Notizen
TÉCNICAS PARA ESTUDIAR MELLOR

Inhalt der Notizen (1)
Seite 1
LUGAR DE ESTUDIO
-Ambiente de Traballo
Na medida do posible, utiliza sempre o mesmo espazo.
A túa habitación pode ser un bo lugar.
O lugar de estudio debe estar afastado do bulicio.
Procura estar só/soa.
Pide aos teus pais e/ou irmáns que no usen o cuarto cando esteas traballando nel.
Cando esteas estudiando ou realizando a tarefa non vexas a televisión nin escoites música alta; sí podes escoitar música relaxante a volume baixo.
A mellor luz é a natural e indirecta (que non incida xusto no lugar).
Se non é posible tela, é aconsellable unha iluminación xeral para a habitación e outra diferente para a mesa de traballo.
Coloca a mesa de xeito que a luz entre sempre polo lado oposto á man ca que escribes para que a propia man non faga sombra.
Esfórzate para ter ordeado o cuarto de estudio, isto farache máis sinxelo o proceso.
-Condicións Persoais
Débese estudiar sen preocupacións nin ansiedade. Se estás nervioso ou con ganas de rematar, o teu estudio será menos eficaz.
Procura alimentarte ben, seguindo unha dieta equilibrada. Así terás máis enerxía e cansaraste menos.
PENSA QUE A TODOS NOS GUSTA SABER COUSAS NOVAS E QUE PARA COÑECELAS HAI QUE ESFORZARSE E REQUIRE CERTO TEMPO
PLANIFICACIÓN
-Horario
É necesario elaborar un horario que te permita organizar o estudio. Ten que ser realista e confeccionado por ti.
Neste horario tes que anotar: as clases no teu centro, actividades extraescolares e o tempo que lle vas adicar diariamente a estudiar e as tarefas.
Con este horario será máis sinxelo acadar a costumbre de estudiar.
SE TE ACOSTUMBRAS A SEGUIR UN HORARIO O TEU TEMPO SERA MÁIS EFECTIVO
-Tempo de Estudio
Estudia en sesións de 25 ou 30 minutos con pausas de 5 minutos para descansar. Transcurrido o tempo continúa o traballo.
Repasa sempre os contidos que che teñen explicado ese día; así consolidarás o aprendido.
O tempo total de traballo debe ser de entre 60 e 90 minutos diarios.
O obxectivo semanal debe ser levar as asignaturas ao día.
Á MARXE DO TEMPO PARA ESTUDIAR, LEE ALOMENOS 15 MINUTOS CADA DÍA.
PENSA QUE SE APRENDE MÁIS E CON MENOS ESFORZO ESTUDIANDO UN POUCO CADA DÍA.
-Estratexias de Traballo
Dedica tempo á tarefa diaria que teñas asignada. Pero tamén tempo para interiorizar os contidos que trataste na aula nas diferentes asignaturas.
Ordea as materias segundo a súa dificultade; empeza polas máis complexas e remata cas sinxelas.
Semanalmente debes facer repaso de tódalas asignaturas. Revisar o horario de clase servirá para que non olvides ningunha.
-Atención e Concentración
A atención é o primero paso para poder estudiar ben e aprender.
Concentrarse é estar atento á tarefa ou traballo que se está a realizar. Polo tanto é importante que:
No teñas cerca obxectos que te podan distraer
Estudiar só e sen ruido
Descansala vista de cando en cando
Cambiar a postura do corpo pero mantengo sempre unha postura correcta
Non estudies en calquera sitio, sempre faino no mesmo lugar
Tes que estar descansado, co cal deberás durmir entre 9 e 10 horas diarias
TEN VONTADE E DESEXO DE APRENDER
TRABALLO NA AULA
RECORDA: Á CLASE HAI QUE CHEGAR PREPARADOS E DESCANSADOS. DEBES ALMORZAR AXEITADAMENTE PARA PODER MANTER A ENERXÍA E A CONCENTRACIÓN
DEBES OBSERVAR O HORARIO ANTES DE SAIR DE CASA E NON OLVIDAR COLLER TODO O MATERIAL QUE NECESITARÁS PARA ESE DÍA. CONVEN PREPARALO A NOITE ANTERIOR
-Explicacións do Profesor
Se estás atento comprenderás mellor as explicacións e non terás que facer un esforzo tan grande na casa.
Interésate polo tema que se está a explicar e fixa a atención para evitar distraerte. Evita que os compañeros te molesten ou distraian se non hai un motivo de peso. Participa activamente na clase e pregunta ao profesor todo o que consideres necesario. Por exemplo: dudas, aclaracións, aspectos non comprendidos ou relacionados que queres saber a maiores
SE NA AULA ATENDES, TE ESFORZAS, PARTICIPAS E ENTENDES, APRENDERÁS SEN ESFORZO E ADEMÁIS LEVARÁS MENOS CARGA DE TRABALLO PARA CASA.
-Apuntes e anotacións
Tomar nota das explicacións adoita contribuir a recordar os contidos.
Tomar apuntes é anotar aquelas ideas fundamentais dunha explicación. Facelo axiliza a mente porque obriga a realizar unha dobre tarefa: escoitar e escribir.
Normalmente é importante todo aquilo que:
o profesor anota na pizarra
o que repite varias veces
SE TE MANTÉS ATENTO PODERÁS INTERPRETAR QUÉ ASPECTOS TEÑEN IMPORTANCIA NA APRENDIZAXE DUN DETERMINADO TEMA.
Aínda así non se debe intentar escribir de forma literal todo o que o profesor di. Non é boa idea tomar apuntes ao pé da letra ainda que o profesor fale amodo.
Toma nota só despois de ter comprendido e sempre intentando darlle forma propia pero usando nova terminoloxía e conceptos aprendidos previamente.
Podes utilizar abreviaturas nas túas notas que che facilitarán moito a tarefa.
É bo comparar diferentes anotacións con compañeiros ou co propio profesor para asegurarte de que comprendiches axeitadamente.
Na casa revisa os apuntes, completaos e comparaos con exposto no libro de texto (se tes).
Resalta as ideas máis importantes e pasa as túas notas a limpo se consideras que queres mellorar a orde e a presentación para tí mesmo/a.



Informationen
- Beschreibung
- Cómo ser un Bo Estudiante (Técnicas Para Estudiar Mellor) Notiz am TÉCNICAS PARA ESTUDIAR MELLOR, erstellt von Centro TEOREMA am 24/02/2015.
- Erstellt von
- Centro TEOREMA
- Aufrufe
- 83
- Tags
- Bewertung