetro. Para pasar unha cantidade de quilos a Newtons hay que multiplicalo por dez. Ex: 80kg x 10 = 800 Newtons.
- Volume
- É o espazo que ocupa un corpo. Mídese en m 3 (volume dun cubo de 1m de lado) e os seus submúltiplos dm 3 e cm 3 para os sólidos. Para líquidos e gases empregamos as medidas de capacidade: litros (l) 1m 3 = 1.000 l 1.000 cm 3 = 1 l 1 l = 1.000 ml - Empregamos probetas ou recipientes graduados para saber o volume dun líquido. - Sumerxindo un sólido nun líquido podemos saber o seu volume calculando a diferenza de nivel (principio de Arquímedes). - O volume dun gas é o volume do recipiente que o contén.
- Propiedades específicas
- Propiedades específicas: Dependen do tipo de substancia que compón a materia. Son a densidade, flotabilidade, cor, dureza, solubilidade, magnetismo, condutividade... Permiten diferenciar unhas materias doutras.
- Densidade
- É a relación entre a cantidade de materia dun corpo e o espazo que ocupa, é dicir, a relación entre masa e volume. Ex: 1L de auga en estado líquido ten unha masa de 1 kg polo que a densidade da auga = 1 kg/l
- Flotabilidade
- É a capacidade que teñen os corpos de manterse na superficie dun líquido sen afundir. Depende da relación da densidade dun corpo e do líquido. Ex. Botamos nun vaso de auga (d= 1kg/l), aceite (d=0,92 kg/l) e alcol etílico (d=0,8kg/l) que ocorre? Fórmanse tres capas no vaso, a de arriba de alcol, a do medio de aceite e a inferior de auga.
- Cor olor e sabor
- Percímolos polos sentidos.
- Dureza
- É a resistencia dun material a ser raiado por outro. Ex: Diamante o máis duro.
- Fraxilidade
- É a incapacidade de soportar un golpe sen romper. Ex: Cristal.
- Elasticidade
- É a capacidade dun corpo de deformarse e de recuperar a súa forma orixinal. Ex. Goma, resorte.
- Solubilidade
- É a capacidade dun material para disolverse nun medio líquido. Ex. Sal en auga.
- Conductividade eléctrica
- É a capacidade de transmitir electricidade. Ex. Cobre.
- Conductividade térmica
- É a capacidade de transmitir calor. Ex. Metais bos condutores, madeira mal condutor.
- Magnetismo
- É a capacidade que ten un corpo de verse atraído por outro. Ex. Imán ao ferro.
- Propiedades xerais
Estados da materia
- A materia atópase na natureza en tres estados: sólido, líquido e gasoso. A auga pode aparecer nos tres estados, pero o normal é que cada substancia apareza nun só estado. Ex. O ferro atópase en estado sólido, para pasalo a líquido hai que quentalo e fundilo a temperaturas moi altas. E no Sol está en estado gasoso a millóns de graos centígrados.
Cambios na materia
- A materia non aparece inalterable, cambia pola acción da natureza e do ser humano. Poden ser cambios físicos ou químicos.
- Cambios físicos
- Os cambios físicos non modifican a substancia, só o seu estado ou aspecto. Ex: Cambios de estado da auga, cambios de temperatura, cambios de forma (rocha tallada), cambios de posición.
- Cambios químicos
- Os cambios químicos modifican a substancia, transformándoa noutra ou noutras diferentes. Son:
- Reaccións químicas
- Son os procesos polos que teñen lugar os cambios químicos. Nelas os reactivos (substancias que reaccionan entre si) convértense en produtos (substancia final). Fe + O 2 = FeO 2 (óxido de ferro) C + O 2 = CO 2
- Combustión
- É a reacción entre un material combustible e o osíxeno de modo que o combustible arde e desprende luz e calor. Ex. A madeira ao arder convertese en CO 2 e cinzas.
- Oxidación
- É o proceso no que algunhas substancias en contacto co aire ou coa auga reaccionan co osíxeno e se oxidan. Ex. Oxidación dos metais: ferro en contacto co O 2 do aire ou auga forma a ferruxe.
- Fermentación
- É a transformación dunhas substancias orgánicas noutras en ausencia de osíxeno. Ex. iogur, viño, pan.
- Descomposición
- É a reacción mediante a cal a partires dunha substancia composta se orixinan substancias máis sinxelas. Ex. organismos microscópicos transforman restos de materia orgánica en sales minerais: compost.
Clasificación da materia
- Pura
- Unha substancia é pura cando a materia está composta por unha única substancia que ten unha composición constante. Ex. Ouro, mercurio, prata...
- Mestura
- Unha substancia é unha mestura cando a materia está formada por distintas substancias que pode variar a súa composición. Ex. Auga (H 2 O), sal (NaCl), amoníaco (NH 3 ), granito.
- Tipos de mesturas
- Homoxeneas
- Son aquelas nas que os seus compoñentes non se poden diferenciar a simple vista. Ex. Bronce (cobre + estaño), maionesa, chocolate, biscoito...
- Disolucións
- As mesturas homoxéneas que se atopan en estado líquido. Formadas por: disolvente (compoñente en maior cantidade) e soluto (compoñente en menor cantidade). Ex. Colacao (leite: disolvente; soluto: cacao). Limonada (auga: disolvente; limón: soluto).
- Métodos de separación de mesturas homoxeneas
- Vaporización
- Emprégase para separar dous líquidos ou unha substancia sólida disolta nun líquido. Consiste en quentar a mestura até chegar ao punto de ebulición dunha das substancias. Ex. Elaboración de pastillas de caldo concentrado.
- Cristalización
- Emprégase para separar unha disolución formada por un sólido e un líquido. Similar á vaporización, pero sen fonte de calor. Ex. Obtención de sal a partires de auga mariña.
- Destilación
- Emprégase para separar e recuperar disolucións formadas por líquidos e sólidos disoltos en líquidos. Ex. Perfumes, separar os compoñentes do petróleo. 1º Quentase a mestura. 2º cada líquido ten un punto de ebulición distinto. 3º O vapor arrefríase nun circuíto e recóllese en forma de líquido. Este proceso lévase a cabo no alambique.
- Vaporización
- Heteroxeneas
- Son aquelas que se poden diferenciar facilmente os seus compoñentes. Ex. Granito, ensalada...
- Métodos de separación de mesturas heteroxeneas
- Decantación
- Sepáranse os compoñentes porque teñen diferente densidade. Consiste en deixar en repouso a mestura para que os máis densos se sitúen no fondo. Ex. Auga e aceite.
- Imantación
- Sepáranse os compoñentes porque un deles é atraído por un imán. Ex. Limaduras de ferro e labras de madeira,
- Filtración
- Emprégase para separar sólidos de líquidos. A substancia líquida pasa por un filtro que retén á sólida. Ex. Auga e terra, café...
- Criba
- Sepáranse compoñentes de distintos tamaños. Consiste en pasar a mestura por unha criba ou peneira que retén as partículas máis grandes. Ex. Separar grava e area.
- Decantación
- Homoxeneas
- Pura